Inscrición rupestre dunha tribo india norteamericana do Lago Michigan |
Nesta viaxe que imos realizar para falar da invención das letras, base da literatura, deberemos comezar por observar como se produce a Comunicación entre os seres humanos na Prehistoria. A escrita marca precisamente o comezo da historia Do paso da oralidade dos berros e xestos á palabra. Da interpretación da realidade comunicada oralmente á pintura rupestre (como a do debuxo dunha tribo nómade india) ata a asociacións dos sons que emitimos para comunicármonos coa escrita e finalmente a evolución da escrita ata chegar á Literatura xa na época plenamente histórica.
Logo alfabeto grego ese gran invento que é a base do alfabeto latino que nós usamos, foi produto dunha evolución da escrita que nace na prehistoria.
INVESTIGA E DEFINE OS SEGUINTES CONCEPTOS CLAVES PARA O INVENTO DA ESCRITA:
I- SIGNOS SEN SON:
PICTOGRAMAS:
IDEOGRAMAS:
II- SIGNOS CON SON:
XEROGRIFOS (Exipto)
Podes ver esta historia sobre a Pedra da Rosetta e como se descifraron os xeroglifos ( no libro na páx 22.)
SILABARIOS (Micenas)
ALFABETO (Do fenicio ao grego e latino)
Outra versión:
Cuestións:
Eran os chamados indoeuropeos un pobo ágrafo? Argumenta a resposta.
Que é un pictograma? En que se diferenza do ideograma?
Que é a escritura cuneiforme? Onde naceu?
Que dificultade atopamos cos ideogramas chineses?
Que significa a palabra "xeroglifos"? Por que era secreta a escrita dos escribas? ( ten relación co uso da escrita por parte dos poderosos que se facía na antigüidade, por exemplo en Exipto a previsión das inundacións do Nilo por parte dos faraóns) Que peculiaridade ten un xeroglifo distinta dos ideogramas?
Como se conservaron as inscricións en silabarios micénicos?
Que é un silabario?
Cal é o primeiro alfabeto creado polo ser humano? Que peculiaridades ten con respecto ao grego?
Aprende o alfabeto grego. Escribe o teu nome coas letras gregas.
Que unha taboíña de cera? E un stilum?
Que signinifica en orixe a palabra libro (liber)?
Ningún comentario:
Publicar un comentario