martes, 22 de marzo de 2022

TEATRO E DEMOCRACIA (15ª semana)

 Unha cuestión vital para poder avanzar no coñecemento da Historia da Antigüidade é fixar a nosa atención neste binomio destacable do Teatro e da Democracia. 

Repara neste cadro:


Realicemos unha reflexión máis profunda aínda para poder determinar como a procura dun Imperio determina a evolución das sociedades grega e romana.

DA SOCIEDADE DA GENS A SOCIEDADE DOS SERVI

A ESPARTA DOS 300 E A ATENAS DEMOCRÁTICA

CUESTIÓN:  Investiga e resume as claves para entender ambas sociedades.

1- AGOGÉ,  A EDUCACIÓN ESPARTANA 

2- Como eran educadas as mulleres en Esparta

-  Un dato a ter en conta, só hai lápidas de homes mortos en batalla e mulleres que morren no parto.

AS GUERRAS MÉDICAS E A  DEMOCRACIA DE ATENAS: De Clístenes a Pericles. Podes consultar o libro no tema 3 para responder ás seguintes preguntas: 

1. Que fixo Clístenes en Atenas? Quen era Pericles? Que relación ten coas Guerras Médicas? (Podes consultar a páxina 42 do libro de texto).

2-  Cales eran as clases sociais en Atenas? (Podes consultar a páxina 40 do libro de texto.)


1ª Guerra Médica: Batalla de Maratón. Que pasou? Por que coñecemos hoxe unha proba deportiva co nome dre maratón?

2ª Guerra Médica: As Termópilas e os 300 de Leónidas. Investiga que pasou.

3ª- Rematada a terceira Guerra Médica que ocorre entre Esparta e Atenas?  Que son a Liga do Peloponeso e a Liga de Delos? Bótalle un ollo aos seguintes vídeos para respostar esta cuestión:


 


4- Como morreu Pericles?  Que ten que ver a illa  italiana de Sicilia? Podes consultar tamén no libro de texto páx. 31 do tema 3

5- Cal destas cidade-estado ou polis saiu mellor parada Esparta ou Atenas finalmente? De onde procedía Alexandre o Magno?


venres, 11 de marzo de 2022

Contidos da 2ª Avaliación




 A ÉPICA no libro páxinas 156 -157.

A ODISEA  de Homero 

A FUXIDA de TROIA de ENEAS

AS MULLERES DA FUNDACIÓN DE ROMA


A  HISTORIA DE GRECIA(II):  PANORÁMICA DA ETAPA ESCURA OU INVASIÓN DORIA Á ÉPOCA HELENÍSTICA.

A Época Escura (a invasión Doria e as  súas consecuencias)

A Época Arcaica.

A Época Clásica

A Época Helenística.


O TEATRO no libro páxinas 160-161.

A ORIXE DO TEATRO E A EVOLUCIÓN DA TRAXEDIA

Do ritual á traxedia

Evolución da traxedia: Autores conservados e características das súas obras

Arquitectura do teatro grego

A Comedia antiga e a Comedia nova.


domingo, 6 de marzo de 2022

O TEATRO, INVENTO DOS GREGOS

  O Teatro podemos consideralo un invento dos gregos, pero non deixa por iso de haber moitas outras manifestacións dramáticas  noutras culturas que comparten características co xénero literario teatral dos gregos.

Estudaremos, en primeiro lugar, antes de introducirnos na lectura de textos tráxicos, a orixe e evolución dun fenómeno relixioso que se vai distanciar pouco a pouco do culto a un deus vido de fóra. Foi o deus Dionisos o centro inicial deste culto que logo foi preocupándose máis das inquedanzas dos seres humanos que rematan por ser o eixo de todas as tramas e converter un antigo festival relixioso nun gran xénero literario, nunha ferramenta de índole política e didáctica para un pobo que acudía en masa ás representacións. Non só se producáin en Atenas, tamén as houbo noutros lugares onde se construíron teatros capaces de albergar espectáculos para milleiros de persoas.

ORIXE E EVOLUCIÓN DO TEATRO