mércores, 26 de xuño de 2019

REPORTAXE DAS OBRAS DE 3º ESO A (2019)

ORFEO E EURÍDICE
Fotos de Alberto Rouco
TRAXEDIA
MUSA: Marta Folgar
ORFEO: Víctor de la Torre
EURÍDICE: Sabela Casal
MULLERES TRACIAS: Andrea Carcer, Antía Domínguez, Sonia Domínguez, Laura Sánchez
PERSÉFONE: Mayra Carramal
ARISTEO: Adrián Martínez
SERPE: Diego Bugallo
CARONTE: Carlos Domínguez
HADES: J.M. R. Curras
Luz e son: Alexia Pereira
Adaptación e Dirección: Héctor Silveiro.

 O mito dos tráxicos amores de Orfeo e Eurídice foron dramatizados despois de traballados nas aulas con gran resolución. A terceira obra posta en escena foi a que o público asistente, alumnos/as da ESO e Bacharelato do noso centro, cualificou como a mellor traxedia representada.  A verdade é que a interpretación foi desigual, pero o conxunto resultou satisfactorio para os espectadores outorgándolle un destacado primeiro posto.


































 A NOSA VERSIÓN DA  COMEDIA DE ANFITRIÓN
COMEDIA
SOSIAS: Marta Folgar
MERCURIO: Mayra Carramal
XÚPITER: Diego Bugallo
ALCMENA: Sabela Casal
ANFITRIÓN: José M. R. Currás
DEUSAS DOS NACEMENTOS: Andrea Carcer, Sonia Domínguez, Laura Sánchez e Antía Domínguez.
Luces: Alexia Pereira
Dirección: Héctor Silveiro


Esta representación logrou o premio á mellor comedia do certame ao contar cun reparto moi entregado e brillante, especialmente o papel de Alcmena, Sabela Casal (Premio á mellor actriz con toda seguridade polo papel que representou nesta obra) ademais dos destacados papeis de Sosias e Mercurio (ambos asumidos con moita "vis" escénica por Marta e Mayra) e como contrapunto a un Anfitrión que tamén disputou o Premio ao mellor actor masculino grazas a esta interpretación.





























































 e mutis polo foro...

mércores, 19 de xuño de 2019

CELEBRADO O II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Hoxe día 19 de xuño celebrouse o II Concurso de Teatro Clásico San Narciso coa representación de 7 pezas a cargo de distintos grupos do noso centro. Á espera de preparar material gráfico para dar unha idea o máis aproximada do que aconteceu, publicamos xa con carácter urxente os resultados das votacións do xurado que foi o público asistente, cada espectador/a un voto. A seguir colocamos os datos:


PREMIO Á MELLOR TRAXEDIA: ORFEO E EURÍDICE representada por 3º ESO A


PREMIO Á MELLOR COMEDIA: ANFITRIÓN representada por 3º ESO A.




PREMIO AO MELLOR ACTOR: Rubén Carnero de 4º ESO B que interpretou a Hades na traxedia : O rapto de Proserpina e a Eneas na comedia As mulleres e Eneas.


PREMIO Á MELLOR ACTRIZ: Sabela Casal de 3º ESO A que interpretou a Eurídice na traxedia premiada e a Alcmena na comedia tamén premiada. 

A actuación entregada de Sabela, a actriz recoñecida co Premio do público, decantou posiblemente cara ás obras nas que aparecía como traxedia e comedia mellores. Cremos de todos os xeitos que se ben é certo que sabela foi brillante na súa interpretación o  traballo actoral de moitos e moitas das participantes debemos dicir que en gran medida foi ensombrecido ao ben compartir reparto con ela, como no caso de Marta Folgar e Mayra Carramal, mesmo das grandes actrices doutros grupos que ademais tiñan papeis máis colectivos como é o caso de Lucía Madero, Ángela Rosales, Alba Domínguez, Claudia Vilas e Antía Vidal de 3º ESO B que realizaron un traballo impecable tanto na traxedia como na comedia que representaron. Hai que facer unha mención especial dentro das actrices a Raquel Catalán, de 2º ESO A que interpretou magnificamente a Pimpinela.
No tocante ás interpretacións masculinas foron en xeral menos brillantes e xulgadas como máis semellantes polo público asistente. Rubén Carnero con dous papeis (Hades e Eneas)  de 4º ESO B gañou por un voto a Víctor de La Torre (Orfeo) de 3º ESO A e este sacoulle un só voto de diferencia ao seu compañeiro de reparto J. M. R. Currás (Anfitrión) quedando de cuarto Yerai  Pazos de 2º ESO A interpretando ao Sr. Fuco.

Botouse de menos a división en dúas partes con descanso no intermedio, e poder facer entrega no mesmo día dos diplomas aos vencedores.



  REPORTAXE FOTOGRÁFICA  de Alberto Rouco:

    PIMPINELA 2ºESO A

3ºESO A: ORFEO E EURÍDICE/ ANFITRIÓN

3º ESO B: O XUÍZO DE PARIS/ MULLERES QUE NON SON FIARON LÁ.

4º ESO B:  O RAPTO DE PROSERPINA/ AS MULLERES E ENEAS


domingo, 9 de xuño de 2019

II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO (2018-19)

Lema: "Sementando a esperanza"

19 de xuño 2019 
Salón de actos do San Narciso

1ª parte: 

- 2º ESO A   "Pimpinela" (Os vellos non deben namorarse) de Castelao.
- 4 º ESO B  "O RAPTO DE PROSERPINA"
- 3º  ESO A   "ORFEO E EURÍDICE"
- 3º ESO B   "O XUIZO DE PARIS"

2ª parte:

- 4º ESO B "AS MULLERES E ENEAS"
- 3º ESO A "ANFITRIÓN" de Plauto.
- 3º ESO B "MULLERES QUE NON SÓ FIARON LA"
- 4º ESO     "MEDULIUM"

Premios:
Mellor Traxedia
Mellor Comedia
Mellor Actor
Mellor Actriz

O xurado será o público asistente (alumnos/as do San Narciso) 

ENTREGA DE PREMIOS: 14,00 h. 

luns, 20 de maio de 2019

3ª AVALIACIÓN

TEMA 11: GALLAECIA: DOS CASTROS Á ROMANIZACIÓN.
- A civilización Castrexa.
- Os cambios do mundo galaico coa Romanización.

TEMA 12: A ODISEA  DE HOMERO
- Traballo persoal.

TEMA 13: DE TROIA A ROMA
-  A ENEIDA de Virxilio
- A FUNDACIÓN DE ROMA

TEMA 14: MITOS DE PRIMAVERA
- Rapto de Perséfone.
- Orfeo e Eurídice.
- Afrodita e Adonis.

TEMA 15: COMO ESTUDAR A HISTORIA DA ANTIGÜIDADE
- A sociedade da gens versus a sociedade dos servi
- ATENAS VERSUS ROMA
- Un día na vida ateniense.
- Un día na vida romana.

 TRABALLO DE DRAMATIZACIÓNS PARA O II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO

luns, 22 de abril de 2019

Unha Xornada sobre o Teatro e a súa orixe...



As alumnas e alumnos de 3º da ESO A e B  prepararon un texto sobre a ORIXE DO TEATRO unha dramatización para o cal actuaron como MUSAS:

 Antía que era Thalia, a riseira musa da Comedia.
 Lucía que era Melpómene: a melodiosa musa da Traxedia máscara tráxica.
 Claudia que era Terpsicore: “a que deleita danzando” musa da danza e a coreografía
 Alba era Clío “a que ofrece gloria” a musa da historia.

 Ángela era Calíope, a musa do fermoso canto.
 Aroa era Erato, a musa da poesía.






A dramatización do mito de ECO e NARCISO fixérona;

Sabela, Antía que serían as dúas ECO

Sonia, Andrea, Mayra e Laura que foron NINFAS

No papel de NARCISO, Diego e José Manuel.



























 Podes ver unha reportaxe gráfica completa