Cada unidade imos dividila en apartados. Cada persoa debe realizar un traballo por apartado no prazo indicado, enviándoo ao correo electrónico do blog. Este traballo suporá un 40 % da nota.
Haberá tamén unha proba escrita cun valor dun 60% da nota.
UNIDADE O: Aude sapere... Sócrates: O mito da caverna: como podemos interpretalo na actualidade? Un modelo do saber: A Cultura Clásica precisa unha definición (Procura redactar unha propia). Fai un cadro de porcentaxes coas orixes dos nomes da clase. Exercicios do tema 1 do libro páxinas 13,15, 23
Este será o lema do noso departamento no presente curso: AUDE SAPERE. Fíxate de onde saíu e cal é a súa tradución:
"Dimidium facti, qui coepit, habet: aude sapere, incipe..."
"Quen comezou, xa fixo a metade: atrévete a saber, empeza..."
Horacio, Epis. II, 40
Para empezar imos lembrar a Sócrates, un filósofo grego do século V a.C. do que conservamos os seus discursos grazas a discípulos seus, como Platón.
Contan que en certa ocasión afirmou: "Eu só sei que non sei nada" Que cres que querería dicir o gran pensador ateniense?
Imos ver a continuación outra reflexión, esta vez de Platón, acerca do coñecemento das cousas. Trátase dun "mito" filosófico: O mito da caverna: Que cres que pode querernos dicir Platón?
Despois de dous anos de traballo sobre Creta e o mto do Minotauro, sobre Teseo e Ariadna poremos en escena no mes de xuño o día 17 para rematar este curso a obra:
LABIRINTO DE CARENCIAS
metáfora dos medos
O mito do Minotauro é unha
reflexión acerca do medo, pero tamén e, no noso caso así o quixemos
interpretar, sobre as carencias de Ariadna
e Teseo como seres que deben enfrontarse ao medocomo adolescentes nunha sociedade cargada frustracións,un labirinto de encrucilladas, paredes sen portas que abrir ou pechar, sen
ventás ao horizonte, unha sociedade con longos muros de incomprensión.
A Ariadna do mito, era a filla do rei Minos da
illa de Creta, irmá do Home touro que seu pai mantiña oculto no labirinto e ao
que lle ofrecía vítimas dos atenienses como castigo pola morte do seu
primoxénito. Ariadna entón rebélase e namorase de Teseo, o heroe ateniense ,
fillo do rei de Atenas que chega para matar ao monstro.Cunha axuda inesperada, a de Ariadna e o seu
valioso fío, Teseo logrará entrar e saír con vida do labirinto. O mito remata
tras da morte do Minotauro coa fuxida de Creta da parella, peroAriadna finalmente vai ser abandonada nunha
illa por Teseo no medio da viaxe de volta cara a Atenas.
Digamos que estes dous adolescentes atópanse
nun deses momentos da vida transcendentais para ambos. Pero non son só unha
Ariadna e un Teseo só.Son 7 Teseos e
Ariadnas, son infinitos... protagonistas desta relectura do mito do labirinto
onde todos podemos ser Ariadna ou Teseo.
Sempre usamos o mito para ler na
sociedade claves que se cadra doutro modo non as vemos. Esa forma permítenos
ser sensibles ante a crúa realidade coma os cegos. Somos cegos a tantas cousas
diariamente!. Ademais da nosa experiencia con invidentes do Proxecto “ Sentir o
mar”deunos pé a crear unha ARIADNA CEGA
que funciona de narradora atemporal de calquera Ariadna, en calquera sociedade,
en calquera tempo sexa mitolóxico ou ben actual, axudounos a pasar do mito á
realidade e viceversa.
Os Teseos desta obra, que se
levan a peor parte polos valores que defenden, son criticados duramente. Non
son tan heroes, son máis benantes que
vítimas, consecuencia dunha sociedade carente, e precisamente da súa relación é
da que concluímos unha traxedia fragmentaria e compartida, a de un Teseo
egoísta ante unha Ariadna solitaria, outro Teseo traidor e unha Ariadna maltratada; un Teseo acosador e
unha Ariadna acosada; un Teseo insolidario ante unha Ariadna refuxiada; un
Teseo traficante e unha Ariadna adicta; un Teseo político embaucador entre unha
Ariadna Rebelde e mais outra conformista.
Así a pregunta que provocamos, o
conflito ao que chegamosé:Outro mundo é posible ou vivimos no labirinto do medo sen solución?Subliñamos logo unha visión pesimista como consecuencia
do medo que nos atenaza a día de hoxe e é capaz de muros de incomprensión cada
vez máis evidentes a ambos lados do mar.
Nun xogo permanente entre o
pasado e o presente, emerxen imaxes prestadas das atrevidas metáforas das
montaxes da coreógrafa alemana Pina Baush. Incorporamos así símbolosdo pasado como o fío ata outros máis actuais
indicadores, en gran medida, da intensidade das frustracións e das carencias
nas que vivimos. Pasamos do fío que nos levou ante Asterión , o Minotauro, á auga corrente que nos dilúe como seres
débiles semellantes ao sucre ou vítimas dun trebón.
