xoves, 28 de novembro de 2019

GALAICOS: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS



Comeza aquí a viaxe á Gallaecia da Prehistoria:

-          Facernos donos da nosa prehistoria 1ª parte. Galaicos: A Exposición



-          Comezo dun camiño entre dous mundos, o da prehistoria e a nosa historia como pobo.
-          O comezo dun traballo de investigación sobre a prehistoria e o Mundo dos Castros e Romanización no Morrazo ata a conversión de Galicia como reino medieval.





1 -       A importancia da arqueoloxía (restos pétreos, cerámicos e metálicos) Por exemplo na exposición  Galaicos. serven para revisar a nosa visión do mundo antigo. Fíxate na seguinte ilustración do libro de 1º da ESO. Que textos cambiarías despois de ver a exposición?




2 -      Orixe e procedencia da cultura castrexa. Da Idade de Bronce á de Ferro. O camiño dos petróglifos aos castros.














3 -       Procurar unha definición.















4




























4-Que territorio ocupaba esta cultura na Península Ibérica. 
5 -      Etapas polas que pasa a través do tempo, canto durou, con que outras culturas se relacionaba?





6-      A sociedade dos castros (como vivían?).



7-      A relixión castrexa, que sabemos dela e como o sabemos?




8 -       Principais transformacións froito da Romanización.


9-      Mitos populares acerca dos castros.
10-     Proposta de  traballo de investigación: Galaicos/as no Morrazo


     A modo dunha primeira valoración da nosa experiencia na Exposición:

 GALAICXS

  Exposición
    É unha exposición para analizar a importancia da nosa primeira gran cultura, a cultura dos castros e a súa evolución ao longo de arredor de 2000 anos, partindo da prehistoria, a aparición do pobo que os romanos denominaron Galaicos, reparando na romanización e comezo do influxo do cristiá. Unha análise que repara especialmente na relación fundamental para a comprensión global deste pobo que pivota entre dous mundos: o Atlántico e o Mediterráneo. Imos fixarnos nesta Exposición nos restos arqueolóxicos que rescatamos nunha serie de excavacións da Provincia de Pontevedra que tanto serán restos pétreos, metálicos ou cerámicos

  Ámbitos
1- CAMPESIÑOS E GUERREIROS? IDADE DE BRONCE FINAL (1.500-800 a . n. e)
Exposición Galaicos, en primeiro plano o Casco de Leiro.
      A primeira das pezas que serven de introducción á Exposición, un obxecto de ouro que pode ser un casco (Casco de Leiro) da idade do Bronce  que é moi representativo da influencia atlántica. Algo similar podemos dicir do denominado Tesouro de Caldas que tamén se corresponde ao período dos petróglifos, arte rupestre atlántica a primeira fórmula de domesticación da paisaxe realizando marcas territoriais.
     Por outra banda, comezan as evidencias dun contacto co sur pola aparición dos depósitos ou atesouramentos de machadas de bronce ou das ofrendas de espadas nas concas do río Ulla.

2- POBOADOS FORTIFICADOS. IDADE DE FERRO (800-400 a . n. e.)

    O nacementos dos castros  no comezo do primeiro milenio, primeiro asentamento sedentario que modifica a vida seminómade de finais do Bronce e a introdución do Ferro ( a  coitela falcata do Castro Alobre).
Guerreiro galaico
Recreacción da entrada a un castro

3- O ATLÁNTICO ÁBRESE AO MEDITERRÁNEO (400-19 a. n. e)

     A apertura e rutas comerciais que unían o Mediterráneo co Atlántico , industria da salazón existente antes da romanización (A Lanzada) documentada por pezas cerámicas púnicas ou cartaxinesas que procuran novas rutas pola presión dun imperio, o de Roma,  que acababa de nacer e tardaría en facerse dono deste territorio do Noroeste peninsular.



