mércores, 16 de decembro de 2015

DA CASA DE ASTERIÓN E DE PICASSO NO LABIRINTO

O Minotauro de G.F. Wats
Convén ter ben presente algunhas das relecturas que se veñen facendo sobre o famoso mito do Minotauro tanto en literatura como noutras ramas da creación.

Comecemos polo relato de Jorge L. Borges debes ler titulado: La casa de Asterión.

Este relato está baseado, como confesou o seu autor, nun cadro de George F.  Wats

Cuestionario:

1- Sobre o relato de Borges convén (despois de ler) saber quen era Asterión e quen é o protagonista do relato.

2- Tras ver o cadro e ler o relato " La casa de Asterión"de Borges, que semellanzas e diferenzas atopas entre o Minotauro que aparece nestes e o Minotauro do mito grego, aquel  mostro que estaba encerrado nun labirinto, que devoraba carne humana e ao que matou o ateniense Teseo.



3-Logo pasaremos á presenza do Minotauro na obra de Picasso; Que é o Minotauro para Picasso? Por que establece con esta figura mitolóxica unha relación tan especial o pintor cubista?




Descubre a relación de Creta coa Atlántida.

 Se temos en conta que Creta antiga e a súa antiga civilización, a minoica, foron descubertas polos investigadores no século XX, relizaremos con maior curiosidade esta revisión de textos sobre a famosa illa. Na procura de fontes clásicas sobre Creta, ademais da cita de Homero que deu pé a que Arthur Evans indagase sobre o Palacio de Cnossos, hai outra cita que para moitos ten especial relación co mundo cretense. trátase da Atlántida nomeada por Platón.

CUESTIÓNS
1- Le a descrición que Platón fai da Atlántida.
2-  Establece as túas propias conclusións á vista dos descubrimentos sobre a destrución da civilización cretense, podería ser esta a Atlántida de Platón? Procura os teus argumentos.

Se queres podes saber máis sobre esta posible conexión no seguinte vídeo:





martes, 15 de decembro de 2015

Como vivían os/as cretenses?










CUESTIÓNS
1- Cales eran as claves da vida dos cretenses?
2- Foi un terremoto o que rematou con Creta?

CRETA E MINOS NA MITOLOXÍA

Xa falamos de que en Creta naceu Zeus, nunha cova onde Xea, a deusa Nai, o coidou. En creta pasou a infancia e tivo lugar tamén unha das aventuras máis coñecidas cunha princesa mortal fenicia chamada Europa. Unha boa versión deste mito:


Cóntase que daquela na illa de Creta reinaba Asterión quen casara con Europa, despois de ser raptada (baixo a forma dun touro branco) e violada por Zeus. Asterión adoptou aos seus tres fillos do deus e de Europa: Minos, Sarpedón e Radamantis.


Á morte de Asterión, Minos dixo aos seus irmáns que os deuses desexaban o seu mandato sobre a illa e que o demostrarían concedéndolle o que solicitase. Foi cando Poseidón, atendendo ás suplicas de Minos enviou como sinal un magnífico touro saído do mar, que debería ser sacrificado na honra do deus por Minos en canto fose proclamado rei. Mais o rei non sacrificou o animal por conservar a súa raza entre os seus rabaños. A vinganza do deus non se fixo esperar.

Outras curiosidades sobre Minos de interese poden ser saber algo sobre o seu fillo Androxeo ou coñecer a famosa historia de Dédalo e Ícaro ou mesmo chegar a coñecer como morre este personaxe que posiblemente sexa tan só unha ficción. 

QUE DEBEMOS SABER SOBRE MINOS?

Resume e realiza unha crítica dende a óptica dos nosos días do mito do rapto de Europa.

Localiza unha ilustración do rapto de Europa de cada período da historia da arte ( grega, romana, medieval, renacentista, barroca, romántica, vangardista...) 

Que relación ten Minos con Europa e cal con Asterión?

Poseidón axuda a Minos, pero este comete un erro? Como se chama a esposa de Minos?

De quen vén sendo fillo o Minotauro?  Que ten que ver Dédalo con este nacemento?

De quen vén sendo filla Ariadna? Tiña irmáns?








CÓMPRE SABER QUEN É TESEO:

Onde e como naceu Teseo ? Cando parte cara a Atenas? 
As fazañas de Teseo


Que fazañas realizou de camiño a Atenas?

Como foi recoñecido polo seu pai?

Que lle ocorre a Teseo con Medea?

Por que tiñan que ir os atenienses a Creta?

Como logra Teseo matar ao Minotauro?

Casa Teseo con Ariadna? 


Por que morre o pai de Teseo no mar que leva o seu nome? 

QUEN CRES QUE INVENTOU O MITO DO MINOTAURO? Por que?

O LINEAL A dos cretenses non era aínda grego.

QUE LINGUA É O LINEAL A?
Lineal A

Arthur Evans foi o que descubriu o Palacio de Cnossos en Creta, escavacións ás que dedicou gran parte da súa vida, pero unha das cousas que non logrou atopar foi unha solución ao problema das linguas que falaban os pobos exeos ou cretenses. Atopou taboíñas de diversos tipos que el agrupou en dous grandes grupos: O lineal A e o lineal B. Este último sería descifrado por M. Ventris e J. Chadwick.

Un dos últimos logros sobre o lineal A foi chegar a pensar en que era un silabario, como tamén o era o lineal B. O lineal B foi un sistema de escritura creado polos aqueos (indoeuropeos) que non debían coñecer a escrita, copiando elementos do lineal A dos cretenses e adaptando a súa lingua grega a aquel sistema de comunicación. O lineal B xa é grego, un silabario grego.





CUESTIÓNS
Disco de Faistos


Así narra este documental o descubrimento de Cnossos por parte de Arthur Evans:





Quen foi Arthur Evans? Cales foron as súas principais aportes no coñecemento da cultura minoica?
Cales foron os resultados dos traballos de Ventris e Chadwick?
Que é o disco Faistos? En que idioma está escrito? Que tipo de escrita se utilizou nesta peza arqueolóxica minoica?

mércores, 9 de decembro de 2015

ESPAZOS DA CIVILIZACIÓN MINOICA ou CRETENSE






Cuestións:
1- Localiza no seguinte mapa os principais lugares de influencia Minoica e logo explica o concepto da "talasocracia". Chegaba a flota cretense a Sicilia? Razoa a resposta.



martes, 1 de decembro de 2015

AS PRIMEIRAS ETAPAS DA HISTORIA GREGA: DE CRETA A MICENAS

ETAPAS NA HISTORIA DA GRECIA ANTIGA (I)

Imos establecer dous grandes apartados no noso traballo coa Historia da Grecia Antiga. 


A liña divisoria diremos que será cara ao 800 a. C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.) e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da cultura occidental. Pero, non adiantemos acontecementos. Antes debemos remontarnos cara a atrás ás etapas anteriores a todo ese proceso que están cheas de acontecementos que deben ocupar a nosa atención posto que son determinantes en moitos casos para poder entender mellor as etapas máis coñecidas e os fenómenos máis transcendentes da cultura grega. Nesa etapa anterior ao 776 a.C.  florecen culturas mediterráneas como a civilización cicládica e a minoica ou cretense, prodúcense as invasións de tribos indoeuropeas na Grecia continental e aconteceron conflitos tan épicos como a coñecida como guerra de Troia. 


Antes do 776 a. C. establecemos catro períodos:



Cuestións:

1- Cantos períodos podemos establecer antes do ano 800 a.C. para a Grecia Antiga? Que acontecemento cultural marca esta liña divisoria?
2- Das etapas citadas cales son mediterráneas do mar Exeo e cales indoeuropeas? Despois de visualizar o primeiro dos vídeos da entrada saberias como se denominan aos cretenses, ademais de minoicos? E como denomina este audiovisual aos pobos indoeuropeos que se apoderan da Grecia continental despois en distintas invasións?

OS POBOS EXEOS Comezaremos polas primeiras civilizacións ou culturas no territorio que
Deusas brancas das Cícladas
logo vai ser Grecia
 ou a Hélade. Imos falar das primeiras culturas mediterráneas das Cícladas e de Creta. Imos falar da CIVILIZACIÓN CICLÁDICA (3200 a. C. ao 1500 a.C.). Debemos saber onde están situadas estas illas que establecen unha especie de círculo (de aí o nome) ao redor da illa de Delos. A imaxe das deusas brancas é unha das máis representativas da arte das Illas Cícladas.  O período CICLÁDICO (Idade de Bronce) polo tanto é anterior ao CRETENSE OU MINOICO.

O período CRETENSE tamén é chamado Minoico polo coñecido personaxe da mitoloxía, o rei Minos e o terrible Minotauro. Pero, por que se chama esta civilización minoica?.
É evidente que a mala prensa que se gañou Minos nalgúns dos mitos que circulaban na Antiga Grecia tiveron a súa orixe nunha tensión entre dúas culturas, a mediterránea e a indoeuropea) que chegaron a convivir  a partir do 1600 a.C. e que tiveron conflitos, cos seus máis e os seus menos.


Así narra este vídeo o descubrimento do Palacio de Cnossos por parte de Arthur Evans:

CUESTIÓNS:
1- Como nolo conta Indro Montanelli na súa coñecida " Historia dos gregos"? Le e resume o primeiro capítulo dedicado a Minos.
2- Bótalle un ollo aos mapas das invasións indoeuropeas 

DEUSES E MORTAIS

ACTIVIDADE DE REDACCIÓN:  A aparición dos mortais na mitoloxía grega: 

Trátase de explicar o mellor posible os seguintes epígrafes, todos relacionados coas distintas formas coas que na Antiga Grecia se contaba, a través da mitoloxía, a aparición dos mortais sobre a Terra. 



- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: Ler e resumir as etapas que describe Hesíodo e comparalas coas de Ovidio. Tras esta comparación do mito realizar un contraste coas etapas da Prehistoria e a Historia real dos seres humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro... Debes usar as lecturas dos textos que enlazamos máis abaixo. 

- Prometeo, Pandora e os mortais: Reflexión creativa sobre os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos da creación (outras mitoloxías).  Descargar o PDF coas cuestións sobre Prometeo e Pandora

- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría? Houbo un diluvio universal?



- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos andróxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa?  Podes ver no vídeo unha versión da lectura do mito no discurso de Platón e resumilo.


- INVESTIGA: O mundo dos mortos. Descrición do mundo Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos? Ubi sunt?


LECTURAS PARA ESTA ACTIVIDADE:

Hesíodo: Os traballos e os días (As Idades vv. 106-202). Ademais para Pandora podes ler no enlace: en Teogonía 535-570  e a continuación tamén en Os traballos e os días, 47-58 e 90-105)

Ovidio: Podes consultar As Metamorfoses (Debes buscar os versos indicados para ler no libro I As Idades vv. 76-148 e O diluvio e Deucalión e Pirra vv. 244-415)

Platón: O banquete (discurso de Aristófanes).