INTERVEÑEN :
ARIADNA CEGA: Iria Fazanes.
ARIADNA CLÁSICA: Lara Loira
MINOTAURO: Aarón Bon.
VÍTIMAS NO LABIRINTO: Antía
Novegil, Camila Vilas.
ARIADNAS: Andrea Calvar, Erika Blanco,
Paula Acuña, Mery Iglesias, Carla Martínez, Emily Cerqueiro,Andrea Iglesias.
TESEOS: Manuel Alvariñas, Nicolás
Area, Nicolás Simes,Rodrigo Agraso,
Antonio Guimeráns, Emilio Iglesias, Isaac Vázquez.
que retrata dende Xulio César a Domiciano o
percorrido da Roma Imperial na época máis significativa do esplendor deste
imperio, pero é unha crónica peculiar porque intenta en clave cuase que
xornalística, ás veces mesmo achegándose ao xornalismos sensacionalista,
plasmar os claros e escuros daquela trepidante sociedade escollendo como
protagonistas aos máis destacados membros dirixentes da clase política romana
daqueles tempos. Viviremos no seu texto intrigas de pazo, movemento de sables,
asasinatos políticos e envelenamentos, odios e amores dimes e diretes dos máis
famosos emperadores romanos. Unha lectura recomendable para quen guste deste
tipo de narracións históricas. Lembremos que o gran novelista Robert Graves
tirou moitísimos datos deste autor.
A CAÍDA DO
IMPERIO ROMANO
Tradicionalmente
o Imperio divídese en dous períodos: o Principado e o Dominado. Princeps,
significa o primeiro ou principal, iso é o que era o emperador, o principal
cidadán de Roma. É o nome que se designa ao goberno de Octavio Augusto e os
emperadores que o sucederon, unha etapa de asentamento das conquistas namentres
o Senado vai perdendo atribucións. Nun primeiro momento a sucesión será
dinástica, é dicir, dentro da mesma familia, pero a partir do 96 d.C. pasará a
ser por adopción.
Tras o Principado
xorde o Dominado. Comeza na época do emperador Diocleciano, e Dominado (que
vén de dominus, é dicir, o emperador considerado o "señor, o dono"
dos seus súbditos) significará a orientalización do Imperio. Os problemas nas
fronteiras comezan a dar serios problemas sobre todo polo empuxe dos pobos
xermánicos e Diocleciano decide dividir en dous o territorio (Oriente e
Occidente) cun emperador en cada parte que a súa vez escollería un axudante
(era a Tetrarquía 284-305 d.C.) O sistema non funcionou moi ben porque volveuse
a unir todo o imperio con Constantino, emperador coñecido tamén por desprazar a
capital de Roma a Constantinopla (cidade de Constantino ubicada na antiga
Bizancio) e por proclamar a liberdade de cultos no 313, unha reforma relixiosa
que puxo punto final da persecución do cristianismo, unha relixión que cada vez
ía tendo maior aceptación entre as clases altas de Roma. Foi o seu sucesor
Teodosio que implantou como oficial o cristianismo. Á morte deste emperador
divídese o imperio definitivamente en dous territorios(Oriente e Occidente).
Causas internas e
externas son as que se esgrimen á hora de explicar porque se foi abaixo o
Imperio que nacera despois das guerras civís ocasionadas á morte de César e que
remataron tras proclamarse Octavio Augusto imperator no ano 27 a. C. O imperio
dende o século III d. C. sufrirá unha serie de crises que irán debilitando a
súa coherencia. As guerras de conquista con Adriano finalizaron e ao complexo
entramado militar de Roma só lle quedaba defender as súas bastas fronteiras,
especialmente as centroeuropeas da presión dos denominados pobos bárbaros e
procurar que non provocasen disturbios os milleiros de escravos, alí onde
estaban concentrados en maior número (os latifundios do sur de Hispania ou de
Italia).
As vías romanas
que se estendían por todo o imperio, así como os campamentos e as lexións
distribuídas estratexicamente non permanecerán sempre iguais. Precisamente por
ser o Imperio un amplo territorio que administrar e vixiar houbo que desprazar
cada vez máis tropas cara o Norte, onde a os problemas cos pobos bárbaros eran
continuos, descoidando os latifundios do Sur onde os escravos facían das súas
ou ben eran liberados porque os amos, xa fose por influencia do cristianismo ou
por evitar problemas, preferían darlles a liberdade e ofrecerlles terras para
cultivar a cambio dunha parte da colleita (un sistema de producción que
preludia a Idade Media. Outros feitos son tamén un anuncio destes novos tempos:
o emperador considérase autoridade relixiosa).
Os Hunos capitaneados
por Atila empézanse a mover cara ao Occidente atraídos pola riqueza de Roma. Pero
serían os godos de Alarico os primeiros en asaltar Roma no ano 410 axudados por
40000 escravos que lle abriron as portas da cidade. A mediados do século V gran
parte do Imperio xa estaba nas mans dos bárbaros, e foi un xefe xermano
Odoacro, quen depuxo ao derradeiro emperador Rómulo Augústulo, un mozo de tan
só trece anos, era o ano 476 d. C.
