mércores, 20 de abril de 2016

Probas 3º avance

As probas do 3º avance terán tres formatos:

Dionisos co tirso na man acompañado dun sátiro
PARA OS QUE SUPERARON AS PROBAS DE LECTURA

Etapas da historia da Antiga Grecia nas páxinas do libro de texto 30-31 ou no blog: das invasións dorias á época helenística.

 Orixes e evolución do teatro.
 Os mestres da verdade libro de texto páx. 160-163.
 Euménides ou Erinias
Delfos antes e despois do santuario
 Abecedario sobre a saída a Ourense.
As Olimpíadas, curiosidades iniciais.
Da sociedade da gens á sociedade dos servi.

PARA OS QUE TIVERON MAL UNHA DAS (OU AS DÜAS) PROBAS DE LECTURA.

Dúas preguntas sobre a obra(s) de lectura obrigada(s).

Etapas da historia da Antiga Grecia nas páxinas do libro de texto 30-31 ou no blog: das invasións dorias á época helenística.
 Orixes e evolución do teatro.
 Os mestres da verdade libro de texto páx. 160-163.
 Euménides ou Erinias
Delfos antes e despois do santuario
 Abecedario sobre a saída a Ourense.
As Olimpíadas, curiosidades iniciais.
Da sociedade da gens á sociedade dos servi.

PARA OS QUE TIVERON NON FIXERON BEN  AS PROBAS DE LECTURA.

Seis preguntas sobre a obra(s) de lectura obrigada(s).

Etapas da historia da Antiga Grecia nas páxinas do libro de texto 30-31 ou no blog: das invasións dorias á época helenística.
 Orixes e evolución do teatro.
 Os mestres da verdade libro de texto páx. 160-163.
 Euménides ou Erinias
Delfos antes e despois do santuario
 Abecedario sobre a saída a Ourense.
As Olimpíadas, curiosidades iniciais.
Da sociedade da gens á sociedade dos servi.


luns, 18 de abril de 2016

DA SOCIEDADE DA GENS Á SOCIEDADE DOS SERVI




Imos comprobar como na historia da Grecia Antiga e tamén na de Roma as sociedades antigas sofren un proceso semellante co paso dunha sociedade da gens, onde a linaxe e o sangue son esenciais na configuración das clases, cara a outra sociedade, unha civilización onde as guerras imperiais e a ampliación do número de escravos son motores dun cambio que as levará posteriormente a súa desintegración nunha etapa distinta da historia.


UNHA MIRADA COMPLEXA E COMPLETA CARA AO MUNDO ANTIGO

Os libros de texto ao uso falan das etapas de Grecia ou de Roma fixándose só nunha parte do proceso (os tipos de goberno existentes) pero con frecuencia esquecen ligar o proceso á economía e a súa relación externa cos seus veciños. Aínda que nos axudan a comprender dita evolución os sistemas de goberno que rexeron en ambas culturas non nos ofrecen unha visión completa. Para comprender ben este cambio de sociedade temos que observar á vez as transformacións que se van producindo na economía e nas clases sociais. Van ser determinantes tamén as guerras que marcan un antes e un despois na configuración das sociedades antigas como veremos, pois tras os conflitos bélicos comezan transformacións internas derivadas da aparición dos escravos.

Como se dá en Grecia e en Roma?

Sociedade da gens (sangue, linaxe) organizada en función da orixe, da pertenza a un clan en grego "γένος" ou grupo de familias. As palabras que nos textos aparecen referenciando esta linaxe son:

En GRECIA: Oligarquía, aristocracia.
En ROMA: Monarquía e os patricios.

Tanto en Grecia na polis (cidade-estado) de Atenas, como en Roma as sociedades gobernadas exclusivamente por unha aristocracia que goza de plenos dereitos nos séculos VIII a.C. ao VI a.C. van ir sufrindo unha evolución interna que consiste na aparición dun grupo social sen dereitos inicialmente, ligado á artesanía e ao comercio e que vai ir pouco a pouco reclamando o seu espazo na política, de aí o nacemento e desenvolvemento das leis escritas.

En GRECIA: Democracia.
En ROMA: Comitia e os plebeos.

Cando se están a dar pasos cara á equiparación de dereitos irrompen primeiro en Grecia, algo máis tarde en Roma, certas guerras con inimigos exteriores que transforman profundamente as sociedades da gens.

