Insistimos nunha idea que comentamos ao comezar o curso, a Cultura Clásica dá para algo máis qu eun curso, vai quedar moito por coñecer. ese interese por aprender é logo algo que podedes poñer en práctica nesta recta final de curso. Para abordar unha serie de traballos fin de curso vou indicar unha serie de preferncias, sempre co noso blog como punto inicial e de fonte de consulta. Propostas as seguintes:
1º/ Unha boa idea é darlle unha visualización ao visto nestas tres avaliacións e traballar sobre algún aspecto enunciado durante o curso, pero que non foi desenvolto como a ti che gustaría, unha oportunidade de afondar e indagar algo novo mais desta vez sendo eu propio o motor do proceso.
2ª/ O teatro grego dá moito xogo como fórmula para abordar temáticas universais que se concretan nos nosos días usando personaxes e tramas clásicas. Indagar sobre como se producen estas adaptacións a día de hoxe, pode ser un bo tema.
3º/ Hai xente na aula que non leu nin afondou no posible movemento de rebeldía feminina na Atenas do século V a. n.e. Non estaría mal usar este asunto como traballo de investigación.
4º/ As Olimpíadas foi un deses temas que nos quedou a medias, hai diversos aspectos por desenvolver, todos moi interesantes. Orixe das probas olímpicas. O espido nas olimpíadas e a escultura grega...
5º/ A democracia é outro dos grandes inventos gregos sobre os que apenas indagamos. Como entendían a democracia os atenienses, que diferenzas existen coas democracias actuais...
6º/ Sempre hai personaxes de interese sobre os que non se falou nada ou pouco: un par de nomes relacionados coa filosofía e a ciencia: Sócrates e Hipatia.
7º/Non gravamos o vídeo dándolle as grazas en galego a Grecia, logo tamén podemos preparar un guión xeitoso e creativo para realizar esa gravación. Sería unha fórmula interesante de rematar este curso dun xeito circular. (Primeira entrada do curso na que está o vídeo)