   4-NA ESFERA DE ROMA: GALLAECIA. SÉCULOS I-III

Monte do Facho 

Os romanos que levaban tempo detrás das rutas do estaño  comezan  no ano 137 a.n.e. as súas incursións no territorio que logo de incorporado ao Imperio chamarán Gallaecia, rematando ese proceso de conquista coas denominadas guerras cántabras  (29-19 a.n.e.) o que supuxo unha chea de transformacións nos modos de vida da poboación castrexa dende a aparición das tellas nas edificacións até a latinización ( aras que dedicadas a deuses indíxenas están escritas en latín así como as estelas, uso de cerámicas, moedas, etc…)

5-A PROVINCIA DE GALLAECIA. FINAIS DO SÉCULO IV-VI


Gallaecia xa está integrada na cultura romana e será o Cristianismo un elemento integrador que estenda a latinización definitivamente. Remata esta viaxe pola  antigüidade coa chegada convulsa dos Suevos e a creación do 1º reino medieval de Europa, o Reino Suevo que adopta as fórmulas romanas e unha forte compoñente critstiá, como demostra a poderosa organización parroquial galega que aínda persiste.

Chrismón de Quiroga

DE CRETA A MICENAS

AS PRIMEIRAS ETAPAS DA HISTORIA DE GRECIA ANTIGA

CRETA E MICENAS

a) Espazos
b) Como vivían os/as cretenses?
Pinturas murais do Palacio de Cnossos. Unha das influencias exipcias nótase na cor dos homes (vermello) e das mulleres (branca)-
Representación das acrobacias de homes e mulleres sobre o touro en Creta.


c) Arthur Evans e o lineal A
d)  Creta e a Mitoloxía.
e)  Dédalo e Ícaro.
f)   Da Casa de Asterión de Borges ao Labirinto de Picasso.
g) As invasións Indoeuropeas: Os Aqueos en Micenas

sábado, 2 de novembro de 2019

Día de Defuntos no país dos mortos


 Comezamos o noso achegamento á antigüidade da nosa Terra cun pequeno apuntamento no Día de Defuntos na GALLAECIA, esa terra considerada dende vello o país dos mortos.

 EPIGRAFÍA: Os mortos tamén falan.  Aprenderemos que é a epigrafía, que é unha estela, cal é e súa estrutura e traduciremos algunha estela.

luns, 23 de setembro de 2019

COMO IMOS TRABALLAR no 2019/20

A materia de Cultura Clásica imos a avaliala do seguinte xeito:
1º Un 40 % da nota sairá do Diario de Cultura: Unha serie de actividades e proxectos (individuais na maior parte) que se realizarán e actualizarán unha vez á semana habitualmente, remitindo os resultados ao correo electrónico do blog. e,  ás veces, poñendo en común algunha das actividades na aula (exposición de traballos).

2º Un 60 % da nota en diversas probas escritas, que haberá que aprobar para poder sumar a nota dos traballos do Diario.

En xeral, o Diario de Cultura Clásica desenvolverá contidos que se proporán na aula a cada alumno/a  integrando a información que se atopa no blog como a que se pode consultar no libro, sendo ambos o punto de partida dos traballos a realizar.


MATERIA DO 1º AVANCE

Comezamos o curso 2019/20 coa UNIDADE 0, a modo de introdución que complementamos cun primeiro traballo sobre un mito ( PROMETEO E A LIBERDADE (I)) e un apéndice sobre a influencia da Cultura Clásica nos nomes da clase, reflexión coa que xunto co cómic do mito debes incorporar xa ao teu Diario Persoal de Cultura Clásica.

A UNIDADE I:
 O MARABILLOSO INVENTO DAS LETRAS E A LONGA VIDA DAS LINGUAS: Ímola traballar usando xa o libro de texto, pero dándolle o noso toque persoal (moita atención aos enlaces que deberás ir consultando e respondendo ás cuestións que neles aparezan):

A) Comezamos polo invento da escrita, como fórmula de comunicación do pensamento ata chegar ao alfabeto. No libro de texto lemos e realizamos os exercicios que nos propoñen nas páxinas 17,18, 16  e 19. En relación aos soportes traemos un comentario:   Sócrates e a escrita.

B) Logo falaremos das linguas do mundo a súa evolución e a súa desaparición. repararemos especialmnete na denominada familia lingüística indoeuropea.  No libro as páxinas de lectura e exercicios correspondentes (estes exercicios deberán aparecer no Diario persoal) son: 10,11,12, 13, 14 e 15.

Como ponte entre esta unidade e a seguinte repara na xeografía do Mediterráneo o territorio no que nace e se desenvolve a Cultura Clásica (podes ir botándolle unha ollada aos mapas do tema 1 e 2 do libro)

xoves, 19 de setembro de 2019

O MITO DE PROMETEO (I)


PROMETEO, O TITÁN AMIGO DOS HOMES

Prometeo creando ao home.

