martes, 26 de abril de 2022

ROMA

 


Roma será o centro de interese desta semana. A Roma da Monarquía xa a estudamos na segunda avaliación ao falar da Eneida de Virxilio. Agora toca repasar co seguinte video e establecer unha relación clara co que tamén comentamos recentemente sobre o paso das Sociedades da Gens á Sociedade dos Servi.

A motor que provoca como xa dixemos un cambio substancial na Roma Republicana serán as Guerras Púnicas contra os cartaxineses. Saibamos algo mñais sobre estas guerras tan transcendentais para os romanos:


Tras das Guerras Púnicas comeza a Crise da República, é dicir, o camiño de Roma para se converter nun Imperio. Falemos desa etapa da Historia:

 No libro de texto no tema 2 nas páxinas 30 e 31 e no tema 4 as páxinas 54,55,56,57 e 58 podes atopar información complementaria sobre as etapas da historia de Roma e as clses sociais e o goberno do que se dotou durante a República.
 
 Cuestionario: I- Cal era a situación do pobo a partir do século II a. C. en Roma? Que significa a frase feita "Pan e circo"? Que papel teñen os escravos nesta situación?
II- Quen eran os Irmáns Graco? Que pedían? Que características presenta esta etapa da Crise da Republica? 
III- Que é un triunvirato? que personaxes formaron o primeiro Triunvirato?
IV- Que ocorre entre Pompeio e Xulio César? Cal é o resultado?
V-  Que pasou o 44 a- C. en Roma?  Quen formou o II Triunvirato? Como rematou este triunvirato?
VI-  Como comeza o Imperio Romano?  Cales son as súas características desta etapa?
VII- Por que desaparece o Imperio Romano? Ten algo que ver o Cristianismo nesta cuestión?

 


domingo, 24 de abril de 2022

EDIPO REI, TRAXEDIA GREGA (II)

O MITO DE EDIPO: Un par de versións:


EDIPO é un personaxe de traxedia imos coñecer hoxe a súa historia. É o primeiro personaxe dun ciclo tráxico denominado Tebano porque se desenvolve nesta cidade, TEBAS. 


  CUESTIONARIO SOBRE EDIPO:
I- Quen era EDIPO? Resumo co relato biográfico deste personaxe  mitolóxico e tráxico.

II- TRADUCE E RESPOSTA AO ENIGMA DA ESFINXE:

Quod animal est qui mane quattuor pedibus ambulat,

 meridie duabus et vespere tribus?

 

III- W. Kaufmann considera que o Edipo Rei de Sófocles representa:

            a) A inseguridade do ser humano e a súa fácil aniquilación.

            b) A cegueira ante a propia identidade e ante a dos seres máis queridos.

            c) A maldición da honradez.

            d) A inevitabilidade da traxedia.

            e) O cuestionamento da xustiza divina e humana.

            Explica dunha forma razoada se coincides ou discrepas coa opinión de Kaufmann.

mércores, 20 de abril de 2022

TRAS VER A TRAXEDIA: Cuestionario

  TROIANAS  unha obra de________________________

I) Enumera  e describe brevemente os personaxes que aparecen nesta obra. Logo indica que personaxes conforman o coro nesta traxedia?

II)-Que conflito arrastra consigo o personaxe de Taltibio?

III)-Describe os catro/cinco personaxes femininos que adquiren carácter de protagonistas e o que cada unha en particular pretende ou transmite.

IV)- A partir da aparición do cadáver dun neno comeza o desenlace. Relata como conclúe esta obra?

V- Que mensaxe nos quixo transmitir ______________con esta traxedia que é válida para todos os tempos


    ANTÍGONA, é unha obra de _____________________

I)           Enumera  e describe brevemente os personaxes que aparecen nesta obra. Logo indica que personaxes conforman o coro nesta traxedia?  

II) Por que discrepan Creón e Antígona. Razóao con máis dun argumento.

III )          Define as diferenzas entre Antígona e a súa irmá.

IV)         Por que  Creón menosprecia as palabras do seu fillo?

   Resume o final da traxedia a partir desta derradeira discusión de Creón.

