Imos establecer dous grandes apartados no noso traballo
coa Historia da Grecia Antiga.
Antes do 776 a. C. establecemos catro períodos:
A liña divisoria diremos que será cara ao 800 a.
C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.)
e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da
cultura occidental. Pero, non adiantemos acontecementos. Antes debemos
remontarnos cara a atrás ás etapas anteriores a todo ese proceso que están cheas de acontecementos que deben ocupar a nosa atención posto que son determinantes en moitos casos para poder entender mellor as etapas máis coñecidas e os fenómenos máis transcendentes da cultura grega. Nesa etapa anterior ao 776 a.C. florecen culturas mediterráneas como a civilización cicládica e a minoica ou cretense, prodúcense as invasións de tribos indoeuropeas na Grecia continental e aconteceron conflitos tan épicos como a coñecida como guerra de Troia.
Antes do 776 a. C. establecemos catro períodos:
1- Cantos períodos podemos establecer antes do ano 800 a.C. para a Grecia Antiga? Que acontecemento cultural marca esta liña divisoria?
2- Das etapas citadas cales son mediterráneas do mar Exeo e cales indoeuropeas? Despois de visualizar o primeiro dos vídeos da entrada saberias como se denominan aos cretenses, ademais de minoicos? E como denomina este audiovisual aos pobos indoeuropeos que se apoderan da Grecia continental despois en distintas invasións?
OS POBOS EXEOS Comezaremos polas primeiras civilizacións ou culturas no territorio que
![]() |
Deusas brancas das Cícladas |
O período CRETENSE tamén é chamado Minoico polo coñecido
personaxe da mitoloxía, o rei Minos e o terrible Minotauro. Pero, por que se chama esta civilización minoica?.
É evidente que a mala prensa que se gañou Minos nalgúns dos mitos que circulaban na Antiga Grecia tiveron a súa orixe nunha tensión entre dúas culturas, a mediterránea e a indoeuropea) que chegaron a convivir a partir do 1600 a.C. e que tiveron conflitos, cos seus máis e os seus menos.
Así narra este vídeo o descubrimento do Palacio de Cnossos por parte de Arthur Evans:
CUESTIÓNS:
1- Como nolo conta Indro Montanelli na súa coñecida " Historia dos gregos"? Le e resume o primeiro capítulo dedicado a Minos.
2- Bótalle un ollo aos mapas das invasións indoeuropeas
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarcales son as preguntas :')
ResponderEliminar