SOBRE A EDUCACIÓN:
Comezamos esta semana falando da educación da Época Arcaica e como evolúe cara a Época Clásica grazas a unha ferramente social como foi o alfabeto que emerxe no século IX a.C. Pero que non será ata o VI a.C. cando logre dar un xiro ao poder da escola na Antiga Grecia e sobre todo en Atenas, pero non só nesta polis democrática, a escola estaba presente tamén en illas tan pequenas como Astipalea, sabémolo polo frustrado campión olímpico Cleomedes.
CUESTIONARIO BREVE:
1- Como sabemos grazas a Pausanias que as escolas eran unha realidade á altura do 492 a. C.?
2- Que tipo de educación rexía na época arcaica en Grecia? Perdurou este modelo en algures?
3- Que papel tiñan os homes e as mulleres neste mundo?
Traballaremos a seguir sobre as traxedias gregas, outro fenómeno cunha poderosa carga didáctica na Atenas do século V:
VEREMOS UNHA TRAXEDIA GREGA (A ESCOLLER)
1º Traxedia proposta: Troianas do autor
grego Eurípides
Ofrecemos tres propostas para ver esta
traxedia:
1- Versión adaptada en cine clásico ou teatro televisado anos 60
2- Versión actualizada por unha compañía de actores e actrices profesional
3- Versión
dunha compañía de actores e actrices semiprofesional (Noite Bohemia).
-------------------------------------------------------------------------------------
2ª Traxedia proposta :
Antígona de Sófocles
Ofrecemos para ver esta outra dúas opcións adaotadas aos tempos modernos:
1ª Versión de Anouilh versión RTVE anos 70
2ª Versión de Anouilh representada por compañía de profesional
DILEMAS HEROICOS E MÍTICAS PREFERENCIAS
Finalmente abordaremos os dilemas heroicos e míticas preferencias participando nun sorteo de 25 propostas no que un/ unha personaxe versus outro/a para ser obxecto de análise e controversia que cada quen terá que resolver en particular argumentación.
Redactar
unha argumentación a partir da mitoloxía e procurando argumentos na trama que
envolve a cada un dos personaxes. Trátase de resolver un dilema despois de
enfrontar personalidades e propiedades. Finalmente indicar e argumentar con
varios motivos e contundencia con cal te quedas e/ou a quen escolles?
Pasos a
seguir:
I-Investigar
sobre os personaxes. Paso fundamental para comezar o traballo.
II- Presentación inicial dos citados/as. Unha breve e esencial biografía de cada personaxe.
III-
Enfrontar características e peculiaridades con detalle de cada personaxe.
IV-
Argumentación final con non menos de tres motivos que asenten a elección feita.
Listaxe:(a cada quen lle toca un número dos seguintes por sorteo)
1-
Ulises versus Aquiles : Eu non
Irene Vallejo, a quen escolles?
2-
Casandra versus Penélope
3-
Agamenón versus Aquiles
4-
Clitemnestra versus Agamenón
5-
Ifixenia vs Creúsa aut Hécuba
6-
Ifixenia ou Dido
7-
Electra ou Ifixenia
8-
Orestes ou Electra
9-
Héctor versus Paris
10-
Helena versus Penélope
11-
Helena versus Briseida
12-
Eneas ou Aquiles?
13-
Odiseo ou Eneas?
14-
Penélope versus Circe
15-
Circe ou Calipso?
16-
Penélope ou Dido?
17-
Dido ou Helena?
18-
Narciso ou Adonis?
19-
Edipo ou Iocasta?
20-
Antígona ou Ismene?
21-
Creón ou Antígona?
22-
Hemón ou Antígona?
23- Cal escollerías?: Afrodita ama a
Anquises ou Adonis?
24-
Afrodita ama a Hefesto ou a Ares?
25- Cal
preferirías: Sísifo ou Tántalo ou Ixión ?