Un rei etrusco chamado Tarquinio foi o último dos sete reis que gobernou en Roma. A súa soberbia levouno a perder o poder e ser expulsado da cidade polos patricios no ano 509 a. C. Isto provocou unha guerra contra outras cidades etruscas que querían recuperar Roma. Os romanos gañaron e Roma sería gobernada polos patricios, terratenentes que formaban o Senado, un consello de deliberación para os anteriores reis.
OS PLEBEOS: Os plebeos eran familias de pequenos campesiños, artesáns, obreiros e comerciantes chegados a Roma despois da súa fundación, polo que carecían de dereitos políticos (non podían participar de calquera dos órganos de goberno), pero como cidadáns que eran debían combater no exército e morrer pola cidade chegado o caso.
Así no ano 494 a.C. os plebeos ameazan aos patricios con marchar de Roma e fundar unha nova cidade se estes non conceden estes tres dereitos:
- Non perder a liberdade por impago de débedas.
- A creación dun maxistrado (Tribunos da plebe) con dereito a veto ante o Senado
e os maxistrados.
- A creación dunha asemblea da plebe (concilia plebis).
Esta primeira folga xeral dos plebeos, foi o comezo dunha
serie de reivindicacións que lograrán a equiparación de dereitos entre
patricios e plebeos á altura do ano 287 a.c. Bótalle un ollo ao esquema deste
proceso:
494 a.C. folga xeral plebea
451-449 a. C. Lei escrita
440 a.C. permite os
casamentos entre patricios e plebeos.
Do 409 a.C. ao 300 a.C. os plebeos van ir accedendo a cargos
públicos como cuestura, consulado, censura, pretura, pontificado que antes eran
exclusivos dos patricios.
287 a.C.A equiparación en dereitos é unha realidade dándolle
o Senado forza de lei ás decisións das asambleas da plebe.
A REPÚBLICA ROMANA; SENATUS POPULUSQUE ROMANUM (SPQR)
SENATUS: Era un consello de patricios experimentados (senes en latín: ancián). O Senado naceu na época da Monarquía, pero pasa a ser o centro neurálxico do sistema político
romano durante á República, dominado polos patricios será a ferramenta máis poderosa para defender os seus privilexios.
POPULUS: O pobo votaba en asembleas ou comitia. As asembleas nas que o pobo podía exercer o
seu dereito a elixir aos gobernantes, entre outros asuntos, pero en principio
estas asembleas para votar estaban só
nas mans dos patricios. Logo apareceu a asemblea dos plebeos (Concilia plebis)
para poder escoller aos seus propios maxistrados, os tribunos da plebe.
Na época republicana
será o Comitia centuraita (con unha gran maioría de patricios) quen escollera
os cargos máis importantes ou con maior poder. A última asamblea era os Comitia
tributa, con maioría de plebeos, inicialmente só válida para escoller cargos de menor
importancia, pero coa equiparación de dereitos entre patricios e plebeos coa evolución da República será a asamblea máis democrática (un home un voto) e irá cobrando
cada vez máis protagonismo ata ser crucial nos últimos momentos de crise da época
republicana.
DO CURSUS
HONORUM: Este é o nome que recibía a carreira política en Roma. Os distintos
magistrati, maxistrados. Era o camiño a seguir para lograr ser cónsul, é dicir, primeiro
ministro, e posteriormente senador, poder intervir directamente no goberno.
Inicialmente exclusivo dos patricios, pero ao que van ir incorporándose pouco a
pouco os plebeos, especialmente os máis ricos, claro está.
Como funcionaba a República Romana:
Como funcionaba a República Romana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario