luns, 20 de xaneiro de 2020

O SEGREDO DE PROMETEO QUE NOS LEVA A TROIA


Materia para proba escrita da 2ª avaliación:
O SEGREDO DE PROMETEO
O segredo de Prometeo I
- O segredo de Prometeo II
A voda de Tetis e Peleo:





A TROIA DA ARQUEOLOXÍA
A Troia da arqueoloxía

A TROIA DE HOMERO
- Espazos homéricos
- Lendo a Homero
- Selección de textos da Ilíada de Homero



 TRABALLO PERSOAL DA 2ª AVALIACIÓN (Haberá preguntas destes apartados na proba escrita):

                           A MIÑA PRIMEIRA VISITA AO OLIMPO:
Trátase dunha viaxe persoal e obrigada ao Olimpo para coñecer aos deuses do Panteón grecolatino.

Comezarás pola lectura e asimilación dos contidos do Tema 8 do libro páx.: 112- 125 realizando todos os exercicios correspondentes a esas páxinas.

Logo realizar un pequeno traballo de investigación a partir do Cuestionario sobre os Amores de Zeus.


mércores, 8 de xaneiro de 2020

De cara ao avance da 2ª


A porta dos Leóns de Micenas

AS PRIMEIRAS ETAPAS DA GRECIA ANTIGA:
- Creta e Micenas

Tesouro das Tumbas Reais de Micenas





GALAICOS:
A Exposición.
- OS ÁMBITOS

A modo dunha primeira valoración da nosa experiencia na Exposición:

GALAICXS

Exposición
É unha exposición para analizar a importancia da nosa primeira gran cultura, a cultura dos castros e a súa evolución ao longo de arredor de 2000 anos, partindo da prehistoria , a aparición do pobo que os romanos denominaron Galaicos, reparando na romanización e comezo do influxo do cristiá. Unha análise que repara especialmente na relación fundamental para a comprensión global deste pobo que pivota entre dous mundos: o Atlántico e o Mediterráneo. Imos fixarnos nesta Exposición nos restos arqueolóxicos que rescatamos nunha serie de excavacións da Provincia de Pontevedra que tanto serán restos pétreos, metálicos ou cerámicos

Ámbitos
1- CAMPESIÑOS E GUERREIROS? IDADE DE BRONCE FINAL (1.500-800 a . n. e)
Exposición Galaicos, en primeiro plano o Casco de Leiro.
 A primeira das pezas que serven de introducción á Exposición, un obxecto de ouro que pode ser un casco (Casco de Leiro) da idade do Bronce  que é moi representativo da influencia atlántica. Algo similar podemos dicir do denominado Tesouro de Caldas que tamén se corresponde ao período dos petróglifos, arte rupestre atlántica a primeira fórmula de domesticación da paisaxe realizando marcas territoriais.
Por outra banda, comezan as evidencias dun contacto co sur pola aparición dos depósitos ou atesouramentos de machadas de bronce ou das ofrendas de espadas nas concas do río Ulla.

2- POBOADOS FORTIFICADOS. IDADE DE FERRO (800-400 a . n. e.)

    O nacementos dos castros  no comezo do primeiro milenio, primeiro asentamento sedentario que modifica a vida seminómade de finais do Bronce e a introdución do Ferro ( a  coitela falcata do Castro Alobre).
Guerreiro galaico
Recreacción da entrada a un castro

3- O ATLÁNTICO ÁBRESE AO MEDITERRÁNEO (400-19 a. n. e)

A apertura e rutas comerciais que unían o Mediterráneo co Atlántico , industria da salazón existente antes da romanización ( A Lanzada ) documentada por pezas cerámicas púnicas ou cartaxinesas que procuran novas rutas pola presión dun imperio, o de Roma,  que acababa de nacer e tardaría en facerse dono deste territorio do Noroeste peninsular.

4-NA ESFERA DE ROMA: GALLAECIA. SÉCULOS I-III


Os romanos que levaban tempo detrás das rutas do estaño  comezan  no ano 137 a.n.e. as súas incursións no territorio que logo de incorporado ao Imperio chamarán Gallaecia, rematando ese proceso de conquista coas denominadas guerras cántabras  (29-19 a.n.e.) o que supuxo unha chea de transformacións nos modos de vida da poboación castrexa dende a aparición das tellas nas edificacións até a latinización ( aras que dedicadas a deuses indíxenas están escritas en latín así como as estelas, uso de cerámicas, moedas, etc…)
 .

5-A PROVINCIA DE GALLAECIA. FINAIS DO SÉCULO IV-VI


Gallaecia xa está integrada na cultura romana e será o Cristianismo un elemento integrador que estenda a latinización definitivamente. Remata esta viaxe pola  antigüidade coa chegada convulsa dos Suevos e a creación do 1º reino medieval de Europa, o Reino Suevo que adopta as fórmulas romanas e unha forte compoñente critstiá, como demostra a poderosa organización parroquial galega que aínda persiste.