Lembrade que a Ilíada comeza no noveno ano do asedio de Troia por parte dos gregos e ten como tema central a cólera de Aquiles co Atrida Agamenón.
Cal fora o motivo deste desencontro entre ambos líderes gregos?
Para poder respostar teremos que nos familiarizar coa linguaxe épica. Unha experiencia enriquecedora porque o relato presenta un panorama máis complexo que o guión cinematográfico, claro está. Por exemplo, aos gregos Homero chámaos Dánaos, ou os Atridas son Agamenón e Menelao, nomes que debemos saber descodificar ao ler o texto da Ilíada.
Cal fora o motivo deste desencontro entre ambos líderes gregos?
Por que se chama aos gregos Dánaos?
Quen era Atreo?
Mais vaiamos seguindo o guión da película para poder comentar e ampliar o noso coñecemento sobre a Ilíada de Homero.
A guerra comezara como dixemos nove anos atrás. Esta é unha das primeiras diferenzas entre o filme e o texto de Homero. Na película hai unha primeira escena introdutoria que se desenvolve en Tesalia que serve de presentación dos personaxes: Agamenón, poderoso e ambicioso rei dos aqueos e Aquiles, o heroe invencible dos pés lixeiros.
Quen era Atreo?
Mais vaiamos seguindo o guión da película para poder comentar e ampliar o noso coñecemento sobre a Ilíada de Homero.
Aquiles e Agamenón nunha das escenas da película |
Logo o filme lévanos a Esparta, á corte do rei Menelao.
PATROCLO
No filme aseguran que era o curmán de Aquiles. Podería selo, ao ser fillo de Menecio, amigo de Peleo. Pero non sabemos quen fora a súa nai. Hai varias posibles. Se fose o fillo de Polidora (filla de Peleo e Antígona) sería certamente o curmán de Aquiles, pero hai quen pensa que realmente eran ambos amantes.
Investiga se na Ilíada Aquiles sabía que Patroclo ía loitar contra os troianos coa súa armadura.
RAPTO DE HELENA
Que facía Paris en Esparta?
Investiga como chegou Helena a casar con Menelao e quen propuxera un xuramento dos principais reis gregos que foran pretendentes da princesa espartana?
Investiga como chegou Helena a casar con Menelao e quen propuxera un xuramento dos principais reis gregos que foran pretendentes da princesa espartana?
Por que Agamenón
estaba obrigado a facer a guerra contra Troia?
Na película
esfórzanse en poñer na boca de Agamenón as razóns históricas da guerra, é
dicir, o interese de que un enclave estratéxico e rico como Troia estea baixo
o poder dos aqueos e non dos hititas.
Reis gregos: Menelao, Agamenón e Néstor, detrás Ulises, Aiax e Tríopas |
ENCONTRO CON ULISES en PHTIA. Realmente non foi así. Indaga como foi o
intento de convencer a Aquiles para que se embarcase na guerra contra Troia. Na
película é en Phtia e serve para
presentar a Patroclo.
IFIXENIA, era filla de Agamenón. No filme non aparece, como outras moitas personaxes femininas das que logo falaremos. Que ten que ver coa guerra de Troia?
MENELAO NON MORRE EN TROIA. Aínda que a película o mata, a Ilíada conta de xeito ben distinto o final do enfrontamento con Paris.
Como acaba na Ilíada o combate entre Menelao e Paris?
MENELAO NON MORRE EN TROIA. Aínda que a película o mata, a Ilíada conta de xeito ben distinto o final do enfrontamento con Paris.
Como acaba na Ilíada o combate entre Menelao e Paris?
No filme aseguran que era o curmán de Aquiles. Podería selo, ao ser fillo de Menecio, amigo de Peleo. Pero non sabemos quen fora a súa nai. Hai varias posibles. Se fose o fillo de Polidora (filla de Peleo e Antígona) sería certamente o curmán de Aquiles, pero hai quen pensa que realmente eran ambos amantes.
Investiga se na Ilíada Aquiles sabía que Patroclo ía loitar contra os troianos coa súa armadura.
AS CONVERSAS COA NAI TETIS son frecuentes na Ilíada. Na película falan antes de partir para Troia (a única vez que vemos a unha deusa na pantalla). Imos localizar na Ilíada o momento en que a deusa, nai do heroe procura unhas nova armadura para o seu fillo, tras da morte de Patroclo.
A IMPORTANCIA DE APOLO. Como deus aliado de Troia, axuda ao seu sacerdote Crises levando a peste ao exército grego, intervén na morte de Patroclo e mesmo dirixe unha frecha fatídica contra Aquiles, etc… Na película o templo de Apolo que está nas praias de Troia sofre un asalto por parte dos mirmidóns de Aquiles. Esta escena ten un curioso parecido coa morte do fillo predilecto de Príamo que debía morrer para que puidese ser vencida Troia.
Como se chamaba este fillo de Príamo que non sae no filme, que ten que ver co Apolo e como morreu?
Como se chamaba este fillo de Príamo que non sae no filme, que ten que ver co Apolo e como morreu?
AS BATALLAS NA ILÍADA.
Os relatos das batallas de Homero son realmente vivos e descarnados, o cinema actual tamén é moi violento. A descrición das armas, o enfrontamento entre heroes como Aiax e Héctor, a desputa polas armas, a retirada dos mortos ao rematar a xornada, etc...
Localiza na Ilíada unha descrición dunha batalla para podela comparar coas imaxes do filme.
O COMBATE DE HÉCTOR E AQUILES
A Ilíada remata tras este combate e a escena de Príamo, rei de Troia, na tenda de Aquiles. Pero na Ilíada aparecen unha morea de personaxes femeninas importantes que non están na película.
Quen eran Hécuba e Casandra?
O CABALO DE TROIA
Quen tivo a brillante idea do cabalo?
Na Ilíada non conta este asunto do cabalo, cales son as fontes máis antigas onde se narra a derrota dos troianos?
AGAMENÓN MORRE EN TROIA?
Esta claro que na Ilíada non fala do final da guerra como ocorre no filme, pero a través da Odisea de Homero podemos aclarar esta cuestión, Agamenón morreu na guerra de Troia?
A MORTE DE AQUILES para saber máis sobre o final da película e a diferenza entre o filme e a Ilíada e outras fontes mitolóxicas podes consultar da épica de Homero ao cinema.

Ningún comentario:
Publicar un comentario