Nas distintas sociedades que inventaron e que desenvolveron logo un sistema de escritura, tiveron que botar man de diversos soportes para que os escritos permanecesen no tempo. Unha panorámica sobre estes soportes e unha opinión dun gran filósofo da Antiga Grecia chamado Sócrates serán o obxecto desta entrada.
Tipos de soportes ao longo dos tempos:
As Pedras da Prehistoria.
Escrita cuneiforme en arxila cos Sumerios.
O papiro de Exipto.
As taboíñas de cera cos romanos
O pergamiño na época medieval.
O papel da China á Imprenta.
Podes ver estos vídeos sobre os soportes das letras na antiguidade clásica:
Platón, discípulo do famoso filósofo Sócrates, narra así a opinión contraria a escritura do sabio grego:
SÓCRATES: Teño que che
contar algo que oín dos antigos, a pesar de que a súa verdade só eles a saben.
Por certo que, se nós mesmos puiderámola descubrir, seguiriámonos ocupando
aínda das opinións humanas?
FEDRO: Preguntas algo ridículo. Pero conta o que dis haber oído.
SÓCRATES – Pois ben,oín que había por Náucratis, en Exipto, un dos antigos deuses do lugar ao que creo que está consagrado o paxaro que chaman Ibis. O nome de aquela deidade era o de Theuth. Foi este quen, primeiro descubriu o número e o cálculo e, tamén, a xeometría e a astronomía e,ademais, o xogo de damas e o de dados, e, sobre todo, as letras. Daquela era rei de todo Exipto Thamus, que vivía na grande cidade da parte alta do país, que os gregos chaman a Tebas exipcia, así como a Thamus chaman Ammón. A el achegouse Theuth, e mostrándolle as súas artes, dicíalle que debían ser entregadas ao resto dos exipcios. Pero Thamus preguntoulle cal era a utilidade que cada unha tiña, e, conforme llas ía minuciosamente expoñendo, aprobábao ou desaprobaba, segundo lle parecese ben ou mal o que dicía...
Pero cando chegaron ao das letras,
dixo Theuth: “Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios aos exipcios e de máis
memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e da sabedoría”. Pero el
respondeu: “¡Oh artificioso Theuth! A uns
élles dado crear arte, a outros xulgar que dano ou proveito aporta aos
que pretenden facer uso dela. E agora
ti, precisamente, pai que es das letras, por apego a elas, atribúelles poderes contrarios aos que teñen.
Porque é obvio o que producirán nas almas de quen as aprendan, ao descoidar a
memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán ao recordo desde fóra, a través
de signos alleos, non desde dentro, desde eles mesmos e por si mesmos. Non é, pois,
un fármaco da memoria o que atopaches, senon un simple recordatorio. Aparencia de sabedoría é o que ensinas
aos teus alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas,
parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos
casos, totalmente ignorantes, e difíciles, ademais, de tratar porque acabaron por se converter en
sabios aparentes en lugar de sabios de verdade”.
CUESTIÓNS
Resume coas túas palabras a opinión que tiña Sócrates sobre a escritura e os seus efectos sobre os homes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario