Tras dez longos anos dunha
guerra interminable os gregos conseguen tomar Troia mediante a
famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente
un cabalo de madeira no que un grupo de gregos se agochan, finxindo que
abandonaran a guerra e que o cabalo era un agasallo ou ofrenda aos deuses e símbolo de rendición. Cando
os troianos se emborrachan e cae a noite, dormen trala celebración do seu suposto
triunfo. Entón os gregos agochados no seu interior saen do cabalo, abren as portas ás súas tropas que matan a todos os troianos, destrúen e
incendian a cidade.
Tras da caída de
Troia na épica grega de Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran
presenza os regresos da guerra a Grecia. O regreso de Agamenón e
de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de
Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obxecto de
diversas versións que logo servirán para darlle pulo a un novo xénero que vai
nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica.
Falamos do Teatro.
Mais antes de ir
na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos
autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando
con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura
posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de
Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata
a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse.
Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por
excelencia.
A NOSA ODISEA PERSOAL
No libro de texto na páxina 50, actividade 4, podes atopar un resumo da vida deste heroe que recomendamos leas antes de comezar a túa propia Odisea para o que debes responder ás seguintes cuestións:
1- Unha cuestión
previa sobre o seu cabalo é saber quen era Laoconte e por que unha serpe mariña
lle vai atacar. Observa a imaxe deste adiviño desafortunado e conta que lle sucedeu..
Vaiamos logo
informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros
caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?
2- A Odisea de
Homero pode dividirse en tres partes:
-Telémaco na
procura do seu pai (cantos I-IV)
-Odiseo no país
dos Feacios (cantos V-XII)
-O retorno a
Ítaca.(cantos XIII-XXIV)
A primeira parte
da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Procura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos ( I - IV). Estas preguntas poden axudarte:
Quen mantiña
retido ao seu pai nunha illa? (Podes atopar unha resposta no canto V no diálogo inicial entre os deuses).
Que problema
había en Ítaca ante a ausencia prolongada de Odiseo?
AS AVENTURAS DE ODISEO
3- Entrando na
segunda parte da Odisea, enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na
illa de Calipso e que son narradas por el mesmo estando no país dos Feacios.
Quen é Nausícaa?
ver canto VI
4-Sobre o CANTO VIII
En que lugar se
encontra Odiseo?
Como se chaman os
seus habitantes?
Cal é o epíteto
ou fórmula con que se acompaña a este xentilicio?
Como se chama o
rei deste lugar?
Que deusa lle
axuda baixo apariencia mortal?
Que xogos
contempla Odiseo?
Participa
nalgunha competición?
Neste canto
Homero lembra por boca dun aedo os amores adúlteros de dous deuses (narra ti esta
historia brevemente).
Que agasallos
recibe Odiseo?
Despois do baño
con que personaxe feminino se atopa e fala? Que lle agradece?
Logo canta o
aedo. Que levan os teucros a súa agora?
Alcinoo observou
a Odiseo chorar e súplicalle que lle diga que cousa?
5- No canto IX
Odiseo di:
"Que cousa
relatarei en primeiro termo e cal en último lugar, sendo tantos os infortunios
que me enviaron os celestiais deuses? Primeiro, quero dicirvos o meu nome para
que o saibades, e en adiante, despois que me librar do día cruel, sexa eu o
voso hóspede, a pesar de vivir nunha casa que está moi lonxe. Son Odiseo
Laertíada, tan coñecido dos homes polas miñas astucias de toda clase."
Que relata o
heroe a seguir?
Que pasa cos
cicóns e cos lotófagos?
Quen é Polifemo?
Cantas naves había?
De onde sacaran o
viño?
Cando aparece
Polifemo e que desastre provoca antes de quedar durmido?
Porque nese intre
non o mata Odiseo?
Ao día seguinte
que ocorre?
Como di chamarse
Odiseo ante Polifemo?
Como saen
finalmente da cova?
Cal é o designio
final de Polifemo?
6 -Sobre o Canto X
Quen é Eolo?
Resume os encontros con Eolo e o seu resultado diverso.
Quen é a maga que
coñece a continuación?
Que lle ocorre a
algúns dos compañeiros de Odiseo?
Como consegue o
noso heroe saír desta difícil situación?
Quen lle di estas
palabras?
«"Fillo de
Laertes, de linaxe divino, Odiseo rico en ardides, non permanezades máis tempo
no meu palacio contra a vosa vontade. Antes tedes que levar a cabo outro viaxe;
tes que achegarte á mansión de Hades e a terrible Perséfone para pedir oráculo
á alma do tebano Tiresias, o adivino cego, cuxa mente aínda está inalterada.
Pois só a este, incluso morto, concedeu Perséfone ter conciencia; que os demais
amósanse como sombras."
7-Sobre o canto XI.
Cara a que lugar
se encamiña?
A quen busca
neste lugar?
Este personaxe
dálle dúas opcións ao futuro da súa tripulación? cales son e de que depende un
resultado ou o outro?
Odiseo que lle
pregunta a súa nai naquel lugar?
Tamén está alí
Agamenón, que é o que este lle narra a Odiseo?
E Aquiles, que
lle conta ao rei de Ítaca?
8- Sobre o canto XII
Neste canto se
contan catro aventuras máis que deberás relatar brevemente.
As imaxes que aparecen a caron deste texto que aventura cres que representan:
As imaxes que aparecen a caron deste texto que aventura cres que representan:
9- Na terceira parte da Odisea: Como logra
Penélope dilatar a elección dun novo esposo entre os pretendentes que a rodean?
10- Que deusa lle
axuda a Odiseo a non ser recoñecido polos seus en Ítaca?
Pero que tres
personaxes e que animal o recoñecen e como lle axudan na súa vinganza?
11- Como remata
finalmente cos pretendentes de Penélope?
12- Finalmente
repara no tema dun poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca,tras da súa lectura resume coas túas palabras o que cres que nos quere comunicar o seu autor:
Moi ben planteado
ResponderEliminaristmo non entendinño moi buen eh hector
ResponderEliminar