domingo, 23 de abril de 2017

AS GUERRAS QUE PROVOCARON O PASO DAS SOCIEDADES DA GENS ÁS ESCRAVISTAS

DE CARA AO IMPERIO:

Despois de ver o que ocorreu en Atenas e o que pasou en Roma durante o proceso de democratización interno temos que botarlle un ollo ao que sucedeu con ambas cidades de cara aos seus veciños, porque ambas pasarían tamén por situacións bélicas paralelas, a loita cos seus veciños. No caso de Atenas, a súa veciña Esparta pasará de ser unha aliada necesaria contra Persia nas Guerras Médicas a un inimigo nas guerras do Peloponeso e causa definitiva da frustración do seu imperio. no caso de Roma sometidos todos os pobos presentes na península Itálica, vai ter que enfrontarse a Cartago nas guerras Púnicas o que lle permitirá consolidar un imperio, neste caso si, nunha prolongada conquista de territorios cara ao Occidente e ao Oriente.





As guerra serán consecuencia da conquista de novas terras (aliadas nalgúns casos) e dun aumento moi significativo do número de escravos que  se convertirán en motor das novas sociedades militarizadas nas que a ambición de poder, as revoltas e asasinatos ou as guerras civís serán o camiño ineludible cara ao imperio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario