Imos comprobar como na historia da Grecia Antiga e tamén na de
Roma as sociedades antigas sofren un proceso semellante co paso dunha
sociedade da gens, onde a linaxe e o sangue son esenciais na configuración das
clases, cara a outra sociedade, unha civilización onde as guerras imperiais e a
ampliación do número de escravos son motores dun cambio que as levará
posteriormente a súa desintegración nunha etapa distinta da historia.
UNHA MIRADA COMPLEXA E COMPLETA CARA AO MUNDO ANTIGO
Os libros de texto ao uso falan das etapas de Grecia ou de
Roma fixándose só nunha parte do proceso (os tipos de goberno existentes) pero
con frecuencia esquecen ligar o proceso á economía e a súa relación externa
cos seus veciños. Aínda que nos axudan a comprender dita evolución os sistemas
de goberno que rexeron en ambas culturas non nos ofrecen unha visión completa. Para comprender ben este cambio de sociedade temos que observar á vez as
transformacións que se van producindo na economía e nas clases sociais. Van ser
determinantes tamén as guerras que marcan un antes e un despois na
configuración das sociedades antigas como veremos, pois tras os conflitos
bélicos comezan transformacións internas derivadas da aparición dos
escravos.
Como se dá en Grecia e en Roma?
Sociedade da gens (sangue, linaxe) organizada en función da
orixe, da pertenza a un clan en grego "γένος" ou grupo de familias.
As palabras que nos textos aparecen referenciando esta linaxe son:
En GRECIA: Oligarquía, aristocracia.
En ROMA: Monarquía e os patricios.
Tanto en Grecia na polis (cidade-estado) de Atenas, como en
Roma as sociedades gobernadas exclusivamente por unha aristocracia que goza de
plenos dereitos nos séculos VIII a.C. ao VI a.C. van ir sufrindo unha evolución
interna que consiste na aparición dun grupo social sen dereitos inicialmente,
ligado á artesanía e ao comercio e que vai ir pouco a pouco reclamando o seu
espazo na política, de aí o nacemento e desenvolvemento das leis escritas.
En GRECIA: Democracia.
En ROMA: Comitia e os plebeos.
Cando se están a dar pasos cara á equiparación de dereitos
irrompen primeiro en Grecia, algo máis tarde en Roma, certas guerras con
inimigos exteriores que transforman profundamente as sociedades da gens.
As Sociedades dos servi (escravos): As fórmulas de goberno, tras das
Guerras Médicas e do Peloponeso en Grecia, como tras das Guerras Púnicas en
Roma, derivan máis ou menos rápido cara a creación dunha política exterior moi
agresiva (imperios) e a unha sociedade fortemente desigual (escravismo).
No caso de Atenas ese afán imperialista foi derrotado por Esparta e, logo, ambas cidades sometidas ao breve Imperio Macedonio de Alexandre o Magno. Ben
distinto é o caso de Roma que dará lugar ao seu Imperio que perdurará durante varios séculos,
xusto ata o momento en que a desintegración do escravismo evolúe a un novo
sistema social e comeza a denominada Idade Media.
CUESTIÓNS
1- Que significa "Gens" ? Cal era o fundamento das diferenzas existentes nesta etapa nas sociedades antigas?
2-Terá algo que ver este asunto da sociedade da "gens" coa existencia dunha Aristocracia ou dunha Oligarquía? Para responder a esta última cuestión procura saber cal é a etimoloxía das palabras oligarquía e aristocracia.
3- Que significa "Servi"? Cal será o fundamento das diferenzas existentes nesta etapa nas sociedades antigas?
4- Que provocou este cambio da sociedade da gens á sociedade dos servi?
5- Imos agora ao libro de texto. Fai a mesma división que facemos nós aquí?
Cal é a división por etapas para Grecia (páxina do libro 31? Cal é a division por etapas para Roma ( páxina 32)?
6- Investiguemos como foi a descuberta da Democracia en Atenas:
- Dracón e Solón quen eran e que diferenzas tiñan entre si.
- Clístenes que avance fundamental trouxo para a sociadade ateniense.
- Que diferenzas hai entre a nosa democracia e a grega
7- Unha última cuestión para lembrar que a evolución do teatro en Atenas está ligada á evolución da sociedade cara á Democracia. Explica esta conexión coas túas palabras. Podes axudarte do seguinte cadro que xa vimos á hora de estudar a orixe e evolución do teatro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario