mércores, 19 de abril de 2017

UNIDADE 4: ATENAS VERSUS ROMA

Tras percorrer a aventura das Olimpíadas na Unidade anterior e dar paso ao Teatro, entraremos de cheo na Grecia Clásica á vez que imos ir contrastando semellanzas e diferenzas con Roma.  Comprenderemos o proceso de evolución cara aos imperios da Antiguidade á vez que fagamos unha viaxe moi especial para sabermos como vivían os gregos e os romanos en detalle. Abordaremos tamén o terceiro dos grandes xéneros literarios, o da Lírica grecolatina e, finalmente, remataremos coas nosas visitas habituais aos campos da semántica e da mitoloxía.

1- O PASO DAS SOCIEDADES DA GENS ÁS SOCIEDADES ESCRAVISTAS

a) A invención da Democracia ateniense.

b) A loita pola equiparación de dereitos entre patricios e plebeos en Roma.


c)  As guerras converten as sociedades da gens en Atenas e Roma en sociedades escravistas.

2-ATENAS VERSUS ROMA
a) Atenas versus Esparta:Ver tema 3 do libro da aula.
b) Do século de Pericles a Alexandre Magno.
c) Atenas versus Roma. Ver temas 4 e 5 do libro de aula.
d) A morte de César, a crise da república.
e) A Roma dos doce Césares.

3- COMO VIVÍAN OS GREGOS/AS:
Como contarías unha viaxe no tempo de catro días á Grecia Clásica? Ímonos propoñer ser reporteiros/as do pasado viaxando e vivindo 4 días moi intensos na sociedade da Grecia do século V a.C. A sociedadde grega era tremendamente machista, especialmente en Atenas, por iso necesariamente unha das xornadas serás unha muller grega (libre ou escrava). Na viaxe que vas facer escollerás como mínimo 4 das seguintes posibilidades:

I- Na polis de Esparta.(Temas 3 e 6 do libro da aula)
II- No exército lacedemonio e/ou na flota ateniense. (Tema 3 e 4 do libro da aula)
III- Nunha casa ateniense. (Ver temas 5, 6 e 10 do libro)
IV- Asistir a unha celebración familiar nacemento, voda, enterro...(Temas 6 e 7 do libro)
V- Asistir a unha reunión da Ecclesía en Atenas.(temas 4 e 5 do libro)
VI- Nunha celebración pública en Atenas: Panateneas, Dionisias...(Temas 8, 10 e 11 do libro)
VII- Pasar unha xornada como escravo/a en Atenas.(Investigación)
VIII- Achegarse a Olimpia nas Olimpíadas. (Tema 9 do libro e na unidade 3 do blog).
EXTRA: A carón dun curioso personaxe: Sócrates e/ou Aspasia.

Para realizar estas reportaxes, semellantes ás dunha revista, podes consultar o libro da aula nos temas que se che indican e investigar pola túa conta na rede ou enciclopedias diversas (as fontes deben consultadas deben aparecer sempre na reportaxe ao igual que debes procurar acompañala das imaxes pertinentes).

4-COMO VIVÍAN OS ROMANOS/AS:
Ao igual que fixeches coa Grecia Clásica imos realizar unha viaxe como reporteiros/as do pasado á Roma Antiga. Catro etapas das cales dúas, como mínimo, serás muller e unha como home, e outra, tamén como mínimo, como escravo/a. As posibles etapas ou reportaxes que podes realizar son:

IX- Unha xornada dun neno/a dende que se ergue ata que se deita, incluíndo o paso polo "ludus" escola. (temas 6 e 7 do libro)
X- Nunha casa romana (Temas 5, 7 e 8)
XI- Nunha cea romana. (Tema 5 e 7)
XII- Asistir a calquera dos "ludi" romanos. (Tema 9 do libro)
XIII- Nun campamento romano.(Tema 4 do libro e investigación)
XIV- Asistir a unha celebración familiar nacemento, voda, enterro...distinta á que asistiches en Grecia.
XV- Na Gallaecia no comezo da romanización ou na máis romanizada.(Investigación)
XVI- Nunha cidade da Hispania romana: Mérida, Tarragona,..(Tema 12 do libro e investigación)

5- A LÍRICA:
Safo de Lesbos
Catulo de Verona
Horacio, os tópicos literarios e Ovidio. Non esquezas coñecer en detalle os principais tópicos e a famosa historia de Píramo e Tisbe incorporando ambos ao diario.
Podes consultar esta entrada tamén no libro da aula páx. 158-159

6- LÉXICO: Incorpora ao teu diario os seguintes exercicios 6.7-8 e 9 das páxinas 97, 111, 125, 141, 153 e os exercicios 4-5-6 e 7 da 169.

7- ROLIÑOS DE PRIMAVERA

PROBA DE AVALIACIÓN:
Lembra que o próximo exame de avaliación terá:
- Preguntas da Unidade 3 sobre as Olimpíadas.( Tema 9 do libro ou blog)
- Preguntas sobre o paso da sociedade da Gens á sociedade escravista (ver blog).
-  Preguntas sobre Atenas versus Esparta e Atenas versus Roma como, por exemplo, as causas da caída do imperio romano.
- Preguntas sobre como vivían os gregos e os romanos (as reportaxes ao pasado realizadas por cada quen).
- Preguntas sobre a Lírica grecolatina e os tópicos literarios (ver blog).
- Preguntas sobre os mitos de Primavera.(ver blog).

Ningún comentario:

Publicar un comentario