A principal fonte que nos relata a caída de Troia o final da guerra e os regresos da mesma é A Odisea de Homero. Trátase dun texto ben diferente ao da Ilíada, tanto que a crítica pensa que poderíamos asegurar que responde en ran medida a un autor distinto. En todo caso o nome de Homero foi o que se transmitiu.
Imos realizar unha viaxe por este libro que pasa por ser algo semellante á primeira gran novela da literatura occidental. Para elo seguimos o guión de 12 cuestións que propoñemos no seguinte enlace: A NOSA PROPIA ODISEA
Pero a Mitoloxía grega noustros textos tamén nos relata outros REGRESOS que iremos incorporando na próxima semana para poder avanzar á vez, nas prósximas semanas, cara a unha das grandes creacións culturais da Grecia Clásica como é o Teatro, outro xénero literario que vai esixir de nós investigar sobre a súa xénese e asentamento.
Mais para rematar este Ciclo Troiano non podemos facelo sen abrir outra vía de traballo que nos vai levar nada máis e nada menos que ata o Lacio, é dicir , ata Italia e logo ata Roma. Farémolo da man doutro gran libro. A ENEIDA de Virxilio que está escrita en latín no século I a. C. que comeza co relato da fuxida de Troia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario