Como se pode analizar un discurso persuasivo? |
É bo momento para lembrar o que debemos saber a estas alturas sobre o discurso persuasivo para podelos analizar e/ou construílos con soltura. Imos logo facendo memoria da
FORMA QUE DEBEN TER OU ESTRUTURA DO DISCURSO PERSUASIVO
Exordium: Capta a atención (como capta a
atención?)
Narratio:
Indica a necesidade ou problema a resolver e a súa solución. (Como
implicar ao receptor no tema que se enuncia)
Argumentatio: Visualiza as vantaxes e
inconvenientes da proposta. ( Trátase da parte máis extensa polo uso de argumentos lóxicos e emocionais)
Peroratio: Conclúe movendo á acción a favor do que defendes, convence. (No peche se debe condensar o argumentado e procurar contundencia asertiva para convencer.
Lembrade tamén ademais de enunciar un tema hai que argumentalo e que iso precisa dunha boa argumentación, a primeira irrefutable para que sexa sólida e logo acompañala de dúas máis a poder ser. Na argumentación emocional fanse especialmente necesarios os recursos literarios: metáfora, hipérbole, personificación, ironía...
-
SEGUNDO ARISTÓTELES hai certos aspectos ou OS MODOS DO DISCURSO PERSUASIVO que non poden faltar:
Ethos: A credibilidade do que vai falar (autoridade ou valía persoal
acreditada para emprender ese discurso)
Pathos: A argumentación emocional (ter ben
presente o interlocutor escollido, a quen se dirixe)
Logos: A argumentación lóxica (normalmente
equilibrada cos contidos emocionais para asentar obxectivament e o discurso)
Kairos: Procurar a oportunidade e adecuación (vese ben no
comezo e final, na captatio e noutros aspectos do conxunto que reforzan os modos anteriores).
DO DISCURSO ESCRITO AO DISCURSO ORAL
Para construír un discurso presencial teremos en conta ademais das súas partes (procurando enchelas cos contidos e recursos pertinentes) a linguaxe non verbal. Podemos dicilo doutro xeito:
Apertura.
Linguaxe verbal: contidos, argumentos e recursos
Linguaxe non verbal: xestualidade, ton e recursos.
Peche.
Se queremos comentar un discuro persuasivo analizaremos logo tanto a estrutura (cada un dos puntos antes citados) que están ligados aos contidos, pero engadiremos logo aspectos da linguaxe non verbal.
O discurso persuasivo ten moi presente a linguaxe non verbal |
Ningún comentario:
Publicar un comentario