xoves, 8 de outubro de 2015

A HISTORIA E OS NOSOS NOMES

Os nomes da clase teñen unha orixes etimolóxicas que, ademais do seu significado concreto, nos indican que o noso pasado determina dalgún xeito o presente a través dos nomes que usamos, que usaron e que usarán as nosas familias.

Un dicionario dos máis completos sobre a onomástica en galego
1º/Intentar determinar cal é a porcentaxe de nomes de orixe grega, cantos de orixe latina e que porcentaxes presentan outras orixes ( grega, latina, hebrea, xermánica, eúscara...) contribuirá a que teñamos unha idea más real da importancia deste proxecto de investigación que poñemos en marcha.

Podes consultar a orixe do teu nome e dos restantes nomes da túa clase de 3º da ESO  tamén aquí.

2º Procurar as diversas causas ou  razóns a como os nosos nomes nos remontan ao pasado histórico e cultural. Por que poñemos aos nosos fillos /as determinados nomes?

Ningún comentario:

Publicar un comentario