martes, 1 de decembro de 2015

AS PRIMEIRAS ETAPAS DA HISTORIA GREGA: DE CRETA A MICENAS

ETAPAS NA HISTORIA DA GRECIA ANTIGA (I)

Imos establecer dous grandes apartados no noso traballo coa Historia da Grecia Antiga. 


A liña divisoria diremos que será cara ao 800 a. C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.) e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da cultura occidental. Pero, non adiantemos acontecementos. Antes debemos remontarnos cara a atrás ás etapas anteriores a todo ese proceso que están cheas de acontecementos que deben ocupar a nosa atención posto que son determinantes en moitos casos para poder entender mellor as etapas máis coñecidas e os fenómenos máis transcendentes da cultura grega. Nesa etapa anterior ao 776 a.C.  florecen culturas mediterráneas como a civilización cicládica e a minoica ou cretense, prodúcense as invasións de tribos indoeuropeas na Grecia continental e aconteceron conflitos tan épicos como a coñecida como guerra de Troia. 


Antes do 776 a. C. establecemos catro períodos:



Cuestións:

1- Cantos períodos podemos establecer antes do ano 800 a.C. para a Grecia Antiga? Que acontecemento cultural marca esta liña divisoria?
2- Das etapas citadas cales son mediterráneas do mar Exeo e cales indoeuropeas? Despois de visualizar o primeiro dos vídeos da entrada saberias como se denominan aos cretenses, ademais de minoicos? E como denomina este audiovisual aos pobos indoeuropeos que se apoderan da Grecia continental despois en distintas invasións?

OS POBOS EXEOS Comezaremos polas primeiras civilizacións ou culturas no territorio que
Deusas brancas das Cícladas
logo vai ser Grecia
 ou a Hélade. Imos falar das primeiras culturas mediterráneas das Cícladas e de Creta. Imos falar da CIVILIZACIÓN CICLÁDICA (3200 a. C. ao 1500 a.C.). Debemos saber onde están situadas estas illas que establecen unha especie de círculo (de aí o nome) ao redor da illa de Delos. A imaxe das deusas brancas é unha das máis representativas da arte das Illas Cícladas.  O período CICLÁDICO (Idade de Bronce) polo tanto é anterior ao CRETENSE OU MINOICO.

O período CRETENSE tamén é chamado Minoico polo coñecido personaxe da mitoloxía, o rei Minos e o terrible Minotauro. Pero, por que se chama esta civilización minoica?.
É evidente que a mala prensa que se gañou Minos nalgúns dos mitos que circulaban na Antiga Grecia tiveron a súa orixe nunha tensión entre dúas culturas, a mediterránea e a indoeuropea) que chegaron a convivir  a partir do 1600 a.C. e que tiveron conflitos, cos seus máis e os seus menos.


Así narra este vídeo o descubrimento do Palacio de Cnossos por parte de Arthur Evans:

CUESTIÓNS:
1- Como nolo conta Indro Montanelli na súa coñecida " Historia dos gregos"? Le e resume o primeiro capítulo dedicado a Minos.
2- Bótalle un ollo aos mapas das invasións indoeuropeas 

3 comentarios: