Pensamento Crítico: Obxectivos da actividade
•
1.
Aprender a debater
•
2.Distinguir
entre feitos, afirmacións e opinións
•
3.
Ser capaz de encontrar evidencias que apoien e demostren feitos e afirmacións
•
4.
Coñecer os principios da Teoría da Argumentación e como se constrúe unha
argumentación.
•
5.
Diferenciar entre demostración, argumentación e descrición, sabendo utilizar en
cada caso a ferramenta oportuna.
•
6.
Identificar ideas e argumentos falaces nun discurso, así como aprender a
desmontalos.
•
7. Adquirir habilidades para a investigación
tales como a análise dunha cuestión desde diferentes perspectivas ou o saber
preguntarse.
Calendario do debate e regras do proxecto
• Luns- Martes: As fichas de traballo:
Investigación e información. Rematamos as
fichas
Debemos ir
elaborando fichas cos temas básicos do debate cantos máis datos teñamos de
cada tema mellor. Todo o mundo debe ter na libreta as cinco fichas completas
nesta semana:
- A dialéctica e a Filosofía.
- A democracia na Atenas do século V a. C.
- As mulleres
en Atenas e na antiga Grecia.
- Que sabemos de Aspasia: Hetera ou mestra de
retórica e filosofía?
- Que sabemos de Pericles? Xefe político,
orador e amante.
• Xoves: Preparamos as argumentacións.
Como a tese xa está enunciada, temos que
procurar elaborar argumentos a favor
desa tese como mínimo cada un dos 5 apartados nos que indagamos.
Acto seguido
debemos enunciar unha antítese e elaborar os argumentos coas que
defendela como mínimo nos 5 apartados nos que estivemos informándonos.
Decantámonos por unha
antítese principal aínda que existan varias antíteses válidas que incluamos
no debate posterior.
COMO ARGUMENTAR?
Argumentación: Defensa razoada dunha idea coa intención de
convencer. Predomina a intención persuasiva sobre a informativa.
Estrutura da argumentación:
- Introdución: Presenta o
tema e formúlase a tese.
- Corpo: Parte central máis
extensa na que se expoñen argumentos que apoian a tese.
- Conclusión: Resumo dos argumentos para confirmar a
posición defendida.(Evidencia)
TIPOS DE ARGUMENTOS:
-De autoridade: baseados na opinión dunha persoa de recoñecido prestixio.
-De analoxía: fundamentado na comparación de dúas situacións semellantes.
-De datos: achegar información científica, histórica ou estatística.
-De exemplificación: usando exemplos concretos que apoian a tese.
-Experiencias persoais: utilizando situacións vividas por un mesmo.
- Análise e eliminación doutras opcións referencia a pros e contras doutras opinións ou ideas.
• Martes:
Realizamos o debate.
RECOMENDACIÓNS
PARA OS GRUPOS DE DEBATE
Preparando a estratexia
de debate:
• 1. Identificar os elementos dunha estratexia de debate, así como
coñecer a súa natureza e función: a base argumental; as liñas argumentais e
a idea forza.
• 2. Ser capaz de deseñar en grupo estratexias de debate que despois
serán postas en práctica a partir desa idea forza argumento central.
• 3. Utilizar as evidencias como ferramenta para demostrar e reforzar
argumentos propios, así como para refutar ideas contrarias.
• 4. Aprender e adquirir a
capacidade de refutar ideas contrarias
• 5. Adquirir a capacidade de elaborar quendas completas para a
exposición nun debate (introdución, refutación e conclusión)
Normas do
debate:
Dividiremos aleatoriamente a aula en grupos para
entrar a debater.
• Poderá tocarnos defender a tése ou pola contra a antítese.
• Usaremos a estrutura dos 5 apartados de investigación como base
inicial do debate e iremos facendo as intervencións gardando as quendas,
tempos e criterios establecidos previamente)
• No caso de aparecer novas argumentacións incorporarémolas no debate
despois de abordar as 5 predeterminadas.
• Grupos de debate: Intervirán todos os que
teñan preparado o debate (que teñan os seus argumentos) e farán dúas
intervencións de aproximadamente 5 minutos: a inicial e a réplica
(tras escoitar a inicial do equipo contrario).
LEMBRADE:
-
Estratexia de debate a partir dos cinco argumentos base.
-
Manter unha idea forza entre
os argumentos.
-
Escóllese a orde de
intervención.
-
Preparar unha réplica para cada punto do grupo contrario procurando en desenmascarar a
“falacia” ou “incoherencia” que agochan os seus argumentos e contrargumentar
con contundencia tentando pechar o debate.
• Xoves:
Redactamos as nosas sínteses.
Temos que redactar por escrito (lembrade en galego) a
nosa propia síntese tras do debate que logo debemos entregar.
Na síntese deberemos facer uso dos nosos argumentos, pero podemos incorporar calquera outra argumentación a favor e encontra que fixeran os nosos compañeiros coa idea de reforzar a nosa propia conclusión.
XA ESTAMOS PREPARADOS/AS?
Cada quen ten que ter todos estes pasos
cubertos na súa libreta e con corrección para opter a cualificación
positiva neste proxecto.
En caso contrario deberá repetilo (total ou parcialmente).
A
tese preestablecida
Como ben sabedes a tese deste Proxecto establecémola
( fíxoo o profesor) antes de comezar a informarnos. Non sempre ten por que estar
preestablecida, pode ser froito dunha investigación previa ao debate.
A idea é enriquecermos o pensamento crítico nesta caso sobre o rol masculino e feminino ao longo da historia.
• A tese é: Houbo un movemento a prol da emancipación feminina na
Atenas democrática do século V a. C.? Cremos que si.
Ningún comentario:
Publicar un comentario