PARA FAMILIARIZARSE COA LINGUAXE DA ILÍADA:
LOCALIZAR E LER NA ÍLIADA:
Canto I: Enfrontamento entre Agamenón e Aquiles por Briseida.
LOCALIZAR E LER NA ÍLIADA:
Canto I: Enfrontamento entre Agamenón e Aquiles por Briseida.
Canto
II ao X: Combates Menelao e Paris, Aiax
e Héctor.
Canto
XI: Avance troiano. Néstor prégalle a Patroclo para que Aquiles volva á guerra.
Cantos
XII ao XVI: Enfrontamento Héctor e Patroclo.
Cantos
XVII ao XXIV: Combate de Aquiles contra
Héctor. Encontro do Pélida Aquiles con Príamo.
Podes consultar a Ilíada na rede canto a canto ou nun texto en papel.
SOBRE OS DEUSES NA GUERRA DE TROIA:
Os deuses non están ausentes (como na versión do cinema da Troia de 2004). En Homero os deuses, como veremos, están presentes na acción narrativa como calquera outro personaxe:
Os deuses que están a favor dos gregos:
Atenea
Hera
Poseidón
Hermes
Tetis
En Homero apoian aos troianos:
Afrodita
Ares
Apolo
Artemis
Leto
Escamandro
Veremos a continuación un anaquiño do canto IV
Combate Menelao e Paris:
Afrodita tras salvar a Paris dunha morte segura a mans de Menelao, lévao xunto a Helena tras das murallas. Esta chama covarde a Paris e dille:
Combate Menelao e Paris:
" E brandindo a longa lanza, acertou a dar no escudo liso do Priámida. A inxente lanza atravesou o terso escudo, cravouse na labrada coiraza e rachou a túnica sobre a perna. Inclinouse o troiano e evitou a negra morte. O Átrida sacou entón a espada adornada de arxénteos cravos; pero ao ferir ao inimigo na á do casco, caéselle da man, rota en tres ou catro anacos. Suspira o heroe, e alzando os ollos ao extenso ceo, exclama:
— Pai Zeus, non hai deus máis funesto ca ti! Esperaba castigar a perfidia de Alexandre, e a espada quebra nas miñas mans, a lanza resulta inútil e non consigo vencer.
Di e arremetendo a Paris, cóllelle polo casco adornado con espesa crinas de cabalo e arrástrao cara aos aqueos de fermosas grebas, medio afogado pola bordada correa que, atada por debaixo da barba para asegurar o casco, abafáballe o delicado pescozo. E sería levado, conseguindo inmensa gloria, se non o advertise Afrodita, filla de Zeus, que rachou a correa, feita do coiro dun boi degolado: o casco baleiro seguiu a robusta man, o heroe volteouno e botoullo aos aqueos, de fermosas grebas, e os seus fieis compañeiros recollérono. De novo asaltou Menelao a Paris para matalo coa lanza de bronce; pero Afrodita arrebatou ao seu protexido con gran facilidade, por ser deusa, e levouno, envolto en densa néboa, ao recendente e perfumado tálamo. Logo foi a chamar a Helena, atopándoa na alta torre con moitas troianas; tirou suavemente do seu perfumado veo, e tomando a figura dunha anciá tecelá que en Lacedemonia lle preparaba a Helena fermosas teas e era moi querida de esta."
Afrodita tras salvar a Paris dunha morte segura a mans de Menelao, lévao xunto a Helena tras das murallas. Esta chama covarde a Paris e dille:
— "Vés da loita... E
deberías
perecer
a mans do esforzado
varón que foi o meu anterior
marido! Dicías ser superior a Menelao, caro a Ares en forza y no uso da lanza;
pois provócalle de novo a
singular combate. Pero non: mellor que
desistas, e
non queiras pelexar nin contender
temerariamente co loiro Menelao;
non
sexa que axiña sucumbas,
ferido pola súa lanza.
Contestou Paris:
—Muller, non me botes
en cara
amargas
críticas.
Hoxe venceu Menelao
co auxilio
de Atenea; outro día vencereille eu, pois tamén temos deuses que
nos protexen…."
CUESTIÓN. A TÚA SELECTA: Escolle dous dos momentos que se indican arriba na trama da obra de Homero e localiza os textos na Ilíada como acabamos de facer co combate de Menelao e Paris para transcribilos no teu diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario