CARACTERÍSTICAS DO DISCURSO PERSUASIVO
Ademais das partes e a preparación deste tipo de discursos que xa estudamos, agora iremos afondando noutros detalles esenciais para mellorar a nosa capacidade oratoria.
I- Trazos lingüísticos do discurso persuasivo:
Imos analizar os trazos que nos permitan ir mellorando a elaboración de discursos persuasivos:
a) No nivel morfosintáctico atoparémonos con unha serie de verbos que expresan causas e consecuencias asociados á argumentación: xerar, orixinar, producir... relacionables con outros do tipo resultar, concluír, supoñer, inferir... E tamén se usan os verbos dicendi: afirmar, declarar, asegurar, opinar... Non pode faltar o uso da primeira persoa (plural) con valor apelativo para incluír ao receptor no relato (debemos pensar, ...podemos... , queremos... realicemos...). E frecuente o uso de elementos que inciden no ritmo, figuras retóricas de repetición (por exemplo anáforas ou paralelismos).
b) A sintaxe é elaborada. Botaremos man de subordinadas para expresar a conexión entre ideas (non diriamos isto se non fose posible que tal outra cousa o fose tamén. Afirmamos o primeiro para refutar calquera díbida e porque somos coñecedores de que ....
c) Predominarán enunciados asertivos, é dicir que expresan certeza. Está demostrado que... xa se sabe que...
d) Tamén son un elemento moi común as denominadas interrogacións retóricas tanto para captar ou manter a atención como para suxerir ou asentar unha afirmación. Quen mellor ca ti para responder a isto? e outras figuras retóricas que podemos ir probando a introducilas tanto as de tipo semántico, como as que fan referencia ao ritmo e a forma que xa citamos anteriormente.
- antítese ou presentación de ideas ou supostos contrarios
- apóstrofe: interromper o discurso para apelar ao destinatario.
- hipérbole ou esaxeracion.
- símil ou comparación
d) No léxico como os discuros persuasivos precisan dunha elaboración detallada e meticulosa é habitual atopar tecnicismos ou campos semánticos específicos sobre o tema o asunto que se trata que será máis específico canto máis especializado sexa o teama a tratar.
ACTIVIDADE
Le este texto persuasivo e sinala os trazos lingüísticos que o caracterízan:
" De feito, estamos convencidos de que a tecnoloxía é un amigo fiel. Hai dúas razóns para que sexa así:
En primeiro lugar, a tecnoloxía é un amigo, fai que a vida sexa máis fácil, máis limpa e máis longa... Quen pode pedirlle algo máis a un amigo?_ e, en segundo lugar, a tecnoloxía non supón unha análise minuciosa das súas propias consecuencias. É o tipo de amigo que nos pide confianza e obediencia, esixencias, que a maioría da xente se inclina a conceder porque os seus agasallos son verdadeiramente xenerosos. Pero, por suposto, tamén presenta un lado escuro; os seus agasallos non deixan de ter un prezo moi alto. Abordando os aspectos máis darmáticos, pódese formular a acusación de que o medre sen control da tecnoloxía destrúe as fontes esenciais da nosa humanidade, crea unha cultura sen fundamentación moral e socava algúns dos procesos e das relacións sociais que fan que unha vida humana mereza ser vivida. En definitiva a tecnoloxía é tanto un amigo como un inimigo. "
Ningún comentario:
Publicar un comentario