venres, 29 de xuño de 2018

VIDEOS DO 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Xa podedes ver as gravacións das obras representadas no 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO que formaba parte do Proxecto do centro "Corazón de futuro, voz de muller".

A MULLER FALA de 1º ESO A:


ATALANTA, unha heroina nun mundo de heroes, de 3º ESO B


ECO e NARCISO de 3º ESO A:

TROIANAS , un botín de guerra de 3ºESO B:


ANTÍGONA de 4º ESO B:

PANDORA, a primeira muller de 3º ESO A:

A REVOLTA DAS SABINAS de 4º ESO B:

Entrega de Premios:


Mellor comedia: A REVOLTA DAS SABINAS
Mellor traxedia: ANTÍGONA
Mellor actor: MANU ALBARIÑAS 4º ESO B
Mellor actriz: ANDREA IGLESIAS 4º ESO B

xoves, 21 de xuño de 2018

Cunha experiencia dramática pechamos o curso 2017-18

Un momento da traxedia: ECO e NARCISO 3º ESO A

Un momento da comedia: ATALANTA de 3º ESO B
O 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO que levamos a cabo hoxe, o primeiro día do verán, o día do solsticio, foi unha rica experiencia dramática, moi satisfactoria participativa e integradora, especialmente para os cursos de 3º da ESO A e B.

O traballo que comezou coa lectura de obras de teatro clásicas, que pasou pola asistencia á representación en Ourense no mes de abril de dúas pezas, unha grega e outra romana, concluíu hoxe coa representación das nosas propias creacións:

PANDORA, a primeira muller















ECO E NARCISO por parte de 3º da ESO A












ATALANTA, unha heroina nun mundo de heroes









e TROIANAS, botín de guerra por parte de 3º da ESO B



























É certo que  no concurso competimos coas obras doutros cursos e que, no caso de 4º da ESO de Letras,  o listón estaba ben alto, pero os nosos actores e actrices fixeron un traballo óptimo e á altura que se esperaba.  Sabíamos que as obras 4º da ESO B eran realmente favoritas, eles teñen máis experiencia teatral, aínda que tamén había no seu grupo alumnos/as que participaban, coma a maioría de nós, por vez primeira nunha montaxe deste tipo.  De feito cos votos de todos os presentes, mesmo os nosos recoñecemos que a mellor traxedia fora ANTIGONA e que a mellor comedia A REVOLTA DAS SABINAS, mesmo que o mellor actor foi Manuel Albariñas e a mellor actriz Andrea Iglesias, pero os nosos actores RUBÉN CARNERO e ANTÍA COTO e de 3º ESO A, MANUEL OTERO e ANTÍA SESTELO de 3º da ESO B lograron unha posición moi notable, equivalente ao que en termos olímpicos sería estar no podio con medallas de prata e/ou bronce, aos que habería que engardir outros traballos actorais de gran calidade de OLIVER e ALEXIA de 3º A ou de BELÉN, UXÍA e  ZAIRA de 3º ESO B,  non sempre ben recoñecibles a través do tipo de votación simple que se propuxo aos espectadores. En todo caso o importante foi participar e disfroitar desta xornada onde a voz das mulleres desta volta non foi silenciada.

Non quixéramos rematar sen utilizar esta entrada no blog para agradecer agora coas palabras do profesor que nos dirixiu, o voso mestre de Cultura Clásica, o gran esforzo e a ilusión coa que tomastes este proxecto e como foi botando a andar tomando corpo aumentando en intensidade e interese e finalmente se fixo realidade. Foi moi agradable todo este proceso de ir construíndo as traxedias e as comedias, e irvos vendo medrar e medrar en compromiso e resolución. Se algo teño que destacar de todos e todas vós foi a entrega e a confianza no grupo que fostes, o máis interesante sempre o proceso o camiño duro dos ensaios que logo rematan nunha representación, que si tivo defectos (sempre os hai, sempre se pode mellorar) pero que alcanzaron todas un notable acababo. Graciñas a todos e a todas.

luns, 18 de xuño de 2018

Obras de 3º da ESO A e 3º ESO B para o concurso:

Estas son as catro obras que se presentarán ao 
1º Concurso de Teatro Clásico San Narciso: Corazón de futuro, voz de muller (2018)

                                                                                                                3º ESO A


ECO E NARCISO (Traxedia)

Unha historia de amor frustrado sobre o mito grego e a versión da Aula de Teatro San Narciso Narciso na procura do eu.

NINFAS: Antía Almeda Omil, Laura Entenza Alfonso, Alicia Ferradás
HERA: Alexia Pereira Pazos
ADIVIÑO: Oliver Loira Fernández
PAI DE NARCISO: Víctor Correa Cousiño
NAI de NARCISO: Nerea De la Torre Fariña
MOZAS : Esther Aragón Vidal, Antía Carballo, Saray García Budiño
NARCISOS: Luis Caíño, Raúl Carracelas, Francisco Estevez Acuña, Iván Fernández Cortegoso, Juan M. Montes Tobío.
NARCISO: Rubén Carnero Parada
ECO:  Antía Coto Filgueira

Música:  Guadi Galego (Espido)
DIRECCIÓN: Héctor Silveiro


PANDORA, a primeira muller (Comedia)

Unha comedia sobre a creación da humanidade na mitoloxía grega.  Os homes feitos por Prometeo e  Pandora, a primeira muller.

HESTIA:  Antía Almeda Omil
ARTEMIS:  Laura Entenza Alfonso
PANDORA:  Alicia Ferradás Orovero ( baixa por lesión) actuará no seu lugar Antía Coto.
HERA: Alexia Pereira Pazos
HERMES: Rubén Carnero Parada
PROMETEO: Juan M. Montes Tobío
EPIMETEO: Oliver Loira Fernández
XEA: Nerea De la Torre Fariña
ATENEA : Esther Aragón Vidal
AFRODITA: Antía Carballo
DEMÉTER: Saray García Budiño
HEFESTO: Raúl Carracelas
ZEUS: Francisco J. Estévez Acuña

DIRECCIÓN: Héctor Silveiro

                                                                                                                           3º ESO B

TROIANAS, botín de guerra. (Traxedia)
Sobre o texto da traxedia de Eurípides e ideas da última montaxe no teatro profesional con textos de Carme Portaceli.

POLIXENA: Belén Dominguez Moreira
HÉCUBA: Zaira Souto Vieytes
ANDRÓMACA: Carmen Núñez Millán
CASANDRA: Sandra Villaverde Dopazo
TROIANAS: Cristina Quintana,  Uxía Rosales Breasco, Antía Sestelo López
TALTIBIO: Hugo Pérez 
HERALDO: Pablo Portas Rivas
SOLDADOS GREGOS: X. Antón Alonso García, Diego Carragal, Manuel Otero Pazos, Diego Pazos, Sergio Pérez Loveira

DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO: Héctor Silveiro



ATALANTA, unha heroína nun mundo de heroes (Comedia)
Unha recreación en clave de comedia do mito de Atalanta, unha das poucas mulleres destacadas como heroinas do mundo clásico.

CAZADOR E CORREDOR: X. Antón Alonso García
MELEAGRO: Diego Carragal
HIPÓMENES: Manuel Otero Pazos
CENTAURO E SERVO:  Diego Pazos
CAZADOR: Hugo Pérez
PAI DE ATALANTA: Sergio Pérez Loveira
XABARÍL DE CALIDÓN e CORREDOR: Pablo Portas Rivas
NAI DE ATALANTA: Cristina Quintana
AFRODITA: Uxía Rosales Breasco
CUPIDO: Diego Santiago
ARTEMISA: Belén Dominguez Moreira
ATALANTA. Antía Sestelo López

DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO: Héctor Silveiro

luns, 11 de xuño de 2018

1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO


1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO


21 de xuño 2018

Lema: “CORAZÓN DE FUTURO,VOZ DE MULLER”

Sesión teatral 1ª parte de 11h-12h.  (asisten: 5,6 de Primaria e Secundaria)

-          1º ESO A:  A MULLER FALA
-          2º ESO B:  INÉS DE CASTRO

Sesión teatral 2ª parte  12,30 h.- 13,30 h. (asiste só Secundaria)

-          3º ESO B:  TROIANAS 
-          4º ESO B:  ANTÍGONA 

PREMIOS:
Mellor comedia:
Mellor traxedia:
Mellor actriz:
Mellor actor:

VOTACIÓN:
O público asistente (alumnos/as do San Narciso) 
 votará as obras representadas para escoller os premios anteditos.
As representacións están abertas aos pais e nais do centro ata cubrir o aforo do salón de actos.

ENTREGA DE PREMIOS: 13,30 Salón de actos.