![]() |
| Pandora, a primeira muller, sabes que significa o seu nome? |
A APARICIÓN DOS MORTAIS NA MITOLOXíA GREGA. Coñecerás que hai polo menos catro versións diferentes para explicar a aparición os mortais na mitoloxía grega.
![]() |
| Pandora, a primeira muller, sabes que significa o seu nome? |
Como eran as letras antes dos xeroglíficos?
CUESTIONARIO PARA INVESTIGAR
Eran os chamados indoeuropeos un pobo ágrafo?
Argumenta a resposta.
Que é un pictograma? En que se diferenza do
ideograma?
Que é a escritura cuneiforme? Onde naceu?
Que dificultade atopamos cos ideogramas
chineses?
Que significa a palabra "xeroglifos"? Por que era secreta a escrita dos escribas? ( ten relación co uso da escrita por parte dos poderosos que se facía na antigüidade, por exemplo en Exipto a previsión das inundacións do Nilo por parte dos faraóns) Que peculiaridade ten un xeroglifo distinta dos ideogramas?
Que é un silabario?
Cal é o primeiro alfabeto creado polo ser
humano? Que peculiaridades ten con respecto ao grego?
Aprende o alfabeto grego. Escribe o teu nome coas letras gregas. Non deixes de consultar esta curiosa entrada sobre os ALFABETOS
PARA CONSULTAR E RESPONDER:
SÓCRATES E OS SOPORTES DA ESCRITURA
Que pensaba Sócrates da escritura? Podes consultar máis abaixo.
Que unha taboíña de cera? E un stilum?
Que signinifica en orixe a palabra libro
(liber)?
PARA SABER MÁIS SOBRE J-François Champollion
"Nunca mais escaparemos a esses gregos."
Sophia de Mello
O pasado é o espello do ser e no pasado temos que atoparnos se queremos vivir no presente e mesmo se desexamos construírmos o futuro.
Como podemos vivir o pasado? Onde podemos aprender quen somos? En moitos lugares do tempo vivido pola humanidade, pero sobre todo nas raíces da nosa cultura que manteñen co nós de hoxe fortes vínculos e conexións. Un deses lugares no tempo é GRECIA, a ANTIGA GRECIA. Ata alí iremos da única forma que podemos viaxar a través do tempo que son os restos arqueolóxicos e artísticos que conservamos, a xeografía, a literatura e a filosofía, o teatro, os mitos, a historia e lingua, todo o que aínda gardamos da súa cultura, Olimpia e as Olímpíadas incluídas.CULTURA polo tanto será o que mamemos da propia teta desa Europa moderna na que vivimos, e será CLÁSICA porque é modelo, padrón ou medida dun mundo, o seu, o da Antiga Hélade. O mundo da Antiga Grecia que algo cambiou desde aquela (hai 2500 anos), pero non cambiou tanto como para desdeñar por completo unha gran parte do seu esforzo por entendelo, ese maxistral proceso de asimilación do universo, para darlle pé a nosa lectura.
A dimensión do ser na GRECIA ANTIGA será logo o modelo do que partiremos, mais coñecer ese padrón non basta con observar as copias ou os orixinais das esculturas de homes e mulleres daquela época. A visión da escultura, os volumes e mesmo as cerámicas, columnas e templos que conservamos non son máis que un punto de partida para interpretar o pasado, sempre, sempre dende o presente (non hai outra forma) o que nos permite incorporar a esa mirada unha perspectiva singular ao nos pasado dende a mirada de hoxe, do aquí e agora.Observa os corpos que os gregos esculpiron na época clásica, unha mirada fonda que precisou a súa vez dun tempo. Produto, pois, dunha evolución que nós recibimos en herdanza. Cando dicimos nós é a sociedade occidental e europea de hoxe que recolle a colleita do grego con especial fervor porque nela está en esencia unha gran parte de eu, do nós que somos. Para interpretala, axúdanos moito tamén a cultura latina que Roma estendeu co seu imperio da man da grega, porque a ANTIGA ROMA tamén foi conquistada polo saber dos gregos.
A seguir reproducimos as palabras que Sophia de Mello escribiu como introdución ao seu libro: O nú na antiguidade clásica:
" O nu é unha invención grega. No Exipto, na Asiria, na Caldeia, o nu é apenas unha maneira de vestir. Mais o pensamento grego cre na aletheia, cre no non cuberto, no non oculto, procura o ser non cuberto, espido.
Desde o inicio o escultor grego, fundamentalmente colócase non en fronte do ser humano vestido con armadura de guerreiro ou vestuario de escravo, sacerdote ou príncipe, pero si fronte ao espido do ser humano en si. Porque cre que o ser está na phisis, o grego cre que o ser está no mundo en que estamos. Para o asirio, para o exipcio, para o Caldeo, a verdade do ser está noutro mundo, no mundo do sagrado exterior ao universo e oculto. Pero o grego cre no divino interior ao universo. é neste mundo, no estar, no parecer, na aletheia, que el busca o ser.
A este mundo en que está o grego chama kosmos. Mais Kosmos, oposto a chaos, non significa outra cousa que mundo ordenado e fermoso.
Esta orde é en si mesma creadora e divina; e ao esculpir un corpo o artista grego tenta mostrar a relación do ser humano coa orde que é a íntima estrutura do kosmos, da phisis, do mundo do cal o ser humano brota e se ergue.
O corpo humano para o artista grego non é un modelo senón un padrón. E é un fenómeno en que o ser se manifesta, emerxe e brilla. é ser, estar , aparecer... Deste xeito no corpo humano o artista grego le a orde do mundo onde está...."
Destas palabras espero deduzas que será a nosa unha aventura complexa na que comezamos, como esperamos rematar, dando grazas:
ACTIVIDADES: Tras ver o vídeo.
1- Enumera as distintas palabras e disciplinas ou materias que podemos relacionar coa Grecia Clásica.
2- Sabes por que razón ou razóns temos que dar as grazas a Grecia. Como se di Grazas en Grego:
3- Cales son as letras do alfabeto grego? Imos escribilas.
4- Agora proba a escribir o teu nome coas letras gregas e logo a formar palabras con ese alfabeto. Non escribirás en grego, pero é unha forma práctica de te familiarizar con este alfabeto.
Coñezamos agora unha das primeiras pezas que nos permite avanzar na puzzle que constitúe para nós hoxe o mundo da antiga Hélade. Imos falar dos mitos, unha das creacións máis orixinais de GRECIA.
Imos ir pensando en debater agora entre nós unha vez que temos xa certos coñecementos de oratoria e recursos para realizar discursos persuasivos.
Reunimos unha serie de temas de carácter universal que nos poden valer para establecer debates propoñamos títulos:
- SER DIFERENTES VS OS DEREITOS Á IGUALDADE
- RURALISMO OU BARBARIE vs CULTURA URBANA E GLOBAL
- INDIVIDUALISMO E COLECTIVIDADE
POBRES VS RICOS
- A VIOLENCIA A DEBATE: SI VIS PACEM PARA... PACEM AUT BELLUM
OCCIDENTE VS SER HUMANO
INCOMUNICACIÖN E REDES
OUTRO DEBATE A PARTIR DUN ROTUNDO NON AO RACISMO!
LE O TEXTO: Nunha carreira, Abel Mutai estaba a só uns
metros da líña de meta, cando se trabucou coa sinalización, pensando que xa
completara a carreira. O español, Iván
Fernandez, estaba xusto detrás de el e, ao ver a situación, comenzou a berrar
para que o keniano estivese alerta, pero Mutai non entendeu o que dicía o seu
colega. O español logo o empurrou cara á
vitoria.
Un
periodista preguntoulle a Iván:
"Por que fixeches iso?"
Iván
respondeu con outra pregunta: "- Que é iso?" Non entendo a pregunta...
"-
Por que deixaches gañar a Kenia?"
"-
Non o deixei gañar, ía gañar".
"-
Pero poderías gañar ti!"
"-
E cal sería o mérito da miña vitoria? Cal sería o honor desa medalla? Que
pensaría miña nai diso?"
O
honor, a ética e a vergonza na cara son principios transmitidos de xeración en
xeración.
Non
deixes que eses principios se perdan!
Comecemos logo o debate:
CONFIANZA VS DESCONFIANZA
E se comezase de improvisto a chover, ti tes un paraugas e hai unha persoa ao teu lado á cal non coñeces e non ten paraugas, ves que se está mollando, serías quen de abrigalo baixo o teu paraugas para que non se mollase? Farías o mesmo se a persoa que está ao lado fose coñecida? Ou se fose a cruzar e viñese un coche que ela non ve e pode ser atropelada? A ética obrigaríanos a actuar en todos os casos?
Hai que perder de vista o nivel na educación? As ferramentas da educación e de sermos nós construtores do noso camiño é unha clave para a educación?
Analicemos o que nos comunica este alumno arxentino. Establece ideas centrais:
1-
2-
3-
De seguido deixamos falar a un docente, o outro lado da experiencia educativa:
Está presente no sistema actual?
Imos reflexionar sobre o feito educativo e para comezar escollemos unha lección do controvertido profesor Merlí:https://www.dailymotion.com/video/x7v5nos
Visualizamos e evidenciamos que son posibles modelos distintos de educación.
htt