martes, 12 de xaneiro de 2016

AS INVASIÓNS INDOEUROPEAS: OS AQUEOS EN MICENAS

Unha das explicacións para a desaparición da civilización cretense ou minoica é a aparición en escena da primeira das invasións na Grecia continental dos Aqueos, un pobo indoeuropeo, que entra no Peloponeso no arredor do 1700 a.C. que aproveitando logo dun tempo de contacto e asimilación de elementos da cultura minoica, aproveitan a debilidade do imperio cretense causada polo maremoto de Thera para facerse co poder da illa de Creta. Comeza así a denominada civilización Micénica.

Segundo o mito Hélen, fillo de Deucalión e Pirra, será o heroe do que deriva o nome de Hélade, o territtorio conquistado polos seus fillos e os seus habitantes, os helenos. Do heroe descenden as tres principais ramas do pobo grego: os xonios, os eolios e os dorios, que veñen sendo as distintas invasións de pobos indoeuropeos que van entrando na Grecia continental entre 1700 a. C ata 1100 a.C. como podedes apreciar nos seguintes mapas:

1ª Invasión indoeuropea: Entrada dos Aqueos c.a.1700 ane.











A derradeira invasión indoeuropea, a dos Dorios (c.a. 1200 ane), provocará
a fuxida dos primeiros pobos indoeuropeos cara á Costa de Asia Menor.









Así nolo explican nestes vídeos da Teleaula :











Como comprobaremos serán os Aqueos, os primeiros en instalarse no Peloponeso os que protagonicen dende a cidade de Micenas unha das guerras de conquista dunha tamén famosa cidade de oriente, a cidade de Troia cara o 1100 a.C, arredor da cal existe toda unha serie de mitos e realidades que iremos descubrindo nas seguintes clases.



2 comentarios: