luns, 13 de maio de 2024

domingo, 12 de maio de 2024

AS MULLERES E O TEATRO GREGO

A modo de introdución á actividade este anuncio:


 REDACTAR UNHA REFLEXIÓN

A partir dun texto de Irene Vallejo, a escritora que no seu libro O infinito nun xunco (sobre a invención dos libros no mundo antigo) di:

      “Quero imaxinar que houbo en Atenas unha corrente de rebeldía feminina da cal non nos fala ningún autor grego e que non figura nos libros de historia. Para rastrexar as pegadas deste quimérico movemento esquecido atrevinme a mergullarme nos textos e ler entre liñas. Aínda que nunca saberemos con seguridade se existiu, a suposición sempre me atraeu. Isto que vou exponer é só unha hipótese, pero fascíname.

      As primeiras que se sublevarían serían as heteras, é dicir, prostitutas de luxo, as únicas mulleres verdadeiramente libres da Atenas clásica. Comparables nalgúns aspectos  ás gueixas xaponesas, ocupaban un lugar ambiguo dentro da escala social, marcadas polas vantaxes e os inconvenientes da súa mala reputación vivían á intemperie, pero mantíñanse independentes. A maioría delas eran gregas nadas en Asia Menor e, polo tanto, sen dereitos de cidadanía. Na súa terra natal recibirán unha educación musical e literaria que Atenas lles negaba ás súas fillas. Obrigadas a pagaren impostos coma os homes, podían coma eles administrar os seus propios bens. Tiñan acceso aos circuítos da política e da cultura a través dos seus amantes. Non estaban sometidas á presión que soportaban as esposas atenienses, aínda que en troco estaban dobremente excluídas (por estranxeiras e mais por putas).”

 

                                                                                                  cap. 65 páx. 17


Imos redactar, desde a óptica de hoxe, e non menos dun folio, un texto  para entregar logo ao profesor vía correo electrónico, sobre o papel das mulleres no teatro grego.  

luns, 6 de maio de 2024

AGORA TOCA A COMEDIA

 



 
CUESTIÓNS:  Procura un argumento da  Lisístrata de Aristófanes ou da Asemblea de mulleres e lembra que naquel momento a Atenas clásica estaba en guerra  con Esparta e había mulleres tremendamente interesantes que puideron servir a Aristófanes como inspiración para crear a súa obra. Lembras algunha?