martes, 1 de decembro de 2015

DEUSES E MORTAIS

ACTIVIDADE DE REDACCIÓN:  A aparición dos mortais na mitoloxía grega: 

Trátase de explicar o mellor posible os seguintes epígrafes, todos relacionados coas distintas formas coas que na Antiga Grecia se contaba, a través da mitoloxía, a aparición dos mortais sobre a Terra. 



- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: Ler e resumir as etapas que describe Hesíodo e comparalas coas de Ovidio. Tras esta comparación do mito realizar un contraste coas etapas da Prehistoria e a Historia real dos seres humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro... Debes usar as lecturas dos textos que enlazamos máis abaixo. 

- Prometeo, Pandora e os mortais: Reflexión creativa sobre os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos da creación (outras mitoloxías).  Descargar o PDF coas cuestións sobre Prometeo e Pandora

- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría? Houbo un diluvio universal?



- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos andróxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa?  Podes ver no vídeo unha versión da lectura do mito no discurso de Platón e resumilo.


- INVESTIGA: O mundo dos mortos. Descrición do mundo Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos? Ubi sunt?


LECTURAS PARA ESTA ACTIVIDADE:

Hesíodo: Os traballos e os días (As Idades vv. 106-202). Ademais para Pandora podes ler no enlace: en Teogonía 535-570  e a continuación tamén en Os traballos e os días, 47-58 e 90-105)

Ovidio: Podes consultar As Metamorfoses (Debes buscar os versos indicados para ler no libro I As Idades vv. 76-148 e O diluvio e Deucalión e Pirra vv. 244-415)

Platón: O banquete (discurso de Aristófanes).

Ningún comentario:

Publicar un comentario