Cóntase que daquela na illa de Creta reinaba Asterión quen casara con
Europa, despois de ser raptada (baixo a forma dun touro branco) e violada por
Zeus. Asterión adoptou aos seus tres fillos do deus e de Europa: Minos,
Sarpedón e Radamantis.
Á morte de Asterión, Minos dixo aos seus irmáns que os deuses desexaban o seu mandato sobre a illa e que o demostrarían concedéndolle o que solicitase. Foi cando Poseidón, atendendo ás suplicas de Minos enviou como sinal un magnífico touro saído do mar, que debería ser sacrificado na honra do deus por Minos en canto fose proclamado rei. Mais o rei non sacrificou o animal por conservar a súa raza entre os seus rabaños. A vinganza do deus non se fixo esperar.
Outras curiosidades sobre Minos de interese poden ser
saber algo sobre o seu fillo Androxeo
ou coñecer a famosa historia de Dédalo e
Ícaro ou mesmo chegar a coñecer como morre este personaxe que posiblemente
sexa tan só unha ficción.
QUE DEBEMOS SABER SOBRE MINOS?
Resume e realiza unha crítica dende a óptica dos nosos días do mito do rapto de Europa podes escoitar a Eugenia Tenenbaum no minuto 37, 37 ao falar dun cadro de Martín de Vos:

Que relación ten Minos con Europa e cal con Asterión?
Poseidón axuda a Minos, pero este comete un erro? Como se chama a esposa de Minos?
De
quen vén sendo fillo o Minotauro? Que ten que ver Dédalo con este nacemento?
De
quen vén sendo filla Ariadna? Tiña irmáns?
CÓMPRE SABER QUEN É TESEO:
Onde e como naceu Teseo ? Cando parte cara a Atenas?
Que fazañas realizou de camiño a Atenas?
Como
foi recoñecido polo seu pai?
Que lle ocorre a Teseo con Medea?
Por
que tiñan que ir os atenienses a Creta?
Como
logra Teseo matar ao Minotauro?
QUEN CRES QUE INVENTOU O MITO DO MINOTAURO? Por que?
Ningún comentario:
Publicar un comentario