Ás causas
externas, a presión das tribos bárbaras que se introduciran en algunha ocasión
como aliadas para controlar a outros pobos inimigos e logo pasan a ocupar ou
comprar territorios (como é o caso do pobo xermano dos Suevos que se instalaron
na Gallaecia, unha provincia romana ata que foi vendida polo emperador momento
no que se consolidará o primeiro reino medieval Europeo) temos que engadirlle
pois a manumisión dos escravos por motivos relixiosos, a falta de control sobre
os que aínda o seguían sendo.
Catulo, un poeta do século I a.C. que amaba a Lesbia e compuxo poemas como este do que dispoñemos numerosísimas versións na rede. Aquí deixamos tres:
Lían ambos a Safo. De aí que Catulo chame a súa amante Lesbia, é dicir, amiga da poeta de Lesbos do século VII a.C. pero a relación amorosa volveuse tormentosa e finalmente rachou:
Odi et amo. Quare id faciam, fortasse requiris.
Nescio, sed fieri sentio et excrucior.
Carmina Catuli LXXXV
Odio e amo. Quizás preguntes por que fago isto.
Non o sei, pero sinto que así ocorre e martirízame.
HORACIO: É, sen dúbida, un autor afortunado ao que se lle asocia cos tópicos literarios máis coñecidos como son: o "carpe diem" ou o " beatus ille", temas recorrentes (xa usados polos autores gregos) que se fixeron populares e foron imitados polas literaturas europeas posteriores a partir das súas Odas e Épodos.
Efectivamente, Virxilio, que ademais de A Eneida, tamén foi autor das Xeórxicas, escribira este verso; "Sed fugit interea, fugit irreparabile tempus" ( Georg. III 284) "Foxe entrementres, foxe irreparable o tempo" nacendo así otempus fugit, un dos tópicos máis coñecidos da literatura universal que está intimamente asociado ao carpe diemdo noso Horacio :
"Carpe diem, quam minime credula postero" (Oda I , 11) " Aproveita o día, non confíes no mañá" HORACIO E OVIDIO
Tamén Horacio puxo en criculación outro tópico o beatus illeque aparece nos Épodos:
Beatus ille qui procul negotiis... Felíz aquel que lonxe dos negocios...
evoca este tópico dalgún xeito outro moi frecuente na literatura antiga e moderna o locus amoenus, o lugar ideal que foi esencial na poesía bucólica ou pastoril.
O poeta Horacio deixou dito non omnis moriar: non morrerei por enteiro! nunha das súas Odas:
Exegi monumentum aere perennius
regalique situ pyramidum altius,
quod non imber edax, non aquilo impotens
possit diruere aut innumerabilis
annorum series et fuga temporum.
Non omnis moriar, multaque pars mei
vitabit Libitinam: usque ego postera
crescam laude recens, dum Capitolium
scandet cum tacita virgine pontifex:
Dicar, qua violens obstrepit Aufidus
et qua pauper aquae Daunus agrestium
regnavit populorum, ex humili potens
princeps Aeolium carmen ad Italos
deduxisse modos. Sume superbiam
quaesitam meritis, et mihi Delphica
lauro cinge volens, Melpomene, comam Carm. III 30
Efectivament, non morreu de todo. O uso actual dos tópicos está máis que vivo vexamos un par de exemplos:
OVIDIO: É un autor que xa coñecemos polas súas Metamorfoses, un conxunto de relatos míticos escritos en verso que describen os cambios ou transfiracións sufridas polos deuses, heroes ou heroinas dende as orixes dos tempos até os días que emerxe o imperio romano baixo Octavio Augusto. é un conxunto de historias de carácter épico tan singular que conservou ademais de coñecidos mitos escritos por autores gregos algúns que só a través del chegaron ao snoso días como é o caso do fermosísimo mito de Píramo e Tisbe:
Pero Ovidio tocou todos os xéneros dun xeito moi orixinal, escribiu as Heroidas cartas de amor en verso das mulleres da mitoloxía cuxos amores non foi correspondido: Helena, Penélope, Ariadna... e fíxose famoso grazas a un libro de amor , pero como se fose un tratado didáctico de como seducir á persoa amada ( home e muller) e conservar o seu amor no Ars Amandi (arte de amar) compuxo fermosos poemas de amor en Amores ou Remedia Amoris. Coñezamos algún dos seus textos:
Un certo escándalo provocou na Roma de Augusto estes poemas atrevidos que foron o pretexto, pero non a causa real dun desterro do autor que morrería lonxe de Roma na afastada Tomis (unha cidade da Romania romanizada) onde compxo Tristia onde expresa a soidade e o desespero por non poder volver a Roma, suplicando ao emperador o seu perdón.
Ademais do libro como primeira referencia recomendada no stemas 6 " As etpas da vida" e 7 " A vida cotiá" podedes consultar para desenvolver as actividades os distintos vídeos e enlaces para complementar e ampliar que colgamos a continuación.
Para procurar información na rede podes consultar: