Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de marzo de 2025

A ORIXE DO TEATRO EN GRECIA

Para saber como nace o teatro en Grecia e a súa evolución desde un ritual relixioso de culto a Dionisos debemos viaxar á Atenas de 2600 anos atrás. Farémolo a través do seguinte enlace: 

 A ORIXE DO TEATRO 

Dionisos e un sátiro


VISUALIZAMOS UNHA TRAXEDIA




I-    Lectura ANTÍGONA, é unha obra de _____________________

I)   Cal é o punto de partida da obra que se desenvolve en_________? Lembra as palabras iniciais de Creón.                 

II)                   Define a Ismene e a Antígona:

III)                  En qué consiste o agón entre Antígona e Creón? Por qué discrepan Creón e Antígona.

 .

IV)                 Por qué  Creón menosprecia as palabras de Hemón:

V)                   Resume o final da traxedia a partir da discusión de Creón co adiviño Tiresias.

VI- Reparamos nos coros de Antígona: Como aparecían na versión que visualizamos?

"Moitos son os misterios, pero nada máis misterioso que o ser humano...de só un mal non escapa, o da morte."

VII- Por que podemos representar a Antígona como unha muller do século XX ou XXI? Razóao con máis dun argumento.




AGORA TOCA UNHA COMEDIA



CUESTIÓNS: 
1º Procura un argumento de Lisístrata ou da Asemblea de mulleres. ambas comedias de Aristófanes e lembra que naquel momento, cuando se representaron por vez primeira, Atenas estaba realmente en guerra con Esparta. 
2º Habería tamén en Atenas algunha muller tremendamente interesante que puidese servir de modelo, inspiración e de crítica a Aristófanes para escribir estas obras? Indaga sobre a figura de Aspasia 


luns, 17 de xuño de 2024

THEATRUM MUNDI

 


Imos entrar para rematar o curso e recomendar lecturas clásicas  no mundo dos tópicos literarios que Grecia e Roma expostaron a todas as litearturas do mundo. 

THEATRUM MUNDI: A vida concibida como un teatro cuxos/as protagonistas son os propios seres humanos que teñen un papel predestinado.  Parece ser que Epicteto o filósofo escravo grego foi a orixe deste tópico. 


Lembrando como comezaba o curso: 

Cultura Clásica

Aula latina


Un camiño este dos tópicos realmente interesante que con frecuencia se expresa en latín, aínda que ten no grego unha fonda relación co grego clásico. Por exemplo o famoso Carpe diem ten o seu correspondente grego. 

domingo, 12 de maio de 2024

AS MULLERES E O TEATRO GREGO

A modo de introdución á actividade este anuncio:


 REDACTAR UNHA REFLEXIÓN

A partir dun texto de Irene Vallejo, a escritora que no seu libro O infinito nun xunco (sobre a invención dos libros no mundo antigo) di:

      “Quero imaxinar que houbo en Atenas unha corrente de rebeldía feminina da cal non nos fala ningún autor grego e que non figura nos libros de historia. Para rastrexar as pegadas deste quimérico movemento esquecido atrevinme a mergullarme nos textos e ler entre liñas. Aínda que nunca saberemos con seguridade se existiu, a suposición sempre me atraeu. Isto que vou exponer é só unha hipótese, pero fascíname.

      As primeiras que se sublevarían serían as heteras, é dicir, prostitutas de luxo, as únicas mulleres verdadeiramente libres da Atenas clásica. Comparables nalgúns aspectos  ás gueixas xaponesas, ocupaban un lugar ambiguo dentro da escala social, marcadas polas vantaxes e os inconvenientes da súa mala reputación vivían á intemperie, pero mantíñanse independentes. A maioría delas eran gregas nadas en Asia Menor e, polo tanto, sen dereitos de cidadanía. Na súa terra natal recibirán unha educación musical e literaria que Atenas lles negaba ás súas fillas. Obrigadas a pagaren impostos coma os homes, podían coma eles administrar os seus propios bens. Tiñan acceso aos circuítos da política e da cultura a través dos seus amantes. Non estaban sometidas á presión que soportaban as esposas atenienses, aínda que en troco estaban dobremente excluídas (por estranxeiras e mais por putas).”

 

                                                                                                  cap. 65 páx. 17


Imos redactar, desde a óptica de hoxe, e non menos dun folio, un texto  para entregar logo ao profesor vía correo electrónico, sobre o papel das mulleres no teatro grego.  

luns, 6 de maio de 2024

AGORA TOCA A COMEDIA

 



 
CUESTIÓNS:  Procura un argumento da  Lisístrata de Aristófanes ou da Asemblea de mulleres e lembra que naquel momento a Atenas clásica estaba en guerra  con Esparta e había mulleres tremendamente interesantes que puideron servir a Aristófanes como inspiración para crear a súa obra. Lembras algunha?




domingo, 14 de abril de 2024

VISUALIZAMOS UNHA TRAXEDIA


AS TROIANAS  de Eurípides versión cinematográfica antiga.  

Versión de teatro profesional moderna:

Versión teatral semiprofesional

EDIPO REI


ANTÍGONA de Sófocles, versión cinematográfica antiga.


Antígona versión teatral moderna:









martes, 27 de febreiro de 2024

A ORIXE DO TEATRO

A máscara un elemento esencial do teatro greco-latino a estudar para comprender a súa orixe

A máscara dentro de calquera ritual ancestral era unha ferramenta que utilizaba un chamán para identificarse coa deidade á que interpelaba. O coro grego (un grupo de homes con máscaras que danzaban na honra do deus Dioniso) executaba un ritual relixioso e festivo usando como elemento de conexión e fusión co deus as máscaras entre outros elementos representativos dese deus. Parece ser que as mulleres foron de vello relegadas deste ritual porque un dos atributos destacados era a virilidade.

Sigamos os pasos pertinentes para ver como nacen a traxedia e a comedia froito destes festivais relixiosos que foron cobrando máis e máis importancia a medida que se ía introducindo este deus oriental entre os gregos e o seu culto a partir do século VII-VI a.C. Pasemos a traballar sobre:

O TEATRO, INVENTO DOS GREGOS.

xoves, 16 de xuño de 2022

IV CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

 Hoxe tivo lugar o IV Concurso de TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO.  Representamos finalmente dúas traxedias e dúas comedias, lamentablemente a obra que preparabamos en 4ºda ESO non puido culminarse, pero si que o fixeron as  dos alumnos e alumnas de 3º ESO A e 3º ESO B.

                                                       TRAXEDIAS

EDIPO REI  adaptación do texto de  Sófocles

Actuaron  baixo a dirección de Héctor Silveiro os seguintes alumnos/as de 3º ESO A

EDIPO: Dani Malvar

IOCASTA: Alejandra Blanco

ANTÍGONA: Sara Fragueiro

ISMENA: Sara Catalán

CREÓN: Samuel Rey

TIRESIAS: Hugo Torío

LAIO: Pablo Maquieira

PÓLIBO: Alejandro Díaz

MÉROPE: Claudia Vázquez

PITONISA: Paola Rosales

MENSAXEIRO TEBANO: Dani Area

PASTOR CORINTIO: Hugo Chornet

ESFINXE DE TEBAS: Daniela Vilán

SOLDADO DE LAIO: Mario Silva

TEBANO 1: David Graña

TEBANO 2: Abel Martínez

NODRIZA: Sabela García









TROIANAS adaptación do texto de Eurípides

Actuaron baixo a dirección de Héctor Silveiro os seguintes alumnos/as de 3º ESO : 

POLIXENA. Rocío López
HÉCUBA: Carla Núñez
CASANDRA: Mar Madero
ANDRÓMACA: Greta Sampedro
TALTIBIO: David Fuentes
HERALDO GREGO: Brais Jul
TROIANAS: Claudia Cárcer, Alba Capa, Sara Fraile, Milena Honcharova e Kima Khachatrian
SOLDADOS GREGOS: Alejandro Sanmartín, Alejandro Acuña, Iago Otero e Victor Veloso





















COMEDIAS 

A REVOLTA  DAS SABINAS adaptación das lendas da fundación de Roma

Actuaron  baixo a dirección de Héctor Silveiro os seguintes alumnos/as de  3º ESO A:

HERSILA: Noa Pazos
RÓMULO: Dani Area
TITO TACIO: Pablo Maquieira
SABINAS: Sabela García, Paola Rosales, Sara Catalán, Sara Fragueiro, Claudia Vázquez, Daniela Vilán e Alejandra Blanco.
ALBANOS: Hugo Torío, Hugo Chornet, David Graña, Alejandro Díaz
SABINOS: Abel Martínez, Mario Silva, Dani Malvar, Samuel Rey

















INTELIXENCIA OU AMOR adaptación de dúas aventuras da Odisea de Homero con humor
 
Actuaron baixo a dirección de Héctor Silveiro os seguintes alumnos/as de 3º ESO B: 

ATENEA: Alba Capa
AFRODITA: Claudia Cárcer
ULISES: Samuel López
POLIFEMO: Brais Sestelo (coa colaboración de Ángel Bugallo e David Fuentes) 
POLITES: Óscar Mathieu
EURÍLOCO: Eloy Acuña
SOLDADO: Victor Veloso
ODISEO: Guille Ramos
MARIÑEIROS: Alejandro Sanmartín, Alejandro Acuña, Victor Veloso e Iago Otero
VOCES DE CICLOPES: Alberto Loira e Brais Jul
SONS NA COVA DE POLIFEMO: Iago Otero, Carla Núñez, Mar Madero
SEREAS: Greta Sampedro, Rocío López, Milena Honcharova e Kima Khachatrian

* Deseño do Ciclope Polifemo: Teresa González




























                                                                     PREMIOS

Foron o xurado da presente edición do curos 2021-22 Ángela Rosales e Mar Madero, dúas ex-alumnas do noso centro que pasaron no seu día pola experiencia da Aula de Teatro San Narciso, acordando outorgar os seguintes premios do  IV Concurso de Teatro Clasico San Narciso:   

PREMIO Á MELLOR TRAXEDIA:   EDIPO REI interpretada por 3º ESO A



PREMIO Á MELLOR COMEDIA:  INTELIXENCIA OU AMOR interpretada por 3º ESO B



PREMIO AO MELLOR ACTOR:  DANIEL MALVAR SIMES de 3º da ESO A polo seu papel na traxedia de Edipo Rei.

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ: CARLA NÚÑEZ DE LA PEÑA de 3º ESO B polo seu papel na traxedia Troianas.