martes, 22 de setembro de 2026
luns, 4 de maio de 2026
luns, 29 de setembro de 2025
martes, 15 de outubro de 2024
domingo, 29 de setembro de 2024
COSMOGONÍA
CAOS E COSMOS: Xea e Urano.
COSMOGONÍA (II): Cronos e Rea. Titánides e Titáns
1º TRABALLO DO CURSO.
Sorteamos deuses/as para realizar o primeiro traballo do curso cun deus como referente. O traballo consiste en:
- Información sobre a divindade. Estruturar a información.
- Redacción escrita e ilustrada (formato dixital en power point) máximo 20 diapositivas.
- Exposición na aula no 1º trimentre. (duración aproximada 15 minutos). Non se pode ler.
domingo, 22 de setembro de 2024
O ESPAZO DA CULTURA CLÁSICA E ACHEGAMENTO AO MITO
"Unha persoa é culta cando é capaz de escoitar ao outro e
ás voces da natureza da que forma parte" Eduardo Galeano
Somos cultos ao integrar no eu ao outro e á natureza na que vivimos e da que nos alimentamos como persoas. Logo esta cuestión do ser implica unha comuñón co espazo e coa comunidade na que nacemos. Cal é o espazo da Cultura Clásica? Poderiamos pensar que Grecia e Roma, pero non, o espazo é maior. É toda Europa e tamén aquel lugar do Mediterráneo oriental onde naceu a princesa que deu nome ao continente. Imos comezar logo por debuxar ese espazo para achegarmos ao mundo antigo para logo introducirnos nunha das creacións máis orixinais e impactantes dos gregos: O mito.
ACTIVIDADE: O primeiro exercicio que propoñemos é debuxar a Europa que coñecemos incluíndo o mar Mediterráneo coas súas penínsulas: Ibérica, Itálica, Grega, Turquía... poñamos un interese especial na zona oriental deste das terras que bañan este mar.
domingo, 19 de novembro de 2023
ZEUS e O OLIMPO
INVESTIGACIÓN:
Como se configura o Olimpo, resulta realmente complexo. Imos facelo a través dunha investigación con catro puntos de partida:
A convulsa relación de Zeus con Hera.
As revoltas contra o Olimpo: Xigantomaquia e Tifonomaquia.
Deuses e deusas no Olimpo.
Apuntamentos sobre as Moiras ou Parcas (Repartidoras):
martes, 10 de outubro de 2023
DEUSES E MORTAIS
![]() |
| Pandora, a primeira muller, sabes que significa o seu nome? |
A APARICIÓN DOS MORTAIS NA MITOLOXíA GREGA. Coñecerás que hai polo menos catro versións diferentes para explicar a aparición os mortais na mitoloxía grega.
domingo, 24 de setembro de 2023
domingo, 14 de novembro de 2021
A aparición dos mortais (7ª semana e 8ª semana)
Xa sabemos como aparecen na mitoloxía grega os deuses. Pero como se explica nesta mitoloxía a aparición dos primeiros mortais? Non teñen unha única versión manexan polo menos 4 que imos coñecer a seguir. DEUSES E MORTAIS
O SEGREDO DE PROMETEO.
Voda de Tetis e Peleo. Aquiles.
luns, 27 de setembro de 2021
COMEZAMOS O CAMIÑO DA MITOLOXÍA? (3ª semana)
![]() |
| Este libro inspirou esta entrada. |
INTRODUCIÓN Á MITOLOXÍA
PERO, QUE VÉN SENDO UN MITO?
No enlace anterior atoparás actividades previas como un cuestionario inicial sobre a mitoloxía grega.
domingo, 18 de abril de 2021
Mitos de Primavera
Como contaban os gregos aos seus pequenos a orixe do cambio das estacións? Que sabes de Perséfone e Hades? Que sabes de Orfeo e Eurídice? Quen era Dafne?
Que pasou no Olimpo cando Hefesto (Vulcano) soubo que Afrodita (Venus) mantiña unha relación con Ares( Marte)?
![]() |
| Ares e Afrodita atrapados pola rede de Hefesto |
![]() |
| Venus e Adonis |
domingo, 20 de decembro de 2020
DESPOIS DO SEGREDO DE PROMETEO, DESCUBRE O OLIMPO !
Para coñecer o Olimpo, temos necesariamente que investigar sobre a complexa vida amorosa de Zeus. Imos partir da seguinte árbore xenealóxica:
A configuración do chamado Olimpo dos deuses é unha cuestión un tanto complexa que imos estudar e investigar á vez, agrupando os distintos momentos de formación do Olimpo en catro epígrafes:
- Os amores de Zeus.
- A convulsa relación entre Zeus e Hera.
- Novos ataques contra o Olimpo: Xigantomaquia
e Tifonomaquia.
- O Olimpo dos deuses.
Podes consultar estes contidos e as actividades, en AMORES DE ZEUS E OS DEUSES DO OLIMPO
martes, 15 de decembro de 2020
CAL ERA O SEGREDO DE PROMETEO?
DESCUBRE O SEGREDO DE PROMETEO: Unha historia en tres capítulos na que coñeceras unha morea de personaxes novos e algúns abrirán á vez novas e intrigantes historias sobre as que se seguen a escribir ríos de tinta. Pero comecemos o relato polo principio:
- Voda de Tetis con Peleo e a súa desgraciada descendencia.
- Paris, un principe destronado, pastor e xuíz por orde de Zeus.
Despois de ler e indagar sobre estes tres episodios xa poderás responder:
- Cal era o segredo de Prometeo?
Logo observa este cadro e responde:
- Por que cres que ten tanta transcendencia para a mitoloxía grega?
.- Localiza outras tres versións de distintas épocas deste cadro de Rubens, titulado: O Xuízo de Paris. Fíxate un par de versións moi recentes no seguinte artigo.
luns, 20 de xaneiro de 2020
O SEGREDO DE PROMETEO QUE NOS LEVA A TROIA

Materia para proba escrita da 2ª avaliación:
O SEGREDO DE PROMETEO
- O segredo de Prometeo I
- O segredo de Prometeo II
- A voda de Tetis e Peleo:

A TROIA DA ARQUEOLOXÍA
- A Troia da arqueoloxía
A TROIA DE HOMERO
- Espazos homéricos
- Lendo a Homero
- Selección de textos da Ilíada de Homero
TRABALLO PERSOAL DA 2ª AVALIACIÓN (Haberá preguntas destes apartados na proba escrita):A MIÑA PRIMEIRA VISITA AO OLIMPO:
Trátase dunha viaxe persoal e obrigada ao Olimpo para coñecer aos deuses do Panteón grecolatino.
Comezarás pola lectura e asimilación dos contidos do Tema 8 do libro páx.: 112- 125 realizando todos os exercicios correspondentes a esas páxinas.
Logo realizar un pequeno traballo de investigación a partir do Cuestionario sobre os Amores de Zeus.
xoves, 19 de setembro de 2019
O MITO DE PROMETEO (I)
martes, 24 de outubro de 2017
DESCUBRE O OLIMPO
mércores, 26 de abril de 2017
MITOS DE PRIMAVERA
10- Resume coas túas palabras o seguinte mito de primavera:
sábado, 5 de novembro de 2016
DOS AMORES DE ZEUS E DOS DEUSES DO OLIMPO
- Os amores de Zeus.
- A convulsa relación entre Zeus e Hera.
- Novos ataques contra o Olimpo: Xigantomaquia e Tifonomaquia.
- O Olimpo dos deuses.
OS AMORES DE ZEUS
Cando os irmáns e as irmás de Zeus foron liberados da bandullo de Cronos, estes fuxiron cara ao monte Olimpo considerando ao seu salvador dende ese momento pai dos deuses.
Tras da derrota dos Titáns, Zeus, como pai dos deuses,compartiu o poder cos seus irmáns e, tras dun sorteo, os dominios dos mares foron para Poseidón e o mundo subterráneo foi concedido a Hades, quedándose coa superficie terrestre e os ceos o propio Zeus. As deusas tiveron a encomenda de facilitar a vida aos mortais, por iso, Deméter sería deusa das colleitas e Hestia a do lume e o fogar. Como veremos máis adiante reservou un papel ben distinto para Hera, a máis nova das súas irmás, que permanecera durante a loita cos Titáns afastada das batallas a carón da Titánide Tetis e de Océano, o maior dos Titáns que foi neutral na Titanomaquia como o resto das Titánides.
Hera, filla de Cronos e de Rea, tras ser liberada do estómago do seu pai, dicíase que, durante a loita de Zeus contra os Titáns, fora criada polo seu tío o Titán neutral Océano e a titánide Tetis ata que casa con Zeus. Seica da promesa do casamento ata a propia voda pasou certo tempo. Hesíodo fala de Hera como a terceira muller.
Unha das cuestións máis complexas de explicar é a da súa descendencia, porque ademais dos fillos que tivo con Zeus. Algúns dos fillos desta parella nacen antes da súa voda, como por exemplo Hefesto, que hai quen afirma que non era fillo de Zeus, outros que si, que o fixo baixo a apariencia dun cuco. Outros despois Ares, Ilitía, Hebe e, tal vez, Éride (se esta non nacera da Noite como conta Hesíodo).
As frecuentes infidelidades de Zeus provocan os ciumes de Hera, que vai perseguir de forma implacable ás amantes do seu marido infiel e a súa descendencia. Un dos casos máis coñecidos desta persecución será a orixe dun dos seus símbolos, a transformación de Argos en pavo real. Zeus e Hera van ser un matrimonio mal avenido, con discusións permanentes. De aí que haxa varios momentos realmente tensos como no que hera organiza unha rebelión dos Olímpicos contra Zeus polo que vai ser severamente castigada.
CURIOSEANDO NOS AMORES DE ZEUS (I)
1- Resume nun parágrafo cada unha das historias dos 16 amores de Zeus con deusas e con mortais.
2-Procura saber e asociar as seguintes transformacións cunha das relacións de Zeus e algunha das mortais citadas máis arriba: Raio, chuvia dourada, touro branco, cisne, Anfitrión, aguia.
3-Por que ou para que Zeus se fai pasar por un cuco?
4- Hefesto era coxo de nacemento? Como se vinga da súa nai?
5-Onde se celebraron as vodas de Zeus e Hera?
6-Quen era Argos? Por que remata sendo un pavo real?
7-Cal é o símbolo que representa a Hera como deusa do matrimonio-fecundidade?
ATAQUES CONTRA O OLIMPO
Hesíodo narra tamén un intento de Xea de vingar aos Titáns. Uníndose ao Tártaro enxendra un ser terrible. Os deuses asustados foxen do Olimpo e metarmofeándose, Zeus enfrontonse en solitario cos seus raios, pero Tifón inmobilizouno cos seus espirais, cortoulle os tendóns das mans e das pernas, encerrándoo nunha cova ata que Hermes logrou recompoñer ao seu pai que, recuperada a súa forza e cos seus raios persegue a Tifón ata que finalmente conseguirá derrotalo en Sicilia colocándolle enriba o Monte Etna do que dende entón brotan bocanadas de lume.
OS DEUSES DO OLIMPO
Para rematar esta viaxe persoal ao Olimpo procura realizar un teu cadro coa lista dos deuses cos seus dous nomes (grego e latino), os seus atributos e símbolos.




































