domingo, 14 de febreiro de 2016

LENDO A ILÍADA DE HOMERO (I)

Por que a Ilíada de Homero comeza no noveno ano de asedio da cidade de Príamo?

O seu tema central será:  a cólera de Aquiles !
Así comeza  A Ilíada de Homero: Estamos xa no noveno ano do asedio da cidade de Troia.

Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles; cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos e precipitou ao Hades moitas almas valorosas de heroes, aos que fixo présa de cans e das aves de rapina —cumpríase así a vontade de Zeus —desde que se separaron disputando o Atrida, rei de homes, e o divino Aquiles..
Cal dos deuses promoveu entre eles a contenda para que pelexaran? O fillo de Zeus e de Letó. airado co rei, suscitou no exército maligna peste e os homes perecían pola ultraxe que o Atrida infrinxiu ao sacerdote Crises. Este, desexando redimir a súa filla,  presentouse nas rápidas naves aqueas cun inmenso rescate e as ínfulas do frechador Apolo que pendían de áureo cetro, na man; e a todos os aqueos, e particularmente aos dous Atridas, caudillos de pobos, así lles suplicaba:

 —¡Atridas e demais aqueos de fermosas glebas! Os deuses, que posúen olímpicos palacios, os permitan destruír a cidade de Príamo e regresar felizmente á patria. Poñede en liberdade a miña filla e recibide o rescate, venerando ao fillo de Zeus, ao flechador Apolo.
 Todos os aqueos aprobaron a voces que se respectase ao sacerdote e se admitira o espléndido rescate: mais o Atrida Agamenón, a quen non agradou o acordo, enviándolle de malas formas con ameazadora linguaxe:
 —Que eu non te atope, ancián, cerca das cóncavas naves, xa porque demores a túa partida, xa porque volvas logo; pois quizás non che vaian o cetro e as ínfulas do deus. A ela non a soltarei; antes lle chegará a vellez na miña casa, en Argos, lonxe da súa patria, traballando no tear e compartindo o meu leito. Pero vaite; non me irrites, para que poidas irte san e salvo.
 Así dixo. O anciá sentiu temor e obedeceu o mandato. Sen despregar os labios, foise pola beira do estrondoso mar, e en tanto se marchaba, dirixía moitos rogos ao soberano Apolo, fillo  de Letó, a de fermosa cabeleira:
—Óeme, ti que levas arco de prata, protexes a Crisa e á divina Cila, e imperas en Ténedos poderosamente! Oh Esmintio! Se algunha vez adornei o teu agraciado templo ou queimei no teu honor grosas coxas de touros ou de cabras, cúmpreme este voto: ¡Paguen os dánaos as miñas lágrimas coas túas frechas!
 Tal foi a súa pregaria. Oíndoa Febo Apolo, e irritado en su corazón, descendeu dos cumios do Olimpo co arco e o cerrado carcax ás costas; as setas resoaron sobre os ombreiros do anoxado deus, cando comezou a moverse. Ía parecido á noite. Sentouse lonxe das naves, tirou unha frecha, e o arco de prata deu un terrible estalido. Ao principio o deus disparaba contra as mulas e os áxiles cans; logo dirixiu as súas mortíferas setas aos homes, e continuamente ardían moitas piras de cadáveres.
 Durante nove días caían sobre a tropa as frechas do deus. No décimo, Aquiles convocou ao pobo para unha xunta: púxollo no corazón Hera, a deusa dos níveos brazos, que se interesaba polos dánaos, a quen vía morrer. Acudiron estes e, unha vez reunidos, Aquiles, o dos pés lixeiros, ergueuse e dixo:
—¡Atrida! Creo que teremos que volver atrás, indo outra vez errantes, se escapamos da morte; pois se non, a guerra e a peste unidas acabarán cos aqueos. Mais, ea, consultemos a un adiviño, sacerdote ou intérprete de soños —tamén o soño procede de Zeus— para que nos diga por qué se irritou tanto Febo Apolo: se está queixoso con motivo de algún voto ou hecatombe, e se queimando como agasallo graxa de cordeiros e de cabras escollidas, quererá apartar de nosoutros a peste..."


DESPOIS DE LER...

Despois de ler os primeiros versos do Canto I da Ilíada, xa podemos ir analizando o estilo con que están escritos, por exemplo, reparar nas denominadas fórmulas épicas ou epítetos que con cada nome se van repetindo:

Aquiles será:  O Pélida Aquiles, o divino Aquiles e Aquiles, o dos pés lixeiros por que cres que recibe estes epítetos? 

Procura a continuación saber quen son:
Aqueos:                                                                             Dánaos:
Hades:
Zeus:
Atrida, rei de homes                             e os dous Atridas?

Quen é Príamo:
O fillo de Zeus e Leto:                                      por que era o frechador?:


Crises, sacerdote de Apolo solicita a cambio dun rescate a  devolución da súa filla Criseida, escrava de Agamenón
De que deus é  sacerdote  Crises:                                                Como se chamará a súa filla?
Que querían facer coa filla do sacerdote  os aqueos:                                      
 Pero que quería Agamenón, o seu rei?
 Cal era o trato que lle esperaba a unha muller botín de guerra?
Cal foi a reacción de Crises?

Febo Apolo (cal é a orixe destes dous nomes do deus)?                                  E Esmintio?

Que é o Olimpo:
Un sinónimo de frecha que empeza por s-

Pira vén do grego pur e significa:

Quen era Hera, a deusa dos níveos brazos:

 Con que bando estaba na Guerra de Troia que duraba xa nove anos?

Xa levaban nove días de peste e matanzas.
Quen convoca unha asemblea? 
                         
Por que razón vai a encolerizarse Aquiles? Se cadra para respostar tes que seguir lendo o Canto 1 . Para seguir lendo o canto 1.

Agamenón quítalle a escrava Briseida a Aquiles, quen  logo se negará a pelexar  contra os troianos.

Os  aqueos discuten logo por unha escrava que  en realidade  son dúas!



1 comentario: