UNIDADE O: LIBERDADE E COÑECEMENTO/
LIBERTAS ET COGNITIO/ ELEUQERIA KAI GNWSHS
"Non saber o que ocorreu antes de nós é como ser para sempre nenos" dixo Cicerón.LIBERTAS ET COGNITIO/ ELEUQERIA KAI GNWSHS
Principia o curso 2019-2020 con dúas palabras latinas que colocamos no frontispicio para unha primeira reflexión da que logo poidamos tirar como se dun fío se tratase da trama do presente ano académico co coñecemento como pulo, coas Olimpíadas como meta e coa liberdade como lema.
Se as Olimpíadas nos levan a Olimpia, debemos saber que a competición e o coñecemento eran ambos aliados dos xogos da Grecia Antiga que agochan unha fonda reflexión sobre o ser humano.
A Mitoloxía antes que a historia e que a ciencia, tamén antes da aparición da filosofía, xa era en si un exercicio poderoso de reflexión, ademais da súa funcionalidade relixiosa estaba dirixida a ofrecer respostas ante as dúbidas que a vida nos provoca.
Mais para coñecer ou recoñecer o pasado das civilizacións mediterráneas máis caristmáticas e complexas hoxe temos ademais unha ferramenta precisa como é a Arqueoloxía que non sempre se leva ben coa Literatura, por iso teremos que contrapoñelas con frecuencia ao longo destes 9 meses intensos.
O pasado de Grecia e de Roma antigas, a cultura Grecolatina é para Europa referencia inescusable para seu devir futuro, como intuía Cicerón. Hoxe tamén o queremos entender así, temos que volver a vista atrás, coñecer o mellor posible o noso pasado para enfrontarnos a un presente no que asentemos o noso futuro nas mellores condicións posibles. Imprescindible tamén mirar en detalle a nosa particular historia, a dun pobo, o castrexo, arcaico e pouco coñecido que terá contacto coas zonas mediterráneas, pero tamén co norte atlántico e vai facer medrar no territorio da Gallaecia, como entidade cargada de peculiaridades, unha especie de ponte entre os dous mundos.
Traballaremos coas linguas clásicas: O grego e o latín
ελευθερία (elefthería) cuxa etimoloxía pode interpretarse que vén
das palabras ελεύθω (vir) e ερώ (amo, quero) e significa que "podes ir por
onde queres". Libertas ou libertatem,
era unha palabra en latín exclusiva que indicaba en orixe talvez a idea de que alguén é libre cando ten
liberdade de desexar ou logtar cousas para si mesmo. Tamén podemos pensar como
etimoloxía a palabra grega λίπτω
(“lípto”, “desexar”) o que podería facernos pensar nunha relación con outras
expresións latinas como
"libet" e coa raíz xermánica no alemán moderno lieb ( querido/a) e no inglés actual "love".
γνώση en latín dicíase
cognitio. A palabra coñecer vén do latín cognoscere (coñecer completamente) composta
do prefixo con- (todo, xunto) e o verbo (g)noscere (coñecer). Coñecemento: O
sufixo -mento indica resultado. Entón coñecemento é o resultado de coñecer.
SOBRE A CULTURA CLÁSICA Definición: Estudo sobre as bases da cultura occidental europea
tomando como modelo (de aí o nome de clásica) as culturas antigas máis
avanzadas do mediterráneo que se impuxeron como referencias primeiro para
Europa, pero máis tarde e até os nosos días como alicerce da cultura de
Occidente. E ao falar de Occidente e de Europa, sendo como somos galegos,
contemplamos a mesma dende a óptica da Fisterra procurando así unha visión
particular e complementaria da nosa propia cultura e da cultura presente dos
distintos pobos da Península.
Un espazo, un lugar:
Poderíamos comezar en Olimpia, pero preferimos Delfos, o embigo do mundo da
Antiga Grecia. Para empezar coa xeografía fagamos un mapa do Mediterráneo. Mar
situado "no medio da terra". Pero como o mar é moi grande, deterémonos
no que os gregos antigos consideraban o embigo do mundo: Delfos e o seu
santuario de Apolo onde no frontispicio do seu templo estaba escrito un famoso
pensamento.
Un pensamento: Gnoce te
ipsum/ γνωθι σεαυτόν Coñécete a ti mesmo. Unha máxima que nos acompañará
durante todo o curso.
Prometeo |
Un mito para rematar, un
relato onde os deuses e os heroes algo teñen que dicir: Prometeo, amigo dos seres humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario