Imos traballar
sobre a realidade arquoelóxica e histórica de Micenas e de Troia para así
interpretar logo o mito da Guerra de Troia coas claves antropolóxicas e literarias
que ten.
Un documental da BBC realizado pouco antes da estrea nos cines da última versión
de Hollywood sobre este famoso evento, pode servirnos de punto de partida para esta pequena investigación. Homero din que viviu no 700 a.C. (século VIII a,C.) cando xa pasaran uns 400 anos da que,
segundo os arqueólogos, puido ser a famosa guerra de Troia (arredor do 1200
a.C.):
1º Existiu
realmente Troia? Esta antiga cidade foi localizada no século XIX, tras
perdérselle a pista durante séculos e crer que era unha cidade ficticia
inventada por Homero. Quen levou a fama desta reaparición de Troia? Foi H.Schliemann. Pero como o logrou? Que outras excavacións de importancia fixo? O
tesouro que el chamou de Príamo, rei troiano, ou a máscara de Agamenón, rei
grego de Micenas, pertenceron realmente a estes personaxes? Que dúbidas lle quedaron por resolver tras da súa escavación en Troia?
Carl Blegen |
Pero serían escavacións máis recentes as do ano 1992 as que aportan datos máis clarificadores sobre unha posible guerra de Troia, a descuberta dunha cidade de dimensións máis grandes e acordes coa que aparece nos textos de Homero. Lembra os datos do documental visto para responder a estas preguntas.
A Troia descuberta nos anos 90 pola arqueoloxía. |
3º Existiron
realmente Helena, Menelao, Agamenón, Aquiles, Príamo ou Paris? Parece ser que
os estudos dos textos Hititas xunto con datos arqueolóxicos ofrecen información
sobre algúns destes personaxes. Nestes textos tanto a cidade de Troia que aparece baixo
a denominación hitita de Wilusa (que transcrito ao grego daria Ilios ou Ilión, nome co
que se denomina Troia. Lembra que o poema homérico chámase precisamente A
Ilíada, porque narra unha parte da guerra de Ilión). Tamén aparece un rei
denominado Alaksandu, que ben podería ser Alexandre, é dicir, o outro nome de
Paris. Mesmo citan aos seus inimigos o rei de Ahijawa (que podería ser Acaia, é
dicir os aqueos, unha das denominacións dos gregos).
1- A que fose
certo o mito, unha trampa de Odiseo.
2- A que sexa
unha metáfora dun terremoto, Poseidón era o deus do mar e dos terremotos, cuxo
animal é o cabalo.
3- A que sexa
unha arma de asalto en forma de cabalo que permitira entrar en Troia aos
gregos.
PARA SABER MÁIS podes ver outros documentais: A verdadeira historia sobre Troia ou se o prefires
estoutro, menos interesante e centrado máis no contido da Ilíada de Homero e
titulado: Troia, mito ou realidade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario