venres, 9 de outubro de 2015

QUE VÉN SENDO UN MITO?

LECTURA  
Mito é unha palabra grega aplicada a calquera tipo de relato, tanto ás alegorías de Platón, como ás fábulas de Esopo, pero o termo especializase ao designar narracións dunha época ideal transmitidos por tradición oral inicialmente, en todo caso de época remota e imprecisa, cuxos protagonistas son seres divinos ou semidivinos.


Hoxe consideramos mitos:

O mito propiamente dito (μύθος): protagonizado por deuses relacionado coa relixión. O exemplo máis evidente o mito cosmogónico do principio do mundo.

A lenda heroica (ἔπος): relatos protagonizados por heroes ou semideuses sendo estes dunha orixe e natureza diferentes aos dos relatos de deuses. Son feitos históricos deformados, chegando estes a relatar acontecementos pertences ao segundo milenio a. C. Un exemplo serían os Heraclidas, considerados os derradeiros heroes, por ser o seu relato o que tivo menos tempo para cargarse de elementos inverosímiles.

O conto popular (λóγος): relatos que en orixe non teñen nada que ver coa mitoloxía pero que se incorpora a esta porque se diviniza o seu protagonista. Un motivo como a esposa que espera ao seu home ausente e asediada de pretendentes é o que se incorpora na lenda de Odiseo.

Penélope, asediada polos pretendentes e observada por Odiseo.

MITO E HISTORIA

Unha parte importante da mitoloxía semella ser historia máis ou menos desfigurada, especialmente na lenda heroica existe unha certa veracidade. Segundo Julia García Moreno hoxe contamos con máis recursos por ver se podemos a través da mesma reconstruír o pasado ao que fai referencia (no caso da guerra de Troia comprobaremos que é posible afirmar isto moi sucintamente). O mito en todo caso non é historia. A historia vén despois do mito…


MITO, LITERATURA, FILOSOFÍA E ARTE

Mito e tradición titula Julia García Moreno, unha parte da súa introdución á tradución de Apolodoro, un dos compiladores de mitos do século II a. C.

Homero, un aedo cego ( hai quen dubida da súa existencia)
 En Grecia non hai nada máis tradicional que o mito. As súas raíces de entrada están na época micénica. Na súa esencia está a súa forma de transmisión: a tradición oral.

Os seus cantores eran os Aedos transmisores profesionalizados que culminan na figura (de dubidosa existencia para algúns) de Homero coas primeiras obras escritas en occiente: A Ilíada e a Odisea. Obras da épica que relatan mitos.

Un proceso de evolución de séculos...
Existe unha verdadeira poética mitolóxica rica expresión oral e plástica que a partir da época escura, desaparecida a época micénica vai perdendo o seu carácter oral de relato tradicional (e individual o que dá pé a versións e adaptacións do relato) ata entrar na literatura: na épica, lírica, no drama ou mesmo no pensamento filosófico, un camiño do mito ao logos, do tempo/espazo mítico ao tempo/espazo real, como comenta Ricardo Olmos no seu traballo "Mito e ritos en Grecia".

No momento que se converte en escrita comeza a súa fosilización garantindo a súa conservación e permitindo unha recreación e dando pé á vez a interpretacións (un sentido, unha xustificación) diversas en función da época/sociedade que os lea.

Se cadra unha das primeiras interpretacións veu dada polos filósofos que lles dan un valor alegórico: a forza cósmica do Amor (Eros) era un neno alado con coroas de flores que aluden a súa capacidade fecundadora ou con cintas para atar aos mortais, esta interpretación foi provocada pola personificación que dende moi antigo se viña facendo de conceptos abstractos como a Fortuna ou o Soño ou a mesma Morte (Thánatos).

Un marcado antropomorfismo da mitoloxía e dos seus deuses que vai ter continuadas formulacións estéticas plásticas cada vez máis próximas ao mesmo ser humano: home/muller.

O mito na literatura é frecuentemente usado como argumento probatorio, como modelo a seguir (desde os códigos de conduta ata fines políticos).

Mito e razón. Os chamados mitos platónicos son mitos no sentido etimolóxico non de feito.
Mito filosófico da caverna de Platón

No século IV. A C. se estaba xa deixando de crer… mito era fórmula de sociedade remota e primitiva…hai outra fórmula de coñecemento a racional, (corrente que comezara dende o VI a. C.).

Pero o mito ten outra característica: a flexibilidade para adaptarse. De aí o salto á traxedia no século V a. C. outro gran invento grego (mito versus os inventos do logos: olimpíadas, teatro, filosofía, arte plástica…)

No IV virá a humanística e a literatura mitolóxica fundamental… (Isócrates) e logo Alexandría dos Tolomeos. De aí pasará cara a Roma (poetae novi). O mito canto máis se desprende do sentido relixioso máis ten de motivo estético, cousa que se mantén ata os nosos días.

Mito e arte. En cerámica, templos e estatuaria non eran considerados ata hai moi pouco tempo unha Hai mitos que só coñecemos pola plástica, outros que datamos grazas a ela.
lectura diversa dos mitos. Pero Carl Robert é o primeiro en marcar as diferenzas e autonomía da linguaxe oral da figurada que utilizan cadanseu as súas leis. Como exemplo moi coñecido, o vaso de "françois" no que Clitias 570 a. C. recrea personaxes distintos dos homéricos nas carreiras dos funerais de Patroclo.

CUESTIÓNS:
Lembrando o que é máis importante:

Como definirías un mito?
Que tipos de mitos podemos diferenciar polo seu contido?
O mito é historia, que relación teñen?
Quen son os aedos? Que sabes de Homero?
Que lle pasa ao mito ao perder o seu carácter oral?
Define o paso do mito ao logos filosófico.
En que xénero literario se instala cara o século V a.C.?
Por que é tan importante a expresión plástica dos mitos?
Que lle ocorre ao mito finalmente?
Que dúas compoñentes se fusionan na mitoloxía grega? Que características esenciais destacarías en cada unha desas compoñentes?

LEMBRA: Por que é orixinal a mitoloxía grega?

Por conservarse dun xeito tan completo.
Pola complexidade dos seus contidos.
Por entender a cosmogonía dun xeito diferente ao común noutras moitas mitoloxías.

4 comentarios: