martes, 14 de setembro de 2021
ITER IDENTITATIS...
xoves, 10 de xuño de 2021
III- CONCURSO DE TEATRO CLASICO SEI SAN NARCISO (2021)
Os
premios do TERCEIRO CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO :
-
PREMIO Á MELLOR REPRESENTACIÓN CÓMICA PARA:
-
Grupo de Cultura Clásica 3º ESO
B pola obra AMOR OU INTELIXENCIA? sobre textos da Odisea de Homero.
-
PREMIO PARA O MELLOR ACTOR CÓMICO:
-
Mateo de la Torre Carril (3º ESO A) polo seu papel de Odiseo na obra: Circe ou Penélope?
-
PREMIO PARA A MELLOR ACTRIZ CÓMICA:
-
Raquel Catalán Rodríguez (4º
ESO-LATÍN) polo seu papel de Alcmena na obra Anfitrión de Plauto.
-
PREMIO Á MELLOR REPRESENTACIÓN TRÁXICA PARA:
-
Grupo de Cultura Clásica 3º ESO
B pola obra ANTÍGONA sobre textos de Sófocles e Anouilh.
-
PREMIO PARA O MELLOR ACTRIZ DE TRAXEDIA:
-
Andrea Sanjorge Barcia polo seu papel de Antígona na traxedia do mesmo
nome.
Organiza
o Departamento de Linguas Clásicas do Colexio SEI San Narciso.
martes, 1 de xuño de 2021
CONTIDOS 3ª Avaliación:
- ODISEAS Consultar e responder as 12 cuestións para realizar a túa Odisea particular.
Sophía de Melho escribiu algún día: O nú é uma invençáo grega.
No Egipto, na Assiria, na Caldeia, o nu é apenas uma maneira de vestir. Mas o pensamento grego crê na aletheia (verdade), crê no näo-coberto, no náo-oculto, procura o homem näo-coberto, nu.Trátase de decifrar a lei do corpo humano, e a proporçao- que ese corpo manifesta e que o insere na ordem do universo. Assim também no corpo humano o artista grego lé a ordem do mundo onde está. E por isso falar do nu na arte grega é sempre falar da relaçao do homem com o divino.
Tambén o corpo humano aparecerá na arte grega como uma coisa criada á medida exacta do kosmos onde habita. Os corpos da escultura grega serán vistos como uma arte relixiosa que revela a harmonía do Kosmos. Este kosmos os deuses náo o criaram. O divino é anterior aos deuses.
O que o homem grego espera do poeta, do pintor, do escultor, do arquitecto e do musico é que lle revele o divino. Non reproduce o individual mas si a forma exemplar. Mas na Grecia Clássica a missáo dopintor e do escultor náo será retratar mas sim revelar e decifrar no real o divino. O divino é interior á natureza, conssubstancial á natureza. O ser está na physis (no material). Trátase de descobrir a ordem da natureza.
( Textos tirados do libro: O nú na antigúidade Classica.)
- A COMEDIA QUE REPRESENTAMOS: Argumento, personaxes e interpretación persoal do conflito central da comedia a representar.
- A TRAXEDIA QUE REPRESENTAMOS: Argumento, personaxes e interpretación persoal conflito central da traxedia a representar.
martes, 11 de maio de 2021
ODISEAS
Comezabamos o curso falando de facer do mesmo unha viaxe ao mundo da Antiguidade, unha viaxe especial ás nosas raíces. Pois aí estamos na experiencia da viaxe como dicía o poeta grego do século XX Cavafis no seu poema ÍTACA, a patria de Odiseo ao que tamén coñecemos co nome de Ulises:
ACTIVIDADE: Desta viaxe a ODISEA, a primeira é a de Homero. Viaxa con el as súas XII etapas para entender a fondo o poema que acabamos de escoitar.
Pero nesta terceira avaliación, cando falta xa pouco para chegar a porto, é cando máis percibimos a importancia de alongar a viaxe por ser esta a fonte da experiencia. Moitos son os itinerairios que resta por explorar, por exemplo o das Olimpíadas. Das Olimpiadas hai un que non quixera demorar máis en invitar a percorrelo e disfroitalo:
Tamén imos abordar o gran reto de achegar a nós os textos antigos e vivilos sobre un escenario: Representemos unha traxedia e unha comedia para darlle grazas a Grecia por comezar esta viaxe.
domingo, 2 de maio de 2021
Contidos 3º avance
- Traxedia e Comedia
- A democracia ateniense e o teatro (ver cadro)
- Unha traxedia: Troianas
O paso da sociadade gens á sociedade dos servi
Atenas versus Roma: As guerras que asentaron a sociedade dos servi: consecuencias en Grecia e en Roma.
- O rapto de Perséfone
- Orfeo e Eurídice
- Apolo e Dafne.
- Hefesto, Afrodita e Ares
- Adonis Perséfone e Afrodita.
domingo, 25 de abril de 2021
ATENAS VERSUS ROMA:
É un repaso básico á historia da Antigüidade especialmente a Grecia e a Roma. Pero antes de seguir debemos saber algo máis sobre ATENAS:
ESPARTA, A OUTRA CIDADE
CUESTIONES: Investiga e decide: Tras procurar algo de información e facendo uso da mesma procura con tres ou máis razoados argumentos escoller unha das dúas cidades-estado. Logo fai o mesmo coas dúas personalidades femininas que coñecemos seguramente grazas a dous dos máis importantes líderes masculinos destas cidades.
1- Esparta ou Atenas?
2- Aspasia ou Gorgo?
Para saber máis:
Gorgo:blogtabula
Aspasia:webcindario
ATENAS VERSUS ROMA
As guerras que asentaron as sociedades dos SERVI (escravistas) non chegaron a permitir perpetuar un Imperio a Atenas como si o fixeron con Roma. NO seguinte vídeo podes ver como delinou o imperio ateniense tras un século esplendoroso.
domingo, 18 de abril de 2021
Mitos de Primavera
Como contaban os gregos aos seus pequenos a orixe do cambio das estacións? Que sabes de Perséfone e Hades? Que sabes de Orfeo e Eurídice? Quen era Dafne?
Que pasou no Olimpo cando Hefesto (Vulcano) soubo que Afrodita (Venus) mantiña unha relación con Ares( Marte)?
![]() |
Ares e Afrodita atrapados pola rede de Hefesto |
![]() |
Venus e Adonis |