luns, 25 de febreiro de 2019

Troianas e o papel das mulleres na historia da antigüidade.

Imos ver e comentar para empezar dúas escenas de dúas versións actualizadas da traxedia que imos ler:




Foron e son mulleres esquecidas que grazas á pericia de autores como Eurípides saen do silencio e protagonizan hoxe a traxedia en primeiro plano. Un gran contraste con películas como Troia (2004) nas que nin aparecen Hécuba, nin Casandra, o papel de Helena e de Andrómaca son máis ben secundarios. Nesta traxedia veremos como pasan a un claro primeiro plano.

 EURÍPIDES E O PROTAGONISMO DA MULLER

Se é arriscado falar de que Eurípides é un autor feminista, porque o concepto na época na que viviu, na Atenas do século V a. C., evidentemente o feminismo non existía, si que podemos afirmar que Eurípides tivo unha sensibilidade singular á hora de introducir e de dar protagonismo a muller que mesmo chamou á atención aos seus compatriotas contemporáneos, homes terriblemente machistas.
Este autor cremos que, a pesar de ser eco da súa época e do trato discriminatorio e misóxino de cara ás mulleres,  concedeulle ás súas personaxes femininas unha gran dignidade o que permite no presente unha lectura progresista das súas obras.  De feito o Coro desta traxedia representa ao conxunto de mulleres troianas prisioneiras dos gregos.

Cando analicemos en detalle a Atenas da etapa Clásica veremos tamén pormenorizadamente cal era o rol da muller na sociedade grega, ademais de analizar como a cuestión da guerra, o tema central da obra de Eurípides, cobraba unha substancial importancia daquela para todos os gregos fosen homes ou mulleres.

ESTRUTURA DA OBRA:
As partes  nas que se dividen as traxedias gregas adoitan ser semellantes. Esta é a estrutura das Troianas:
Prólogo: Parte que antecede á entrada do Coro
Monólogo: Un recitado dun só actor.
Párodos: Cantos durante a entrada do Coro (personaxe colectivo que fai intervencións líricas)
Episodio1º: Diálogo de personaxes (Só hai tres actores, aínda que normalmente interveñen dous e poden dialogar co Coro). Estas partes como indica a etimoloxí ada palabra desenvolven un incidente ou suceso.
Estásimo do Coro: significa "parado" dalgún xeito a acción detense para introducir  unha intervención lírica do Coro que adoita expresar ideas nas que ecoan as reflexión polñiticas, filosóficas ou relixiosas do autor.
Episodio 2º: Un novo diálogo de personaxes.
Estásimo do Coro: Cada episodio ten o seu correspondente estásimo
Episodio 3º: Un terceiro diálogo (podía haber ata cinco).
Estásimo do Coro: Nos estásimos ao contrario do párodos o Coro non danza.
Éxodo: Saída do Coro ao final da traxedia, onde se producen as mortes, recoñecemento do erro e unha ensinanza moral.

Agora procura saber que é o que pasa en cada parte, que personaxes interveñen e de que tratan lendo a obra.  Le a introdución e realiza tamén a proposta didáctica que trae o libro de lectura.

luns, 10 de decembro de 2018

DE CARA Á SEGUNDA AVALIACIÓN


TEMA 7: OS AMORES DE ZEUS

No libro ver páxina 116 e realizar exercicios da páxina 117.

Cal era o  segredo de Prometeo?
-Tetis e Peleo.


-Voda de Tetis e Peleo.
Na páxina do libro 36 exercicio 3: Ler e respostar.

Amores de Zeus: Os deuses do Olimpo.

Investigación persoal: Cada alumno/a da clase terá que investigar, estudar e expoñer na aula unha das aventuras amorosas de Zeus.



TEMA 8: SATURNALIA 
-Venite adoremus!

Exercicios do libro das páxinas 51 e 65 6-7-8-9

TEMA 9: A GUERRA DE TROIA

- A TROIA DA ARQUEOLOXÍA (Resumo do documental)
- MICENAS AMBICIONA TROIA

Tras do  2º Avance: Para a 2ª Avaliación:

-LENDO A ILÍADA de HOMERO (I)
-Unha revisión comparando a película Troia con Homero.


PLAN LECTOR TEATRO CLÁSICO (12 de MARZO 2019)

- Lectura dunha traxedia grega de Eurípides: Troianas (realizar lectura e proposta didáctica do libro)

TEMA 1O: O TEATRO
Como se inventou o teatro en Grecia?
Teatro:Traxedia e Comedia no libro páx. 160-161,162-163.
FESTIVAL GRECOLATINO- ROMANIZACIÓN: LUCUS AUGUSTI 2019 No libro tema 12 páx 171-179.

domingo, 4 de novembro de 2018

A aparición do ser humano, deuses e mortais








 TEMA 5:
Comezamos unha segunda parte do desenvolvemento da mitoloxía coa aparición dos mortais. Imos comezar lembrando algo que xa deberíamos saber, falaremos de: Galicia, país dos mortos.  e tras comentar como se identificaba a nosa terra dende a prehistoria e como o mundo clásico se fixo eco desta visión volveremos ao mito co que abríamos o curso, o de Pandora, a primeira muller, pero antes debemos saber como contaban os gregos aos seus fillos e fillas a aparición do ser humano  na terra.


DEUSES E MORTAIS NA GRECIA ANTIGA

Investiga sobre a historia destes dous personaxes cuxas estatuas apareceron nas excavacións modernas realizadas no embigo do mundo, é dicir, no santuario de Delfos. 

TEMA 6:
AS PRIMEIRAS ETAPAS DA HISTORIA DE GRECIA:
- CRETA E MICENAS.
a) Espazos
b) Como vivían os cretenses.
c)  Artur Evans, Cnossos e o lineal A?
d) Creta e a mitoloxía: Europa, Minos,
   - Teseo e o Minotauro páx. 80 do libro.
   - Dédalo e Ícaro.
   - Creta era a Atlántida?
e) O labirinto na literatura e na arte.
f) A caída da civilización minoica. As invasións indoeuropeas e Micenas. 

Exercicios do libro páxina 23 (5, 6, 7,8, 9) e  37 (5,6,7.8 e 9 a)

Repaso á xeografía de Grecia páx.26-27

xoves, 20 de setembro de 2018

COMO IMOS TRABALLAR?

A materia de Cultura Clásica imos a avaliala do seguinte xeito:
1º Un 40 % da nota sairá do Diario de Cultura: Unha serie de actividades e proxectos (individuais na maior parte) que se realizarán e actualizarán unha vez á semana habitualmente, remitindo os resultados ao correo electrónico do blog.
2º Un 60 % da nota en diversas probas escritas, que haberá que aprobar para poder sumar a nota dos traballos do Diario.

En xeral, o Diario de Cultura Clásica desenvolverá contidos que se proporán na aula a cada alumno/a  integrando a información que se atopa no blog como a que se pode consultar no libro, sendo ambos o punto de partida dos traballos a realizar.

Comezamos: TEMA 1- O marco xeográfico da Cultura Clásica (I.)  Realizaremos un mapa do Mediterráneo que incorporaremos ao diario e logo consultaremos a xeografía da Grecia Antiga (páx. 26-27 do libro) como un espazo que condiciona o mito.

 TEMA 2: INTRODUCIÓN Á MITOLOXÍA

- Que vén sendo un mito?

TEMA 3: A COSMOGONÍA de Hesíodo.

- CRONOS-REA e A TITANOMAQUIA.

TEMA 4:AS LINGUAS DO MUNDO: Despois de ler no libro de clase as páxina 10 e 11 Realizar as actividades do libro da páxina 11 (o traballa coa imaxe tamén).

- O Indoeuropeo e a desaparición das linguas.
- O marabilloso invento das letras e a transmisión da escrita. Realiza tamén os exercicios do libro da páxina 17 e 19.

Lembra o traballo persoal de investigación que consistía en coñecer a orixe dos nomes da clase. 

martes, 11 de setembro de 2018

A esperanza: Unha reflexión global sobre o noso futuro e o noso pasado

Empezamos o curso de Cultura Clásica como Pandora, abrindo a caixa con curiosidade. Que atoparemos dentro?

O lema do presente curso xira arredor da esperanza. Disque a esperanza foi un agasallo moi especial dos deuses para o ser humano. Esa idea de esperar, de observar a vida (e o que aínda non foi) con esperanza. Non deixa de ser unha actitude e unha reflexión ante esa pregunta universal: Que será de nós?

CULTURA
Se facemos caso a un dito que se lle atribúe a Castelao "un pobo sen pasado non ten futuro",  a esperanza debe alimentarse e non pode prescindir do pasado. O ser humano dende moi antigo vén analizando o seu pasado para acometer o futuro. Desa análise da historia na procura de respostas e fórmulas válidas para a sociedade nace a cultura(s). Fomos caendo na conta e sendo conscientes da diversidade de respostas do xénero humano ante a Natureza que nos rodea cada sociedade con cadansúa cultura (fórmulas de relacionarse coa Natureza). Mais toda cultura baséase en determinados modelos.

CLÁSICA
Na procura da esencia, dos recursos, do pasado de cada cultura, nesa relación co mundo natural ou coas restantes formas de entender o mundo, cada sociedade desenvolve unha serie de modelos que podemos cualificar como clásicos. A Cultura Clásica para Europa occidental logo será un conxunto de modelos que serviron e serven de base para encher ese concepto abstracto que define a Europa actual.

A CULTURA CLÁSICA
A Cultura Clásica é unha materia que nos invita a saber quen somos e reflexionar sobre que seremos tomando como punto de partida o mundo grecoromano, tradicionalmente entendido como base da cultura occidental. Grecia e Roma son referentes inevitables do noso pasado suficientemente complexos como para provocar/ xustificar/ precisar a súa presenza nunha educación integral na Secundaria.  Saber que herdamos dos gregos e dos romanos, pero tamén como interaccionan con outros mundos, como, por exemplo, o Atlántico. Por que o mundo Atlántico? Porque somos galegos e estamos dende tempos remotos expostos a unha continua dialéctica/ comunicación/ a toda unha serie de contactos entre culturas diversas e as culturas mediterráneas e atlánticas teñen moito que dicir sobre o noso pasado, sobre o pasado do Noroeste Galaico.                       

A ESPERANZA: UNHA REFLEXIÓN GLOBAL, UNHA SEMENTE
Nesta viaxe pola Cultura Clásica debemos entender que estamos a responder qué será de nós. Abordaremos diversas facetas do saber sobre as linguas, a historia,  a mitoloxía...
As linguas son un dos asentamentos básicos da cultura, as que constrúen sobre a terra, facendo que a paisaxe sexa territorio ao nomealo, as que definen cambios tan subtanciais como o paso da Prehistoria (fala) á Historia (escrita). Un dos métodos para viaxar ao pasado, á Antigüidade, é a Arqueoloxía que atopa nos restos materiais que se conservan daqueles tempos remotos.  E a mitoloxía, que é a lingua resolvendo misterios, aquela experiencia de coñecemento que naceu antes da filosofía e da ciencia, é un medio de aprendizaxe que nos leva aos tempos en que o ser humano, condicionado por un espazo natural concreto, comeza a definirse como tal. Vén sendo, logo, outro piar básico, o asentamento espiritual da cultura, de feito a Mitoloxía está moi ligada á Relixión como veremos.

Distintos deuses na creación de Pandora.
Pois ben, na mitoloxía grega é onde aparecen as figuras de Pandora, a primeira muller, a de Epimeteo e, como non, Prometeo, o seu irmán. Tres nomes que están unidos para sempre coa palabra esperanza e cunha reflexión sobre o destino da humanidade, algo que aprenderemos, sen dúbida,  neste curso de Cultura Clásica.
   
SPES, ULTIMA DEA
A deusa da Esperanza: Elpis (en grego)/ Spes (en latín): unha deusa que aínda que non semella ser a mesma en Grecia que en Roma, era representada como unha muller nova que ten na man unha flor ou a cornucopia, símbolos da próxima primavera a pruimeira e, a outra, da abundancia, é dicir, do futuro proveitoso que ha chegar.
Os romanos dicían "spes, ultima dea" a esperanza é a última deusa, de onde sae o dito actual: a esperanza é o último que se perde.
Moeda romana coa representación da dea Spes
CUESTIONARIO
1- Tema ou lema sobre o que xira este curso.
2-Como interpretas ti a frase que se lle atribúe a Castelao?
3- Que é a Cultura Clásica? 
4- Por que cres que a estudamos?
5- É a esperanza unha semente do futuro? Argumenta a resposta.

luns, 2 de xullo de 2018

venres, 29 de xuño de 2018

VIDEOS DO 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Xa podedes ver as gravacións das obras representadas no 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO que formaba parte do Proxecto do centro "Corazón de futuro, voz de muller".

A MULLER FALA de 1º ESO A:


ATALANTA, unha heroina nun mundo de heroes, de 3º ESO B


ECO e NARCISO de 3º ESO A:

TROIANAS , un botín de guerra de 3ºESO B:


ANTÍGONA de 4º ESO B:

PANDORA, a primeira muller de 3º ESO A:

A REVOLTA DAS SABINAS de 4º ESO B:

Entrega de Premios:


Mellor comedia: A REVOLTA DAS SABINAS
Mellor traxedia: ANTÍGONA
Mellor actor: MANU ALBARIÑAS 4º ESO B
Mellor actriz: ANDREA IGLESIAS 4º ESO B