Quam satus Iapeto, mixtam pluvialibus undis,
Finxit in effigiem moderantum cuncta deorum,
Pronaque cum spectent animalia cetera terram,
Os homini sublime dedit caelumque videre
Iussit et erectos ad sidera tollere vultus…
Tellus induit ignotas hominum conversa figuras.
                                 OVIDIO Metamorphoses, I 82-88

Coa terra amasada en auga de chuvia o fillo de Xápeto
crea figuras co molde dos deuses que todo o controlan.
Se ben os demais animais ollan á terra inclinados
fíxolle ao home un rostro altivo e que ao ceo altivo mirase
dispuxo e cara ás estrelas alzase ergueita cabeza…
Así a Terra remodelada vestiuse de imaxes estrañas de homes.

Consultando o seguinte texto en PDF. Realiza un cómic do mito de Prometeo (1ª parte)









LIBERTAS ET COGNITIO

 UNIDADE O: LIBERDADE E COÑECEMENTO/
 LIBERTAS ET COGNITIO/ ELEUQERIA KAI  GNWSHS 
Coñécete a ti mesmo

"Non saber o que ocorreu antes de nós é como ser para sempre nenos" dixo Cicerón.


Principia o curso 2019-2020 con dúas palabras latinas que colocamos no frontispicio para unha primeira reflexión da que logo poidamos tirar como se dun fío se tratase da trama do presente ano académico co coñecemento como pulo, coas Olimpíadas como meta e coa liberdade como lema.

Se as Olimpíadas nos levan a Olimpia, debemos saber que a competición e o coñecemento eran ambos aliados dos xogos da Grecia Antiga que agochan unha fonda reflexión sobre o ser humano.

 A Mitoloxía antes que a historia e que a ciencia, tamén antes da aparición da filosofía, xa era en si un exercicio poderoso de reflexión, ademais da súa funcionalidade relixiosa estaba dirixida a ofrecer respostas ante as dúbidas que a vida nos provoca.

Mais para coñecer ou recoñecer o pasado das civilizacións mediterráneas máis caristmáticas e complexas hoxe temos ademais unha ferramenta precisa como é a Arqueoloxía que non sempre se leva ben coa Literatura, por iso teremos que contrapoñelas con frecuencia ao longo destes 9 meses intensos.

O pasado de Grecia e de Roma antigas, a cultura Grecolatina é para Europa referencia inescusable para seu devir futuro, como intuía Cicerón. Hoxe tamén o queremos entender así, temos que volver a vista atrás, coñecer o mellor posible o noso pasado para enfrontarnos a un presente no que asentemos o noso futuro nas mellores condicións posibles. Imprescindible tamén mirar en detalle a nosa particular historia, a dun pobo, o castrexo, arcaico e pouco coñecido que terá contacto coas zonas mediterráneas, pero tamén co norte atlántico e vai facer medrar no territorio da Gallaecia, como entidade cargada de peculiaridades, unha especie de ponte entre os dous mundos.

Traballaremos coas linguas clásicas: O grego e o latín
ελευθερία (elefthería)  cuxa etimoloxía pode interpretarse que vén das palabras ελεύθω (vir) e ερώ (amo, quero) e significa que "podes ir por onde queres".  Libertas ou libertatem, era unha palabra en latín exclusiva que indicaba en orixe talvez  a idea de que alguén é libre cando ten liberdade de desexar ou logtar cousas para si mesmo. Tamén podemos pensar como etimoloxía a  palabra grega λίπτω (“lípto”, “desexar”) o que podería facernos pensar nunha relación con outras expresións latinas  como "libet" e coa raíz xermánica no alemán moderno lieb ( querido/a)  e no inglés actual "love".

γνώση en latín dicíase cognitio. A palabra coñecer vén do latín cognoscere (coñecer completamente) composta do prefixo con- (todo, xunto) e o verbo (g)noscere (coñecer). Coñecemento: O sufixo -mento indica resultado. Entón coñecemento é o resultado de coñecer.


SOBRE A CULTURA CLÁSICA  Definición: Estudo sobre as bases da cultura occidental europea tomando como modelo (de aí o nome de clásica) as culturas antigas máis avanzadas do mediterráneo que se impuxeron como referencias primeiro para Europa, pero máis tarde e até os nosos días como alicerce da cultura de Occidente. E ao falar de Occidente e de Europa, sendo como somos galegos, contemplamos a mesma dende a óptica da Fisterra procurando así unha visión particular e complementaria da nosa propia cultura e da cultura presente dos distintos pobos da Península.  

Un espazo, un lugar: Poderíamos comezar en Olimpia, pero preferimos Delfos, o embigo do mundo da Antiga Grecia. Para empezar coa xeografía fagamos un mapa do Mediterráneo. Mar situado "no medio da terra". Pero como o mar é moi grande, deterémonos no que os gregos antigos consideraban o embigo do mundo: Delfos e o seu santuario de Apolo onde no frontispicio do seu templo estaba escrito un famoso pensamento.

Un pensamento: Gnoce te ipsum/ γνωθι σεαυτόν Coñécete a ti mesmo. Unha máxima que nos acompañará durante todo o curso.

Prometeo
Un feito ou acontecemento, vai ser unha meta: As antigas  Olimpíadas, que imos relacionar co antigo lema do  Colexio San Narciso “luctor et emergo”, un xeito de ir abordando ese espírito de superación que está detrás deste complexo evento antigo e moderno. Porque moitos daqueles fitos ou creacións clásicas que sobreviven ou manteñen co día a día unha curiosa relación que iremos coñecendo. Por exemplo: Sabes cal é a orixe dos  nomes dos compañeiros/as de clase... ten algunharelación coa Cultura Clásica?


Un mito para rematar, un relato onde os deuses e os heroes algo teñen que dicir: Prometeo, amigo dos seres humanos.



mércores, 26 de xuño de 2019

REPORTAXE DAS OBRAS DE 3º ESO B (2019)

O XUÍZO DE PARiS
 (COMEDIA)
HELENA: Alba Domínguez
ATENEA: Lucía Madero
HERA: Claudia Vilas
AFRODITA: Ángela Rosales
ZEUS: Julián González
HERMES: Roberto López
ARES: Martín Rosales
POSEIDÓN: Aythami Sánchez
DIONISO: Damián Souto
HADES: Victor Correa
HEFESTO: Gabriel Pintos
ARTEMISA: Ainara Soto
TETIS: Aroa Farto
PELEO: Santi Otero
ERIS: Antía Vidal
PARIS: Nicolás Martínez

A comedia escollida para representar por 3º ESO B xira ao redor do que se deu en chamar vulgarmente  como "o primeiro  concurso de beleza", a desputa das deusas Hera, Atenea e Afrodita pola mazá de ouro que finalmente o principe troiano Paris entrega á deusa que lle prometera a muller máis fermosa do mundo, Helena de Esparta.

(FOTOS DE ALBERTO ROUCO)

































































MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ
TRAXEDIA
MOIRA, PENÉLOPE, TROIANA, MIRRINA, MULLER: Claudia Vilas
MOIRA, CASANDRA, ANTÍGONA, ATENIENSE, MULLER: Ángela Rosales
MOIRA, HÉCUBA, ATENIENSE, MULLER: Antía Vidal
PANDORA, ANDRÓMACA, ISMENE, ATENIENSE, MULLER: Lucía Madero
ARIADNA, TROIANA, LISÍSTRATA, MULLER: Alba Domínguez
TROIANAS, MULLERES: Aroa Farto e Ainara Soto
TESEO: Gabriel Pintos
SOLDADO GREGO, POLINICES, HOME: Julián González
SOLDADO GREGO, ETEOCLES, HOME: Damián Souto,
SOLDADOS GREGOS e HOMES: Martín Rosales, Nicolás Martínez, Víctor Correa, Roberto López e Aythami Sánchez.

Esta traxedia trata de facer unha revisión cunha complexa trama que parte da situación da muller na antiga Grecia cuxo sometemento nun mundo de homes está asociado ao nobelo de lá ou ao fíos que a simbolizan dende o seu nacemento. Pasan pola escena as Moiras, deusas do Destino, Pandora, a primeira muller, Ariadna traizoada por Teseo, Penélope que espera tecendo ao seu home que foi á guerra de Troia, as troianas vencidas e escravas dos gregos, Antígona e Ismene que defenden posturas contrarias ante o poder irracional dos homes e Lisístrata, que promove a revolta das mulleres atenienses contra a guerra, lida en clave de traxedia esperanzada, da man das mulleres que se cuestionan o seu papel nunha sociedade dominada e dirixida polos homes.