As Sociedades dos servi (escravos): As fórmulas de goberno, tras das Guerras Médicas e do Peloponeso en Grecia, como tras das Guerras Púnicas en Roma, derivan máis ou menos rápido cara a creación dunha política exterior moi agresiva (imperios) e a unha sociedade fortemente desigual (escravismo).


No caso de Atenas ese afán imperialista foi derrotado por Esparta e, logo, ambas cidades sometidas ao breve Imperio Macedonio de Alexandre o Magno. Ben distinto é o caso de Roma que dará lugar  ao seu Imperio que perdurará durante varios séculos, xusto ata o momento en que a desintegración do escravismo evolúe a un novo sistema social e comeza a denominada Idade Media.

CUESTIÓNS
1- Que significa "Gens" ? Cal era o fundamento das diferenzas existentes nesta etapa nas sociedades antigas? 

2-Terá algo que ver este asunto da sociedade da "gens" coa existencia dunha Aristocracia ou dunha Oligarquía? Para responder a esta última cuestión procura saber cal é a etimoloxía das palabras oligarquía e aristocracia. 

3- Que significa "Servi"?  Cal será o fundamento das diferenzas existentes nesta etapa nas sociedades antigas? 

4- Que provocou este cambio da sociedade da gens á sociedade dos servi? 

5- Imos agora ao libro de texto. Fai a mesma división que facemos nós aquí? 
Cal é a división por etapas para Grecia (páxina do libro 31?  Cal é a division por etapas para Roma ( páxina 32)?

6- Investiguemos como foi a descuberta da Democracia en Atenas:
- Dracón e Solón quen eran e que diferenzas tiñan entre si.
- Clístenes que avance fundamental trouxo para a sociadade ateniense.
-  Que diferenzas hai entre a nosa democracia e a grega

7- Unha última cuestión para lembrar que a evolución do teatro en Atenas está ligada á evolución da sociedade cara á Democracia. Explica esta conexión coas túas palabras. Podes axudarte do seguinte cadro que xa vimos á hora de estudar a orixe  e evolución do teatro.



martes, 12 de abril de 2016

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO EN OURENSE

Imos ver dúas obras: a traxedia de Esquilo, Euménides e a comedia de Plauto, Menechmos. A nosa visita a Ourense servirá ademais para abrir novos camiños de coñecemento sobre o mundo clásico e a nosa terra, Un abc de coñecementos:
Imos comezar a nosa visita sabendo o que é unha ARA, un monumento dedicado a unha deidade en cumprimento dunha petición por algunha causa. como esta dedicada ás Ninfas aparecida en 1802 nas primeiras excavacións na zona :




Deidade a quen se lle dedica: NYMPHIS

Persoa que lla dedica: CALPURNIA ABANA AEBOSO


Motivo:  EX   VISU ( por un soño ou visión)

Fórmula final: V. S. L. (Votum Solvil Libens: "cumpriu gustosamente o voto /desexo / petición")



As orixes de Ourense están asociadas ás augas termais, nas excavacións máis recentes ( 1995-2010) na zona atopáronse varias aras dedicadas a un deus preromano denominado  REVVE ANABARAEGO. 




BURGA: Entre o CELTA  Beru “quente”  e o  LATÍN burca “pía”.





Visitamos tamén o Centro de interpretación das Burgas e comprobamos que os romanos xa realizaron neste lugar un complexo termal.





CATEDRAL
















Na visita á Catedral de Ourense reparamos especialmente no Pórtico do Paraíso, marabillosa representación do Románico policromado. 

DIONISOS

    
     
















Fixemos un alto na Sala de Exposición escultórica do Museo Provincial ( que aínda está en proceso de remodelación) para contemplar o contrastre escultórico entre o castrexo e o romano. Reparamos así na curiosa estatua de Dionisos e o sátiro Ampelos.

EUMÉNIDES de ESQUILO
Asistimos logo á primeira das representacións As Euménides de Esquilo. Unha traxedia grega representada polo grupo Noite Bohemia.

FERRO 
Desprazámonos  a seguir cara ao Parque arqueolóxico de San Cibrao de Lás onde, tras a comida, comezamos unha visita guiada á Idade do Ferro, ao século II a. C.  coetáneo da obra de Plauto que íamos ver pola tarde. 

Este é o primeiro achegamento á Cultura Castrexa no presente curso que irá afondándose a partir desta primeira experiencia didáctica ao pé dun castro, un dos máis grandes de Galicia.



GALLAECIA
Un dos primeiros datos que debemos reter é que o territorio da cultura máis antiga da nosa Terra é un espazo que ocupa maior extensión que a actual Galicia. A cultura Castrexa abrangue Galicia, Norte de Portugal, parte de Asturias, León e Zamora como acredita  a arqueloxía e cando chegaron os romanos van certificalo coa configuración neste espazo dunha Provincia romana denominada Gallaecia. 















HOSPITIUM (tabula)

Os romanos, como comprobamos conquistaron o territorio despois dun longo proceso no que se deron curiosos pactos de hospitalidade como testemuñan  as tábulas ou tesserae hospitium.


Tessera hospitium de Castromao
INVESTIGATIO

Imos realizar un estudo detallado sobre esta etapa primixenia da nosa cultura, de como se produciu este encontro dunha cultura máis atlántica coa cultura mediterránea que trouxeron os romanos. 

LÁS (antigaLansbrica)

Deste castro partirá logo a nosa investigación sobre a confluencia que denominamos galaico-romana, para a que Ourense como puidemos comprobar aporta importantes datos. Un dos centros de referencia para o estudo desta época é o Centro de Lansbrica e as excavacións (ata o de agora dunha pequena parte da citania) que visitamos.  

   MENECHMOS
A continuación volvemos a Ourense onde asitimos no Auditorio a segunda das obras previstas, a Comedia dos Xemelgos ou Menechmos de Plauto.

Tivemos ocasión de dialogar cos actores ao final da representación































A modo de resumo: NYMPHIS.  Nunha ARA dedicada ás NYMPHAS, deidades romanizadas relacionadas coa auga e o seu poder curativo, nos lembra a orixe de  OURENSE que, se cadra, en lugar de chamarse así polo ouro que arrastraba o Miño, era un espazo coñecido polas súas augas termais ( o topónimo hai quen dí que procede da expresión latina "aquae URENTES", é dicir augas abrasadoras, en lugar da cidade auriensis que quere dicir "de ouro"). 
Camafeo atopado nas Burgas unha representación do baño de Venus

 PLAUTO: 

A obra de Plauto  deu pé a realizar unha pequena reflexión de como se debe adaptar unha obra clásica aos tempos presentes. Debe unha actualización da obra reproducir a visión caduca e decadente doutra época, deben formar parte da súa representación moderna o fomento de usos e costumes hoxe criticables? Ou debe xogar un papel máis didáctico e acorde cos nosos tempos como obra de teatro adaptable á actualidade que incorpora a través do humor unha crítica audaz aos defectos dos nosos días sen caer nos chistes machistas e clasistas pretéritos que deberían estar pasados de moda?

QUERQUERNIS AQUIS (AQUILA) Esta visita servirá tamén para comezar a abordar a ROMANIZACIÓN da Península e analizar a repercusión que tivo tanto sobre as sociedades sometidas daquela, como nas consecuencias posteriores á conquista que aínda hoxe podemos observar na sociedade actual.

THEATRUM, Dúas obras que lemos e que vimos representadas e que agor apoderemos analizar con calma.

VISU. Calpurnia disque que cumpriu un soño ofrecendo a Ara ás Ninfas.  Tamén a nosa saída é unha especie de soño e de visión que nos permitiu viaxar no tempo e a través da historia coa cultura e as palabras como compañeiras ineludibles da sabedoría.

X horas de coñecemento e saber en Ourense!

mércores, 6 de abril de 2016

HOXE GOOGLE LEMBRA...


      ... que se cumpren 120 anos da recuperación das antigas Olimpíadas coa celebración dos Xogos Olímpicos modernos que se realizaron precisamente en Atenas. Era o ano 1896. Foi entre os días 6 ao 15 de abril dese ano e a partir destes primeiros Xogos Olímpicos modernos se foron realizando a cada catro anos con sedes itinerantes en distintos países e capitais do mundo. Este ano por exemplo, que é ano olímpico, vanse celebrar no Brasil e tamén no San Narciso.

Bótalle un ollo a esta información da Voz de Galicia

CURIOSIDADES. Despois de ler os enlaces responde:

1- O CALENDARIO E AS OLIMPÍADAS: Na Grecia Antiga usaban un calendario lunisolar.  O ano lunar duraba 354 días, pero a cada catro anos para coincidir co ano do sol de 365 días engadían un 13º mes que deu orixe ás antigas Olimpíadas. Os gregos clásicos contaban contaban  os anos por períodos de catro anos, é dicir, por Olimpíadas a partir do 776 a. C. data da 1ª Olimpíada documentada.
Pois ben, en 1896 Grecia aínda usaba o calendario xuliano (que lle impuxeran posteriormente os romanos) polo que houbo problemas para que certos países entenderan cando debían presentarse en Atenas paraestas Olimpíadas modernas. O calendario xuliano ou romano, pensando que o ano solar duraba 365 e 6 horas, introduciu un día a cada catro anos no denominado ano bisesto. Pero o ano solar realmente duraba algo menos de seis horas (5h 48´46´´). Isto provocou que na Idade Media ían polo día 11 de marzo en lugar do 25 fixado por Xulio César para a entrada da primavera no ano 46 a.c. Entón, cal eran as datas nas que, segundo o calendario dos gregos, se celebraron estes primeiros xogos modernos?

2-  AS OLIMPÍADAS CUESTIÓN DE HOMES? Dise que as Olimpíadas antigas que se celebraban en Olimpia as mulleres non podían participar, nin sequera como público agás unha sacerdotisa de Demeter. Que peculiaridade presentaban os 241 deportistas que participaron nos primeiros Xogos Olímpicos modernos? A que países pertencían?
3- Quen foi o vencedor do primeiro maratón da historia? Sabes por que esta competición leva este nome?  Quen era Fidípides? Procura unha resposta.
4- Despois de 1500 anos e grazas aos esforzos dun home que non era grego volveríanse a realizar uns Xogos Olímpicos. Como se chamaba este home? de que nacionalidade era? 
5- Unha cerimonia coa que se inauguran hoxe os Xogos Olímpícos e que comeza en Olimpia días antes da inauguración no país anfitrión lévamos a reconsiderar as orixes dos antigos Xogos Olímpicos.  A que ritual nos estamos a referir? Investiga e argumenta esta hipótese de que as Olimpíadas en orixe non eran unha cousa exclusiva dos homes e que parece ser a tese máis estendida.  



domingo, 3 de abril de 2016

Euménides ou Erinias?

As Erinias ou Furias da mitoloxía sofren unha curiosa evolución grazas á reinvención do mito que Esquilo introduce na súa obra "As Euménides", a terceira das traxedias da Orestíada que segundo parece se representaron en 458 a.C.


As Erinias para Hesíodo naceron das pingas de sangue que caeran sobre Gaia (a Terra) no episodio coñecido da castración de Urano. Serían tres irmás que residen coa Noite no Érebo ou noTártaro dende onde se dirixen á Terra para cumprir o seu cometido. Son deusas que vingan un asasinato, torturando ao seu causante e provocando nas súas vítimas a tolería. Son deusas antigas ás que deuses novos como Zeus deben obedecer. O seu aspecto produce pavor, de cor negra, cabelos mesturados con serpes e na man levan antorchas ou látigos que poden ser tamén serpes, son comparadas con cadelas (en ocasións representadas con cabeza de can) porque producen un gruñido ao poñerse a perseguir aos humanos que cometeron un homicidio, esa é a súa principal función.

Non é raro logo que foran chamadas tamén Maniai, é dicir, "as que volven tolo" ou maniáticas nunha das denominacións que recibían nun dos templos dedicados a elas na Arcadia. O nome de Euménides (Εὐμενίδες), que en grego significa «as bondadosas», utilizábase en Atenas como eufemismo do das Erinias que significa "deusas airadas vingadoras, furias", como para así impedir pronunciar o seu nome verdadeiro, é dicir, un tabú.


Este nome eufemístico sería utilizado por Esquilo para dar solución á terceira das traxedias na súa triloxía sobre Orestes tras ser convencidas por Atenea a converterse en deusas benévolas, Euménides. Esquilo reinventou en parte o mito para lograr deste xeito un dos seus obxectivos políticos e didácticos. Quería nas súas traxedias louvar as institucións da Atenas democrática que estaban en pleno proceso de formación e asentamento.


Para o filósofo Epiménides, un filósosfo cretense (do que se di coñecía os rituais de chamáns asiáticos) quen ao parecer colaborou no século VI a.C. con Solón na reforma do estado ateniense, as Erinias eran irmás das Moiras coas que aparecen confundidas ou con frecuencia solapadas, así como con outras deidades antigas e escuras pois fían o destino dos humanos.Tamén son confundidas coas Gorgonas, aínda que segundo Esquilo non tiñan ás. Hai quen as describe con ás de morcego, negras e con ollos inxectados en sangue.