1- Busca as diferenzas: A muller romana versus a muller na actualidade. Vai visualizando as principais diferenzas e semellanzas entre a muller romana e a muller na actualidade nos seguintes vídeos:
O guión do documental segue este esquema aproximadamente:
Nacemento
Familiacognitia ( fillos/as propios do matrimonio do Pater Familias /agcognitia(adopción por parte do Pater Familias dun fillo, por exemplo)
Fotomitoloxía:O punto extra para o avance. Non vale calquera cousa. Hai que realizar unha versión fotográfica en base a un cadro dun mito procurando non repetir o dos demais (consultar alistaxe antes co profesor), coa idea de realizar un catálogo mitolóxico da aula.
TROIA:
A Troia da Arqueoloxía (HISTORIA E MITO). O obxectivo é investigar que hai de realidade, que sabemos sobre a Troia histórica e distinguila do mito. Debemos pois coñecer por un lado tanto os personaxes como, a grandes trazos, o argumento da Ilíada de Homero e, polo outro, contrastar estes datos da literatura e mitoloxía co que a arqueoloxía e a filoloxía chegaron a descubrir sobre o acontecido ao redor da Guerra de Troia, un conflito entre gregos e troianos. Como guía usamos este documental:
- A orixe da guerra de Troia (I)
- O tesouro de Príamo e Schliemann (II)
- De Troia a Micenas (III):
- A Guerra de Troia (IV):
O Combate entre heroes (V):
A destrución de Troia (VI):
As verdades sobre a guerra de Troia (VII):
A seguir podes abordar no seguinte enlace as actividades a realizar unha vez visto o documental da BBC cuxo obxectivo é ter unha visión de cal é a realidade arqueolóxica da Guerra de Troia.
LENDO A HOMERO. Trátase agora de volver ao texto da Ilíada para coñecer mellor o relato literario.
Por que comeza no noveno ano de asedio?
Quen son Briseida e Criseida, por que son tan importantes na trama?
Para coñecer o Olimpo, temos necesariamente que investigar sobre a complexa vida amorosa de Zeus. Imos partir da seguinte árbore xenealóxica:
A configuración do chamado Olimpo dos deuses é
unha cuestión un tanto complexa que imos estudar e investigar á vez, agrupando
os distintos momentos de formación do Olimpo en catro epígrafes:
- Os amores de Zeus.
- A convulsa relación entre Zeus e Hera.
- Novos ataques contra o Olimpo: Xigantomaquia
e Tifonomaquia.