martes, 22 de marzo de 2022

TEATRO E DEMOCRACIA (15ª semana)

 Unha cuestión vital para poder avanzar no coñecemento da Historia da Antigüidade é fixar a nosa atención neste binomio destacable do Teatro e da Democracia. 

Repara neste cadro:


Realicemos unha reflexión máis profunda aínda para poder determinar como a procura dun Imperio determina a evolución das sociedades grega e romana.

DA SOCIEDADE DA GENS A SOCIEDADE DOS SERVI

A ESPARTA DOS 300 E A ATENAS DEMOCRÁTICA

CUESTIÓN:  Investiga e resume as claves para entender ambas sociedades.

1- AGOGÉ,  A EDUCACIÓN ESPARTANA 

2- Como eran educadas as mulleres en Esparta? 

-  Un dato a ter en conta, só hai lápidas de homes mortos en batalla e mulleres que morren no parto.

AS GUERRAS MÉDICAS E A  DEMOCRACIA DE ATENAS: De Clístenes a Pericles. Podes consultar o libro no tema 3 para responder ás seguintes preguntas: 

1. Que fixo Clístenes en Atenas? Quen era Pericles? Que relación ten coas Guerras Médicas? (Podes consultar a páxina 42 do libro de texto).

2-  Cales eran as clases sociais en Atenas? (Podes consultar a páxina 40 do libro de texto.)


1ª Guerra Médica: Batalla de Maratón. Que pasou? Por que coñecemos hoxe unha proba deportiva co nome dre maratón?

2ª Guerra Médica: As Termópilas e os 300 de Leónidas. Investiga que pasou.

3ª- Rematada a terceira Guerra Médica que ocorre entre Esparta e Atenas?  Que son a Liga do Peloponeso e a Liga de Delos? Bótalle un ollo aos seguintes vídeos para respostar esta cuestión:


 


4- Como morreu Pericles?  Que ten que ver a illa  italiana de Sicilia? Podes consultar tamén no libro de texto páx. 31 do tema 3

5- Cal destas cidade-estado ou polis saiu mellor parada Esparta ou Atenas finalmente? De onde procedía Alexandre o Magno?


venres, 11 de marzo de 2022

Contidos da 2ª Avaliación




 A ÉPICA no libro páxinas 156 -157.

A ODISEA  de Homero 

A FUXIDA de TROIA de ENEAS

AS MULLERES DA FUNDACIÓN DE ROMA


A  HISTORIA DE GRECIA(II):  PANORÁMICA DA ETAPA ESCURA OU INVASIÓN DORIA Á ÉPOCA HELENÍSTICA.

A Época Escura (a invasión Doria e as  súas consecuencias)

A Época Arcaica.

A Época Clásica

A Época Helenística.


O TEATRO no libro páxinas 160-161.

A ORIXE DO TEATRO E A EVOLUCIÓN DA TRAXEDIA

Do ritual á traxedia

Evolución da traxedia: Autores conservados e características das súas obras

Arquitectura do teatro grego

A Comedia antiga e a Comedia nova.


domingo, 6 de marzo de 2022

O TEATRO, INVENTO DOS GREGOS

  O Teatro podemos consideralo un invento dos gregos, pero non deixa por iso de haber moitas outras manifestacións dramáticas  noutras culturas que comparten características co xénero literario teatral dos gregos.

Estudaremos, en primeiro lugar, antes de introducirnos na lectura de textos tráxicos, a orixe e evolución dun fenómeno relixioso que se vai distanciar pouco a pouco do culto a un deus vido de fóra. Foi o deus Dionisos o centro inicial deste culto que logo foi preocupándose máis das inquedanzas dos seres humanos que rematan por ser o eixo de todas as tramas e converter un antigo festival relixioso nun gran xénero literario, nunha ferramenta de índole política e didáctica para un pobo que acudía en masa ás representacións. Non só se producáin en Atenas, tamén as houbo noutros lugares onde se construíron teatros capaces de albergar espectáculos para milleiros de persoas.

ORIXE E EVOLUCIÓN DO TEATRO

luns, 21 de febreiro de 2022

DA IDADE ESCURA Á ÉPOCA CLÁSICA NA PROCURA DUN IMPERIO

 Imos estudar a evolución da Historia da Hélade dende a entrada dos Dorios ata a Guerra do Peloponeso e a aparición posterior de Alexadre Magno, o rei macedonio que se beneficiou da debilidade de dúas grandes potencias que intentaron asentar un imperio que lonxe de fortalecer a Esparta ou a Atenas, impediulles a ambas lograr o seu obxectivo.

Pero neste longo proceso que imos dividir en distintas etapas iremos visualizando e detallando algunhas das máis importantes creaccións  que a Cultura Grega vai ir dando á luz en cada unha das seguintes etapas:

  Traballemos logo un cuestionario inicial sobre este primeiro esquema  no seguinte enlace: 

DA ÉPOCA ESCURA Á ÉPOCA CLÁSICA

xoves, 3 de febreiro de 2022

OS REGRESOS DE TROIA E UNHA FUXIDA


 A principal fonte que nos relata a caída de Troia o final da guerra e os regresos da mesma é  A Odisea de Homero. Trátase dun texto ben diferente ao da Ilíada, tanto que a crítica pensa que poderíamos asegurar que responde en ran medida a un autor distinto.  En todo caso o nome de Homero foi o que se transmitiu.

ACTIVIDADES  DA 11ª SEMANA:  

Imos realizar unha viaxe por este libro que pasa por ser algo semellante á primeira gran novela da literatura occidental. Para elo seguimos o guión de 12 cuestións que propoñemos no seguinte enlace:   A NOSA PROPIA ODISEA 

Pero a Mitoloxía grega noustros textos tamén nos relata outros REGRESOS que iremos incorporando na próxima semana para poder avanzar á vez, nas prósximas semanas, cara a unha das grandes creacións culturais da Grecia Clásica como é o Teatro, outro xénero literario que vai esixir de nós investigar sobre a súa xénese e asentamento.

A FUXIDA DE ENEAS

Mais para rematar este Ciclo Troiano non podemos facelo sen abrir outra vía de traballo que nos vai levar nada máis e nada menos que ata o Lacio, é dicir , ata Italia e logo ata Roma. Farémolo da man doutro gran libro. A ENEIDA de Virxilio que está escrita en latín no século I a. C. que comeza co relato da fuxida de Troia. 


AS MULLERES DA FUNDACIÓN DE ROMA

xoves, 20 de xaneiro de 2022

De cara ao 2º avance:

 AMORES DE ZEUS

Amores de Zeus

As investigacións propias

Os 12 deuses do Olimpo (aprender os nomes en grego e latín) no libro de texto páx. 116-117 

O xuízo de Paris

TROIA         

Micenas á Conquista de Troia. 

Lendo a Homero

A Troia da Arqueoloxía. 

Da épica ao cinema 

luns, 20 de decembro de 2021

TROIA ESPÉRANOS

 A actividade deste NADAL pasa simplemente por visualizar unha película titulada TROIA  coa idea de realizar na aula un cineforum sobre a mesma á volta das vacacións. Esta actividade será o punto de partida dun traballo que estamos deseñando sobre a monumental obra de Homero e a cidade que provocou os seus 24.000 versos. Troia espéranos.


A VERDADE SOBRE A TROIA DA ARQUEOLOXÍA

TROIA: 

A Troia da Arqueoloxía (HISTORIA E MITO). O obxectivo é investigar que hai de realidade, que sabemos sobre a Troia histórica e distinguila do mito. Debemos pois coñecer por un lado tanto os personaxes como, a grandes trazos, o argumento da Ilíada de Homero e, polo outro, contrastar estes datos da literatura e mitoloxía co que a arqueoloxía e a filoloxía chegaron a descubrir sobre o acontecido ao redor da Guerra de Troia, un conflito entre gregos e troianos. Como guía usamos este documental:

- A orixe da guerra de Troia (I)


- O tesouro de Príamo e Schliemann (II)


- De Troia a Micenas (III):

- A Guerra de Troia (IV):

O Combate entre heroes (V):

A destrución de Troia (VI):

As verdades sobre a guerra de Troia (VII):

 A seguir podes abordar nos seguintes enlaces as actividades a realizar unha vez visto o documental da BBC cuxo obxectivo é ter unha visión de cal é a realidade arqueolóxica da Guerra de Troia. 

LENDO A HOMERO. Trátase agora de volver ao texto da Ilíada para coñecer mellor o relato literario.

Por que comeza no noveno ano de asedio?

Quen son Briseida e Criseida, por que son tan importantes na trama?

SELECCIÓN DE TEXTOS DA ILÍADA DE HOMERO

DA ÉPICA DE HOMERO AO CINEMA