V) Que mensaxe nos quixo transmitir ______________con esta traxedia que é válida para todos os tempos



luns, 4 de abril de 2022

VEMOS UNHA TRAXEDIA GREGA? RESOLVEMOS UN DILEMA? ( SEMANA 16ª)


SOBRE A EDUCACIÓN:
Comezamos esta semana falando da educación da Época Arcaica e como evolúe cara a Época Clásica grazas a unha ferramente social como foi o alfabeto que emerxe no século IX a.C. Pero que non será ata o VI a.C. cando logre dar un xiro ao poder da escola na Antiga Grecia e sobre todo en Atenas, pero non só nesta polis democrática, a escola estaba presente tamén en illas tan pequenas como Astipalea, sabémolo polo frustrado campión olímpico Cleomedes.
 
CUESTIONARIO BREVE:
1- Como sabemos grazas a Pausanias que as escolas eran unha realidade á altura do 492 a. C.? 
2- Que tipo de educación rexía na época arcaica en Grecia? Perdurou este modelo en algures?
3- Que papel tiñan os homes e as mulleres neste mundo? 

Traballaremos a seguir sobre as traxedias gregas, outro fenómeno cunha poderosa carga didáctica na Atenas do século V: 


VEREMOS UNHA TRAXEDIA GREGA  (A ESCOLLER)

1º Traxedia proposta:  Troianas do autor grego Eurípides

Ofrecemos tres propostas para ver esta traxedia:

1- Versión adaptada en cine clásico ou teatro televisado anos 60 

2- Versión actualizada por unha compañía de actores e actrices profesional

3- Versión  dunha compañía de actores e actrices semiprofesional (Noite Bohemia).

-------------------------------------------------------------------------------------

2ª Traxedia proposta : Antígona de Sófocles

Ofrecemos para ver esta outra dúas opcións adaotadas aos tempos modernos:

Versión de Anouilh versión RTVE anos 70  

Versión de Anouilh  representada por compañía de  profesional 


DILEMAS HEROICOS E MÍTICAS PREFERENCIAS

Finalmente abordaremos os dilemas heroicos e míticas preferencias participando nun sorteo de 25 propostas no que un/ unha personaxe  versus outro/a  para ser obxecto de análise e controversia que cada quen terá que resolver en particular argumentación.

  

Redactar unha argumentación a partir da mitoloxía e procurando argumentos na trama que envolve a cada un dos personaxes. Trátase de resolver un dilema despois de enfrontar personalidades e propiedades. Finalmente indicar e argumentar con varios motivos e contundencia con cal te quedas e/ou a quen escolles?

Pasos a seguir:

I-Investigar sobre os personaxes. Paso fundamental para comezar o traballo.

II- Presentación inicial dos citados/as. Unha breve e esencial biografía de cada personaxe.

III- Enfrontar características e peculiaridades con detalle de cada personaxe.

IV- Argumentación final con non menos de tres motivos que asenten a elección feita. 

Listaxe:(a cada quen lle toca un número dos seguintes por sorteo)

1-      Ulises versus Aquiles : Eu non Irene Vallejo, a quen escolles?

2-      Casandra versus Penélope

3-      Agamenón versus Aquiles

4-      Clitemnestra versus Agamenón

5-      Ifixenia vs Creúsa aut Hécuba

6-      Ifixenia ou Dido

7-      Electra ou Ifixenia

8-      Orestes ou Electra

9-      Héctor versus Paris

10-   Helena versus Penélope

11-   Helena versus Briseida

12-   Eneas ou Aquiles?

13-   Odiseo ou Eneas?

14-   Penélope versus Circe

15-   Circe ou Calipso?

16-   Penélope ou Dido?

17-   Dido ou Helena?

18-   Narciso ou Adonis?

19-   Edipo ou Iocasta?

20-   Antígona ou Ismene?

21-   Creón ou Antígona?

22-   Hemón ou Antígona?

23-   Cal escollerías?: Afrodita ama a Anquises ou Adonis?

24-   Afrodita ama a Hefesto ou a Ares?

 25- Cal preferirías: Sísifo ou Tántalo ou Ixión ?