Sabías que os romanos tamén celebraban o Día de Defuntos?
Eles realizaban unhas festas denominadas FERALIA nas que levaban aos
mortos ofrendas. Fíxate neste texto do autor latino Ovidio:
"Estando os romanos entregados
a longas guerras con belicosos exércitos, esqueceron a celebración dos Días dos
Defuntos. Este esquecemento non quedou impune:...Contan -aínda que eu me
resisto a crelo- que os nosos antepasados saíron das súas tumbas e comezaron a
laiarse no medio do silencio da noite; e aseguran que a través das rúas da
cidade e por amplos campos andaron ululando os espíritos sen forma, unha morea
de pantasmas...
![]() |
O ius imaginum era un curioso dereito exclusivo dos cidadáns romanos patricios para erixir estatuas aos seus parentes mortos, unha ofrenda aos Deuses Manes. |
Cuestións:
1- Lembrades algunha comitiva de mortos que anden errantes polos
camiños na nosa terra?
2-Quen son os deuses Manes? Para responder a esta pregunta convén
que lle botes unha ollada á unha inscrición funeraria en latín calquera xa que
adoitaban estar encabezadas por tres letras: D. M. S. que significaba: Diis
Manibus Sacrum (Consagrada aos Deuses Manes). Eran logo os espíritos dos
familiares que ao morrer pasaban a ser considerados divindades protectoras da
familia e da casa.
3- Un
pequeno traballo de investigación e tradución:
QUE É A EPIGRAFÍA? A epigrafía (επι-γραφή: escrito enriba ou sobre
"επι ") é o estudo das inscricións gravadas en pedra ou outros
materiais permanentes como o metal, a ciencia de clasificalas no seu contexto
cultural e data, explicándoas e vendo que conclusións se poden extraer delas.
3a) Quen está enterrado nas estelas
que aparecen nas seguintes inscricións? Un home ou unha muller? Fíxate nas
letras que suliñamos e nas formas verbais que veñen detrás:
HIC SITUS EST
HIC SITA EST
HIC SITI SUNT.

OS TEXTOS DAS ESTELAS: As inscricións funerarias denominadas estelas constan das seguintes partes normalmente:
-Invocan aos Deuses Manes ( D. M. S.)
-Nome do defunto
-Idade con que morreu.
-Persoa/s que erixe/n o monumento:
F(aciendum)C(uravit).
-Fórmula final: H.S.L. e/ou o desexo
de despedida coa tamén coñecida fórmula S.T.T.L. "Sit Tibi Terra
Levis" (Que che sexa a terra lixeira)ou outra máis sinxela H. S.
S:"Hic Siti Sunt" (aquí están sepultados)
Vexamos un par de exemplos dunha estela:
D(is)
M(anibus) S(acrum) / Consagrada aos Deuses Manes
SENT(io) SACOMIO
/ Sentio Sacomio
ANN(orum). VIIII.
SEN(tia) / de 9 anos de idade. Sentia
LUCROSA FILIO / Lucrosa ao seu fillo
PIENTISSIMO
F(aciendum) C(uravit) / piadosísimo mandouna facer.
H(ic) S(itus)
E(st) S(it) T(ibi) T(erra) L(evis) Aquí está enterrado, Que che sexa a
terra leve!
D.M.S Consagrada aos
Deuses Manes
L(UCIO) IULIO Lucio
Xulio
AMOENO. Amoeno
ANN(OS)
XXXIIII Viviu
34 anos
H(IC) S(ITUS)
E(ST). Aquí está enterrado.
STTL Que a terra che sexa leve.
CASIA AMOENA Casia Amoena
FILIO PIISSIMO para o seu moi piadoso
fillo
A estrutura ou partes da inscrición na estela pode sufrir cambios na orde de colocación como ocorre no caso da estala anterior no que as fórmulas H(IC) S(ITUS) E(ST) e STTL están no medio do texto en lugar de aparecer ao final. Poñamos outro exemplo. Fíxate nos cambios de colocación que se dan na seguinte estela... quen será o defunto?:
D(is) · M(anibus) ·
S(acrum) / Consagrada aos Deuses Manes
AURELIA · FLAVIA / Aurelia Flavia
LUCIO · MU para Lucio Murene
RENE · M(arito) · S(uo) / o seu marido.
H(ic) · S(itus) · E(st) · AN(n)o(rum) · XXXVIII / Aquí está enterrado de 38 anos.S(it) · T(ibi) · T(erra) · L(evis) Que a terra che sexa lixeira.
4) Das distintas partes que
habitualmente presenta unha inscrición nunha estela, cales son as que aparecen
nestas dúas lápidas romanas atopadas en Galicia?
URBANILLA ANNORUM XXV. (A Estrada)
CUM QUI VIXIT ANNOS XVIII (Lugo)
Os mortos tamén falan
O costume romano de enterrar (in
humus: inhumar) era máis frecuente entre as persoas de posición, aínda que
normalmente se facía unha incineración (in cinis) previa e logo se
enterraban as cinzas onde se colocaban unha estela. En non poucos casos a
inscrición dirixíase ao que estaba a ler, son as lápidas parlantes, como se os
espíritos dos mortos falasen cos vivos. Fixádevos nesta inscrición dunha lápida
parlante:
UT, QUI LEGIS DICAS: "SIT TIBI
TERRA LEVIS" (Lugo)
"Para que ti, que les, digas "Que che sexa a terra
lixeira"
Para saber máis
5- Esta primeira entrada terá unha continuidade, pero para coñecer máis estelas imos a tres casos moi coñecidos da cidade de Mérida. Grazas a estas tres inscricións funerarias coñeceremos á rapaza da vosa idade Lutatia e a taberneira Sentia Amarantis. Que nos podes contar acerca delas?
6- O caso da Estela de Santa Comba. Investiga onde, como foi atopada e cal é a información que aporta esta singular estela.
6- O caso da Estela de Santa Comba. Investiga onde, como foi atopada e cal é a información que aporta esta singular estela.