luns, 27 de maio de 2024

DAS OLIMPÍADAS Á EDUCACIÓN NA ANTIGÜIDADE

 O noso paso por Olimpia seguramente serviunos para entender mellor moitas cousas acerca de como vivían os gregos. E agora desprazaremos o foco para centrar o obxectivo en certos detalles das vidas diarias dos gregos da antiguidade que por vivir en cidades-estado distintas tiñan tamén formulacións diferentes. Tralballaremos logo os contrastes e as semellanzas para ter unha idea de conxunto. Por exemplo imos saber un pouco máis da educación en Esparta e as súas diferenzas coa educación ateniense. 

Atenas e Espartas dous xeitos de vida a elixir. 

1ª ACTIVIDADE: ATENAS RESUME COMO ERA A EDUCACIóN ATENIENSE? 

 


  2ª  COMO RESUMIRÍAS TI A FÓRMULA DA EDUCACIÓN ESPARTANA?



3ª Establezamos agora o contraste, explícame e envíame ao correo as túas conclusións e as túas opinións argumentando ao respecto. ESPARTA ou ATENAS?

Para poder establecer outro contraste interesante realizaremos unha cala na sociedade grega sobre dúas lacras da Antigüidade: A escravitude e a desigualdade entre homes e mulleres. 




luns, 20 de maio de 2024

O MUNDO OLÍMPICO: ERA UN MUNDO MASCULINO?

 


Olimpia era un espazo cargado de historia. Imos ver se somos capaces de entender que había detrás das famosas Olimpíadas. Coma sempre temos que comezar pola mitoloxía e a relixión, restablecer esa relación fonda e antiga e, logo, xa internarnos na historia dos Xogos Olímpicos. 

OLIMPIA NA PROCURA DA VERDADE 

O ESPAZO DE OLIMPIA

A MITOLOXÍA DE OLIMPIA

Actividades ler na aula e resumir estas tres entradas anteriores para incorporalas ao diario e envialas ao correo electrónico da materia. 

luns, 13 de maio de 2024

domingo, 12 de maio de 2024

AS MULLERES E O TEATRO GREGO

A modo de introdución á actividade este anuncio:


 REDACTAR UNHA REFLEXIÓN

A partir dun texto de Irene Vallejo, a escritora que no seu libro O infinito nun xunco (sobre a invención dos libros no mundo antigo) di:

      “Quero imaxinar que houbo en Atenas unha corrente de rebeldía feminina da cal non nos fala ningún autor grego e que non figura nos libros de historia. Para rastrexar as pegadas deste quimérico movemento esquecido atrevinme a mergullarme nos textos e ler entre liñas. Aínda que nunca saberemos con seguridade se existiu, a suposición sempre me atraeu. Isto que vou exponer é só unha hipótese, pero fascíname.

      As primeiras que se sublevarían serían as heteras, é dicir, prostitutas de luxo, as únicas mulleres verdadeiramente libres da Atenas clásica. Comparables nalgúns aspectos  ás gueixas xaponesas, ocupaban un lugar ambiguo dentro da escala social, marcadas polas vantaxes e os inconvenientes da súa mala reputación vivían á intemperie, pero mantíñanse independentes. A maioría delas eran gregas nadas en Asia Menor e, polo tanto, sen dereitos de cidadanía. Na súa terra natal recibirán unha educación musical e literaria que Atenas lles negaba ás súas fillas. Obrigadas a pagaren impostos coma os homes, podían coma eles administrar os seus propios bens. Tiñan acceso aos circuítos da política e da cultura a través dos seus amantes. Non estaban sometidas á presión que soportaban as esposas atenienses, aínda que en troco estaban dobremente excluídas (por estranxeiras e mais por putas).”

 

                                                                                                  cap. 65 páx. 17


Imos redactar, desde a óptica de hoxe, e non menos dun folio, un texto  para entregar logo ao profesor vía correo electrónico, sobre o papel das mulleres no teatro grego.  

luns, 6 de maio de 2024

AGORA TOCA A COMEDIA

 



 
CUESTIÓNS:  Procura un argumento da  Lisístrata de Aristófanes ou da Asemblea de mulleres e lembra que naquel momento a Atenas clásica estaba en guerra  con Esparta e había mulleres tremendamente interesantes que puideron servir a Aristófanes como inspiración para crear a súa obra. Lembras algunha?