martes, 16 de decembro de 2025

MENSIS INTERCALARIS


CALENDARIO PRE-XULIANO

O calendario actual chámase xuliano porque é un invento que herdamos de Xulio César:

O calendario é un invento ben antigo e cada cultura desde a prehistoria tivo o seu seguramente. Mais o que usamos nós hoxe en occidente é un calendario qu enaceu en Roma cando Xulio César tivo o poder, a necesidade e a oportunidade de realizar uns cambios no que viña un calendario que coñecemos como prexuliano coas seguintes deficiencias:

1º Nacera din no século VIII a. C. co primeiro rei de Roma chamado Rómulo, como un calendario lunar moi imperfecto que comezaba en marzo e tiña dez meses,  duraba 305 días.  

2º Axiña foron mellorando ese calandario coa introdución de dous meses máis o de Ianuarius que colocaban ao comezo do ano e o de Februarius que estaría inicialmente colocado  ao final do ano como mes das purificacións, xa era un ano de 355 días, pero tiña un gran problema de descordinación coas estacións solares.

3º Isto provocou unha nova reforma para introducir un mes 13,  denominado mensis intercalaris, cada 19 anos, para converterse nun calendario luni-solar...

Aínda así este engadido foi produto de moitos desatinos ata tal punto que no ano 63 a.C. había un gran desfase entre a lúa e o sol (55 días).  Xulio César abordou a reforma definitiva.


CALENDARIO XULIANO

IANUARIUS 

FEBRUARIUS (28) (bis sextus)

MARTIUS

APRILIS

MAIUS

IUNIUS

QUINTILIS

SEXTILIS

SEPTEMBER

OCTOBER

NOVEMBER

DECEMBER

luns, 8 de decembro de 2025

UNIDADE 3: DE TROIA Á ÉPICA


μῆνιν ἄειδε θεὰ Πηληϊάδεω Ἀχιλῆος...

A cólera canta, deusa, do Pélida Aquiles,... ***


 A TROIA DA ARQUEOLOXÍA. 

LENDO A ILÍADA DE HOMERO

OS ESPAZOS HOMÉRICOS

Apolo I
ver troia


selección de textos homéricos

cineforum: A Ilíada de Homero e a película de Troia.

xoves, 6 de novembro de 2025

UNIDADE 2: DO SEGREDO DE PROMETEO Á HISTORIA DA ANTIGA GRECIA.


do poeta mexicano Aníbal Malaparte

DESCOBRE O SEGREDO DE PROMETEO: Unha historia en tres capítulos na que coñeceras unha morea de personaxes novos e algúns abrirán á vez novas e intrigantes historias sobre as que se seguen a escribir ríos de tinta. Pero comecemos o relato polo principio:

- Tetis, Peleo e Quirón...

- A voda de Tetis e Peleo

- O xuízo de Paris

COMEZAMOS COA HISTORIA?

    Chegado este punto imos deter o relato mitolóxico, para pasar á realidade, a que se documenta na Historia da Hélade antes de ser a Hélade, de analizar con datos e datas constatables as compoñentes (mediterránea e indoeuropea) facendo uso do punto de vista máis científico, aínda que falando da antigüidade non nos poidamos librar de todo do mito, como veredes.



ETAPAS DA HISTORIA DA GRECIA ANTIGA:  DE CRETA A MICENAS

ESPAZOS DA CIVILIZACIÓN CRETENSE OU MINOICA

O Lineal A dos cretenses aínda non era grego.

Como vivían as xentes de Creta?

Era Creta a Atlántida?

Creta e Minos na Mitoloxía



venres, 5 de setembro de 2025

UNIDADE CERO: Memoria et cultura

  

A dependencia da memoria que toda cultura ten está intimamente relacionada coa capacidade do ser humano de exercer a súa identidade.  A identidade é unha marca social. Todas as persoas precisan da identidade, aínda que esa necesidade non require ser consciente dela e, moito menos, das dimensións culturais complexas da nosa forma de ver o mundo. Esa extensión que denominamos universal, realmente non é tal, senón que é para nós, nados en Galicia, o reflexo dunha cultura occidental ou europea tamizada polo lugar onde nacemos e aprendemos da vida.    Ti es unha persoa do planeta Terra, mais a túa condición de galega, peninsular e europea, á vez, determina a túa identidade. Esta materia trata disto, de facer memoria para tomar conciencia dunha parte esencial da túa personalidade, da chamada Cultura Clásica, un achegamento fiel e cómplice para quen desexa coñecer a persoa que estamos construíndo. Ao cualificala de Clásica a esta faceta da cultura, estámola asociando ao afán de ser modélica e básica, referencial e inescusable.  Mais todo é discutible, mesmo é importante caer na conta de que a cultura debe ser inconformista, cuestionable e crítica consigo mesma. De aí que o apelido Clásica tentemos buscarlle outras aplicacións e debamos indagar solucións inusitadas.    

Esta materia procura logo a empatía co edificio que estás a levantar. Poderá esta casa do saber de min, de nós, como todas as casas, estar mellor ou peor rematada, máis ou menos decorada, responderá todo isto ao esforzo que poñamos nesta empresa.  É vital a curiosidade por coñecermos a nós mesmos, esencial escoitar e debater. Atopar o camiño pertinente por andar, un percorrido que como toda viaxe pode ser detallada ou vivida de formas diferentes, unha excursión de fondura variable en función dos intereses de cada quen e cuxos resultados serán polo tanto felizmente diversos, ineludiblemente particulares. Dispón a túa vontade e boa viaxe!


COMEZAMOS: 1ª reflexión:

 Unha meta dar as Grazas a GRECIA nun vídeo colectivo procurando antes argumentos suficientes:






Rematamos esta Unidade 0 pensando con que formato ou formatos quero ir recompilando o meu traballo con esta materia para poder avaliar a miña intervención neste proceso de memoria e cultura que acabamos de emprender.



xoves, 26 de xuño de 2025

A LECTURA que HABITA EN MIN

 Como proposta final do curso tres lecturas clásicas vidas da Grecia Antiga e da Roma imperial que esperan instalarse no teu interior para seguir amoblando o teu fogar aberto á cultura:

Recomendamos a lectura da poeta máis antiga que se coñece: SAFO na edición comentada pola especialista Aurora Luque: 


Unha novela áxil sobre  a Romanización da Gallaecia: As murallas de Berxida de Fernando Cerezales


A medio camiño entre o ensaio devoto da cultura grega e a súa poesía creativa de Sophía de Mello en portugués, un libro de culto consultado no presente curso e que vale por dous: 


Para quen aínda entre estas propostas non atopase unha lectura axeitada no seguinte enlace quedan outras propostas xa ofrecidas no curso 23/24

luns, 2 de xuño de 2025

OBXECTIVO SEGUIR APRENDENDO


 Insistimos nunha idea que comentamos ao comezar o curso, a Cultura Clásica dá para algo máis qu eun curso, vai quedar moito por coñecer. ese interese por aprender é logo algo que podedes poñer en práctica nesta recta final de curso. Para abordar unha serie de traballos fin de curso vou indicar unha serie de preferncias, sempre co noso blog como punto inicial e de fonte de consulta. Propostas as seguintes:

1º/ Unha boa idea é darlle unha visualización ao visto nestas tres avaliacións e traballar sobre algún aspecto enunciado durante o curso, pero que non foi desenvolto como a ti che gustaría, unha oportunidade de afondar e indagar algo novo mais desta vez sendo eu propio o motor do proceso.   

2ª/ O teatro grego dá moito xogo como fórmula para abordar temáticas universais que se concretan nos nosos días usando personaxes e tramas clásicas. Indagar sobre como se producen estas adaptacións a día de hoxe, pode ser un bo tema.

3º/ Hai xente na aula que non leu nin afondou no posible movemento de rebeldía feminina na Atenas do século V a. n.e. Non estaría mal usar este asunto como traballo de investigación.  

4º/ As Olimpíadas foi un deses temas que nos quedou a medias, hai diversos aspectos por desenvolver, todos moi interesantes. Orixe das probas olímpicas. O espido nas olimpíadas e a escultura grega... 

5º/ A democracia é outro dos grandes inventos gregos sobre os que apenas indagamos. Como entendían a democracia os atenienses, que diferenzas existen coas democracias actuais...

6º/ Sempre hai personaxes de interese sobre os que non se falou nada ou pouco: un par de nomes relacionados coa filosofía e a ciencia: Sócrates e Hipatia.

7º/Non gravamos o vídeo dándolle as grazas en galego a Grecia, logo tamén podemos preparar un guión xeitoso e creativo para realizar esa gravación. Sería unha fórmula interesante de rematar este curso dun xeito circular.  (Primeira entrada do curso na que está o vídeo