Segundo o mito Hélen, fillo de Deucalión e Pirra, será o heroe do que deriva o nome de Hélade, o territtorio conquistado polos seus fillos e os seus habitantes, os helenos. Do heroe descenden as tres principais ramas do pobo grego: os xonios, os eolios e os dorios, que veñen sendo as distintas invasións de pobos indoeuropeos que van entrando na Grecia continental entre 1700 a. C ata 1100 a.C. como podedes apreciar nos seguintes mapas:
![]() |
1ª Invasión indoeuropea: Entrada dos Aqueos c.a.1700 ane. |
![]() |
A derradeira invasión indoeuropea, a dos Dorios (c.a. 1200 ane), provocará a fuxida dos primeiros pobos indoeuropeos cara á Costa de Asia Menor. |
Así nolo explican nestes vídeos da Teleaula :
Como comprobaremos serán os Aqueos, os primeiros en instalarse no Peloponeso os que protagonicen dende a cidade de Micenas unha das guerras de conquista dunha tamén famosa cidade de oriente, a cidade de Troia cara o 1100 a.C, arredor da cal existe toda unha serie de mitos e realidades que iremos descubrindo nas seguintes clases.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar