Cuestións:
1- Debuxa de memoria este mapa e logo comproba e contrasta os teus coñecementos dos espazos referidos cun mapa coma este:
UN ESPAZO QUE CONDICIONA O MITO: GRECIA
A Antiga Hélade ou Grecia era un territorio distinto do
Estado Grego moderno. Ademáis da zona continental e a península do Peloponeso,
ademais das numerosas e da gran variedade das illas, estaba a Grecia Colonial
de Asia Menor que hoxe é a costa de Turquía e outros moitos puntos diseminados
polo Mediterráneo, especialmente no sur de Italia, que se denominaba a Magna
Grecia.
Este espazo e os que o habitaron nun longo proceso de
accións e reaccións seculares, pola orografía (Grecia é o segundo país máis
montañoso de Europa) e outras circunstancias provocaron a creación de numerosos
estados independentes (con distintas leis, gobernos, moedas, medidas...) pero
que conservaban entre si un vínculo moi especial que lles daba a todas estas
cidades-estado certa unidade. Os dous elementos comúns a todas elas que
permiten falar desa unidade eran: a Lingua e a Relixión.
![]() |
Delfos |
Citemos como exemplo deste elemento de unión da cultura grega como é a relixión dous santuarios aos que acudían todos os gregos, ben en caso de conflitos ou problemas de todo tipo, o santuario de Delfos, (considerado o embigo do mundo e onde estaba o oráculo de Apolo, deus da luz e a beleza masculina, asentado sobre un antigo culto á Gran Deusa, onde unha sacerdotisa "a pitonisa" en transo pronunciaba as respostas enigmáticas que os romeiros solicitaban) e logo, cun sentido máis pacífico, o santuario de Olimpia (lugar de celebración dos Xogos na honra de Zeus, deus do raio, onde sabemos que con anterioridade tamén había alí un culto a unha deusa, Hera, que manterá o seu culto a carón do Templo do pai dos deuses).
![]() |
Ruínas do templo de Zeus, Olimpia. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario