Como contaban os gregos aos seus fillos o cambio das
estacións, iso do paso do frío e infértil inverno á doce e fecunda primavera?
Procuremos a información a través de tres mitos:
I- O Rapto de Perséfone:
1- Adiviña cal destas esculturas de Bernini
corresponde ao mito do Rapto de Perséfone.
2- Que historia de amor imposible recolle a segunda das
esculturas? Relata o mito.
Para axudarte na solución das preguntas podes ver as
seguintes montaxes:
Apolo e Dafne: Un amor imposible.
Orfeo e Eurídice:
Outra versión do mesmo mito:
3- Quen era Orfeo? A quen se ofrecen as danzas iniciais da
tribo que trouxo a chuva na primavera, que deusa se presenta grazas a súa
música? logo hai outra danza na honra doutra deusa no tempo das colleitas a que
deusa se dedican?
4- Quen era Eurídice? Quen era o personaxe que a persegue
polo bosque?
5- Por que morre Eurídice? Que fai entón Orfeo?
6- Que lle sucede no Mundo dos Mortos? Quen o transporta ata
a corte de Hades?
7- Puido liberar a Eurídice do mundo das sombras?
8- Resume como remata a vida de Orfeo.
9-A que illa contan que chegaron os restos de Orfeo? Por
que será famosa esa illa?
10- Resume coas túas palabras o seguinte mito de primavera:
10- Resume coas túas palabras o seguinte mito de primavera:
Ningún comentario:
Publicar un comentario