Imos tentar poñer en primeiro plano a vida dos romanos e das romanas partindo do seu día a día, non tanto dende as crónicas de guerras e exércitos que son as que habitualmente inundan as informacións e investigacións científicas tradicionais. Trátase de ver a vida dos romanos e romanas máis comúns non tanto dos nomes que aparecen nos libros de texto con maiúsculas.
Imos ver as cousas cun punto de vista feminino. Así era como vivían as mulleres nunha cidade romana como Cartago Nova:
CUESTIÓNS
1-- Procura redactar o teu resumo persoal co que máis che chamou á atención (non menos de 30 liñas) da vida de Lucio de 17 anos que vive na Suburra en Roma.
2- Agora imos resumir a vida desde ese punto de vista feminino. Explica brevemente as claves da vida dunha muller nunha cidade romana. Lembra que non todo eran mulleres libres, matronas ou libertas, tamén existían moitas escravas.
Para saber máis e sen necesidade de realizar máis cuestións, pero si de remitirme algunha pregunta se tes interese podes ver o seguinte documental:
Ningún comentario:
Publicar un comentario