luns, 11 de xuño de 2018

1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO


1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO


21 de xuño 2018

Lema: “CORAZÓN DE FUTURO,VOZ DE MULLER”

Sesión teatral 1ª parte de 11h-12h.  (asisten: 5,6 de Primaria e Secundaria)

-          1º ESO A:  A MULLER FALA
-          2º ESO B:  INÉS DE CASTRO

Sesión teatral 2ª parte  12,30 h.- 13,30 h. (asiste só Secundaria)

-          3º ESO B:  TROIANAS 
-          4º ESO B:  ANTÍGONA 

PREMIOS:
Mellor comedia:
Mellor traxedia:
Mellor actriz:
Mellor actor:

VOTACIÓN:
O público asistente (alumnos/as do San Narciso) 
 votará as obras representadas para escoller os premios anteditos.
As representacións están abertas aos pais e nais do centro ata cubrir o aforo do salón de actos.

ENTREGA DE PREMIOS: 13,30 Salón de actos.

luns, 28 de maio de 2018

PROBAS MODELO: SOBRE O DIARIO DE CULTURA CLÁSICA DE 2018



PROBAS MODELO


1ª Avaliación:

1-      Realiza un debuxo do mapa de Mediterráneo estudado  no que aparezan: península Ibérica, de Italia e Grecia, Turquía e a costa onde está Siria e Israel. Non esquezas o norte de África e algunha das illas máis importantes.
2-      Escribe o alfabeto grego en maiúsculas e minúsculas.
3-      Como definirías a Cultura Clásica? Os nomes da clase que orixe etimolóxica teñen? A que se debe?
4-      Que é un mito? Que tipo de relatos consideramos hoxe mitos? O mito é relixión ou  historia? Razoa a resposta.
5-      Quen son os aedos? Que sabes de Homero? Que relación ten o mito coa literatura?
6-       Explica cal foi o proceso que seguiu a Humanidade para lograr inventar o alfabeto.
7-      Define o indoeuropeo. Cales son as cinco familias lingüísticas máis grandes do mundo?
8-      Sócrates e a escritura: “...Cando chegaron ao das letras, dixo Theuth:-Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios aos exipcios e de máis memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e da sabedoría.
 Pero el respondeu: -Oh artificioso Theuth! A uns  élles dado crear arte, a outros xulgar que dano ou proveito aporta aos que pretenden facer uso dela.  E agora ti, precisamente, pai que es das letras, por apego a elas,  atribúelles poderes contrarios aos que teñen. Porque é obvio o que producirán nas almas de quen as aprendan, ao descoidar a memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán ao recordo desde fóra, a través de signos alleos, non desde dentro, desde eles mesmos e por si mesmos. Non é, pois, un fármaco da memoria o que atopaches, senon un simple recordatorio.  Aparencia de sabedoría é o que ensinas  aos teus alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas, parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos casos...”
- Que postura defendía o famoso filósofo grego acerca do invento das letras?  Cal é a túa opinión sobre a opinión de Sócrates? Argumenta debidamente a túa resposta.
9- A partir das ilustracións explica o sincretismo ou fusión que presenta a mitoloxía grega. 


----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1-XEOGRAFÍA: Coloca no mapa os números:     1.Cnossos, 2-Troia, 3-Micenas, 4-Esparta, 5.PELOPONESO,  6- MAR EXEO, 7-CÍCLADAS 8-Illa de Tera, 9- Atenas e marca con frechas: 10- Invasións aqueas, 11-Invasións dorias  e 12-Fuxida dos Aqueos.
2-HISTORIA:  Que sabes do nacemento, características, evolución e destrución da civilización minoica?
3-Que sabes do nacemento, características, evolución e destrución da civilización micénica?
4-LINGUAS: Que son o lineal A e o lineal B?
5-MITOS:  Narra brevemente: Teseo e o Minotauro. Dédalo e Ícaro.
6- Narra brevemente: O segredo de Prometeo e a voda de Tetis e Peleo.
7-   Como naceron Aquiles, Paris e Helena?.
8-LENDO AOS CLÁSICOS:  Explica o mito dos andróxinos que conta Platón.
9-DE ONTE A HOXE:  Quen era Asterión? Que visión ofrece Borges deste personaxe?  El fala do “Palacio de las hachas” A que mito fai referencia? Quen inventou este mito? Razoa as respostas.



PROBA MODELO 2ª AVALIACIÓN
1-      A xeografía da Ilíada de Homero:  a-EXEO,  b-ÍTACA, c-Cnossos, d-Troia,  e-Micenas f- Esparta, g-Pilos, h-HITITAS
2-       Que é a Épica? Que sabes de Homero
3-      Que descubrimentos fixo H. Schliemann?
Que sabemos polas excavacions, Blegen e as máis recentes dos anos 90?
Que nos transmiten os textos en lineal b e dos hititas?
4-      ILÍADA.Cales  son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia? Como aparecen  na película TROIA?
5-       TEXTOS: A  Ilíada comeza  no _____ ano do _________ de Troia.   Quen son  Criseida e Briseida? Explica cal é o tema central?
 Despois de ler o texto, identifica quen interven, a que momento corresponde:    Posto que Febo Apolo me quita a Criseida, encamiñándome eu mesmo a túa tenda, levareime a Briseida, a de fermosas meixelas, a túa recompensa, para que saibas canto máis poderoso son.....Tal dixo. Perturbouse o Pélida, e dentro do veludo peito o seu corazón discorreu dúas cousas: ou, botando a man á aguda espada que levaba, abrirse paso e matar ao Atrida, ou calmar a súa cólera e reprimir o seu furor. Mentres tales pensamentos revolvía na súa mente e no seu corazón e sacaba a gran espada, veu Atenea do ceo: enviouna Hera, a deusa dos níveos brazos, que amaba cordialmente a entrambos e por eles se preocupaba. Púxose detrás del Pélida e tiroulle da blonda cabeleira, aparecéndose a el tan só; dos demais, ninguén a vía.

6-      Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos. Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?
7-  VERDADEIRO OU FALSO : Homero ou  a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con Paris:
Paris foxe de Menelao  envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Apolo ataca as concavas naves do campamento grego e envíalles unha peste,
Agamenón morre na toma de Troia:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca, muller de Heitor, vai escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estaba dentro do cabalo de Troia.
8-      Sobre a morte de Aquiles,  a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo? Como morre Paris?
9-      O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?
10-   Cal vai ser o motivo do retraso do regreso de Odiseo? Comenta as ilustracións.


3ª Avaliación:

1-      A orixe do teatro na Grecia Arcaica.
2-      Partes do teatro grego.
3-      Plan lector: As Troianas de Eurípides (ver cuestionario do libro de lectura).
4-      Plan Lector: Anfitrión de Plauto (ver cuestionario do libro de lectura).


DIARIO DE 2018-19
1ª Avaliación:

 Da Unidade 0 (Do comezo do curso ata 19 de outubro)
1 Exercicios do libro  páxinas 13-15-23
2- O mapa do mundo clásico 2
3-O mito da caverna 1
4- A orixe dos nomes da clase 2
5-As linguas 4
6-As letras e a súa transmisión 11
7-Creta 4
8-Minotauro 7 
9-A mitoloxía 10
10-Cosmogonía 8
11-Cronos e Rea.  8
12-Titanomaquia 12
(De outubro a decembro)
13-Amores de Zeus (8)
14-Deuses e mortais  (8)
15-Tetis e Peleo (9)
16-Xuízo de Paris  ( 5)
17-A Troia da arqueoloxía (3)
18-Espazos homéricos  (3)
19-Lendo a Ilíada de Homero (18)


2ª Avaliación:
(De xaneiro a marzo)
 20- A ODISEA PERSOAL    12
21-A FUXIDA DE TROIA    10
22-A FUNDACIÓN DE ROMA 7
23-O DÍA DA PAZ e Si vis pacem  6
24-DA GRECIA ESCURA Á GRECIA CLÁSICA 10
25-A Orixe do teatro 8 cuestións.
26-Cultos  gregos: Páxina do Libro 120, 5
27- O teatro Grego: Páxina 161-8, 163 6

3ª Avaliación:
( De marzo ao mes de maio)
28-AS TROIANAS: Guía de lectura cuestionario do libro de lectura.
29- Preguntas sobre a lectura de ANFITRIÓN de Plauto do libro de lectura.
30- Abecedario da visita a Ourense no blog.

domingo, 8 de abril de 2018

FESTIVAL GRECOLATINO OURENSE MMXVIII



















 A visita a Ourense do día 9 de abril abarca distintas facetas que esperamos poder integrar plenamente no proceso didáctico do presente curso. Ademais da asistencia e o traballo previo co Teatro Grecolatino coa traxedia  As Troianas de Eurípides e a comedia Anfitrión de Plauto, realizaremos unha visita á cidade de Ourense na procura da súa orixe, o que nos leva a reparar na arquoeloxía e nas aras aparecidas na zona das Burgas.


Fixemos unha parada na catedral e no seu Póritico do Paraíso:











Concertamos tamén unha visita guiada á unha Exposición:
In tempore Sueborum (podedes consultar o catálogo) para coñecer a Gallaecia despois dos Romanos, a que constitúe o primeiro reino medieval de toda Europa.








Realizaremos un cuestionario básico sobre esta experiencia didáctica no seu conxunto.

ARA
BURGA
CALPURNIA
DIONISOS
EURÍPIDES
FÍBULA
GALLAECIA
HÉRCULES
INVESTIGATIO
LATÍN
MIÑO
NYMPHIS
OURENSE
PLAUTO

REQUIARIO
SUEBORUM
TROIANAS
VISU

Unha versión de Troianas moi recente:


mércores, 21 de marzo de 2018

DE CARA Á TERCEIRA AVALIACIÓN

LECTURA DE ANFITRIÓN de PLAUTO, á volta de Semana Santa
teremos unha proba de lectura.


Saída a Ourense  aprox. 8, 40

Visita ás Burgas de Ourense (orixe da cidade) e a Catedral.

 Asistir á representación da traxedia de Eurípides: As TROIANAS

Visita guiada á exposición: "In tempore Sueborum"



Comida

Asistir á representación da comedia de Plauto: ANFITRIÓN

Regreso a Marín aprox. 18,30


PROBA DE LECTURA

Para preparar a proba de lectura de Anfitrión, é moi recomendable, ademais  ler a introdución  e ter en conta algunha das cuestións que se indican na guía didáctica da páxina 23 do libro. Referímonos a aspectos como a orixinalidade da obra de Plauto e a súa relación con Grecia, o concepto da contaminatio, a diferenza entre Comedia Antigua e Nova, as partes nas que se divide unha comedia e, por suposto, a evolución semántica do nome do escravo Sosias.
Sobre a representación do grupo Noite Bohemia, reparar nos cambios que se introducen na súa versión en comparación coa obra escrita por Plauto.





DRAMATIZACIÓN: Traballos de adaptación e dramatización:

3º ESO A:  Traxedia: ECO/ Comedia: PANDORA, a primeira muller.

3º ESO B:  Traxedia: AS TROIANAS / Comedia: ATALANTA.

4º ESO B: Traxedia: ANTÍGONA / Comedia: A REVOLTA DAS SABINAS

luns, 8 de xaneiro de 2018

DE CARA Á SEGUNDA AVALIACIÓN


DA ÉPICA GREGA (Homero)  Á ÉPICA ROMANA (Virxilio)



Homero co seu lazarillo
A NOSA PARTICULAR ODISEA SEGUINDO A HOMERO

Ver enlace




Sobre a Épica grega e latina ver no libro as páxinas 156- 157.

A FUXIDA DE TROIA: A ENEIDA DE VIRXILIO



A FUNDACIÓN DE ROMA.


 NO DÍA DA PAZ : Actividades Si vis pacem...



DA GRECIA ESCURA Á GRECIA CLÁSICA



AS ORIXES DO TEATRO 

 Sobre a orixe e evolución do teatro grego e romano ver no libro
Temas
  Os cultos e rituais gregos e romanos páxinas: 118-119-120.

O teatro. A traxedia. A comedia. páxinas: 160, 161,162,163.


PLAN LECTOR:
LER A TRAXEDIA DE EURÍPIDES
"AS TROIANAS"
















mércores, 13 de decembro de 2017

LEMBRANDO O QUE APRENDEMOS NO TRIMESTRE

1- Por que é  orixinal a mitoloxía grega? 
2-Diferenza entre Caos e Cosmos? Que significa Cosmogonía?
3-Que é a Teogonía? Quen a escribiu?
4- Como nacen Xea e Urano? Quen son:  Cronos, os Titáns, Ciclopes e Hecatonquiros
5- Que sabes das características, evolución e a destrución da civilización minoica?        
6- O rapto de Europa, Minos, o Minotauro, Dédalo e Ícaro e Teseo.
7-XEOGRAFÍA: Colocar no mapa :  Cnossos, Troia, Micenas, Esparta, PELOPONESO, MAR EXEO,  ILLAS CÍCLADAS,  MAR NEGRO,  MAR MEDITERRÁNEO, Atenas.  Illa de ÍTACA. 
8- Marcamos con frechas nun mapa de Grecia as Invasións indoeuropeas dos aqueos.
9- Os amores de Zeus.
10- O Olimpo: os nomes dos deuses do Olimpo
11-Relatamos o mito das Idades do home. 
12- Prometeo e Epimeteo: os homes e Pandora.
11- Quen son Peleo e Tetis e O xuízo de Paris.
12-      Que descubrimentos fixo H. Schliemann? Que sabemos polas excavacións de Blegen e as máis recentes dos anos 90? Que nos transmiten os textos en lineal b e dos hititas?
13-  Cales  son as razóns históricas e  mitolóxicas da guerra de Troia?
14-LECTURAS:  Que é a Épica? Que sabes de Homero?  Despois de ler o texto, identifica quen interven, a que momento corresponde: Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles; cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos e precipitou ao Hades moitas almas valorosas de heroes, aos que fixo présa de cans e das aves de rapina —cumpríase así a vontade de Zeus —desde que se separaron disputando o Atrida, rei de homes, e o divino Aquiles.. Cal dos deuses promoveu entre eles a contenda para que pelexaran? O fillo de Zeus e de Letó. airado co rei, suscitou no exército maligna peste e os homes perecían pola ultraxe que o Atrida infrinxiu ao sacerdote Crises. Este, desexando redimir a súa filla,  presentouse nas rápidas naves aqueas cun inmenso rescate e as ínfulas do frechador Apolo que pendían de áureo cetro, na man; e a todos os aqueos, e particularmente aos dous Atridas, caudillos de pobos, así lles suplicaba.
15-A Ilíada comeza  no _____ ano  do _________ de Troia.   Quen son  Criseida e Briseida? Explica cal é o tema central deste relato de __________?
16- Homero e o cinema (I):  As películas sobre Troia. 

luns, 4 de decembro de 2017

A ILÍADA DE HOMERO E A PELÍCULA DE TROIA de W. Petersen.

Dado que son moitos os que coñecen a versión máis recente da Ilíada levada á pantalla por W. Petersen no 2004, imos facer un exercicio de contraste das escenas máis importantes da película para ver ata que punto é coincidente co relato homérico.


O COMEZO DA ILÍADA E O LIMIAR DO FILME:

Lembrade que a Ilíada comeza no noveno ano do asedio de Troia por parte dos gregos e ten como tema central a cólera de Aquiles co Atrida Agamenón.


Cal fora o motivo deste desencontro entre ambos líderes gregos?

Para poder respostar teremos que nos familiarizar coa linguaxe épica.  Unha experiencia enriquecedora porque o relato presenta un panorama máis complexo que o guión cinematográfico, claro está. Por exemplo, aos gregos Homero chámaos Dánaos, ou os Atridas son Agamenón e Menelao,  nomes que debemos saber descodificar ao ler o texto da Ilíada.
 
Por que se chama aos gregos Dánaos?
Quen era Atreo?


Mais vaiamos seguindo o guión da película para poder comentar e ampliar o noso coñecemento sobre a Ilíada de Homero. 


Aquiles e Agamenón nunha das escenas da película

A guerra comezara como dixemos nove anos atrás. Esta é unha das primeiras diferenzas entre o filme e o texto de Homero.  Na película hai unha primeira escena introdutoria que se desenvolve  en Tesalia que serve de presentación dos personaxes:  Agamenón, poderoso e ambicioso rei dos aqueos e Aquiles, o heroe invencible dos pés lixeiros.

Logo o filme lévanos a Esparta, á corte do rei Menelao.

 RAPTO DE HELENA
Que facía Paris en Esparta?

Investiga como chegou Helena a casar con Menelao e quen propuxera un xuramento dos principais reis gregos que foran pretendentes da princesa espartana? 























AGAMENÓN- MENELAO
Despois do rapto de Helena, Menelao preséntase en Micenas ante o seu irmán. 
Por que Agamenón estaba obrigado a facer a guerra contra Troia?
Na película esfórzanse en poñer na boca de Agamenón as razóns históricas da guerra, é dicir, o interese de que un enclave estratéxico e rico como Troia estea baixo o poder dos aqueos e non dos hititas.
Reis gregos: Menelao, Agamenón e Néstor, detrás Ulises, Aiax e Tríopas

ENCONTRO CON ULISES en PHTIA. Realmente non foi así. Indaga como foi o intento de convencer a Aquiles  para que se embarcase na guerra contra Troia. Na película é en Phtia e serve para presentar a Patroclo.

IFIXENIA, era filla de Agamenón. No filme non aparece, como outras moitas personaxes femininas das que logo falaremos. Que ten que ver coa guerra de Troia?

MENELAO NON MORRE EN TROIA. Aínda que a película o mata, a Ilíada conta de xeito ben distinto o final do enfrontamento con Paris.
Como acaba na Ilíada o combate entre Menelao e Paris?


PATROCLO
No filme aseguran que era o curmán de Aquiles. Podería selo, ao ser fillo de Menecio, amigo de Peleo. Pero non sabemos quen fora a súa nai. Hai varias posibles. Se fose o fillo de Polidora (filla de Peleo e Antígona) sería  certamente o curmán de Aquiles, pero hai quen pensa que realmente eran ambos amantes. 
Investiga se na Ilíada Aquiles sabía que Patroclo ía loitar contra os troianos coa súa armadura.

AS CONVERSAS COA NAI TETIS son frecuentes na Ilíada. Na película falan antes de partir para Troia (a única vez que vemos a unha deusa na pantalla).  Imos localizar na Ilíada o momento en que a deusa, nai do heroe procura unhas nova armadura para o seu fillo, tras da morte de Patroclo.

A IMPORTANCIA DE APOLO.  Como deus aliado de Troia, axuda ao seu sacerdote Crises levando a peste ao exército grego, intervén na morte de Patroclo e mesmo dirixe unha frecha fatídica contra  Aquiles, etc… Na película o templo de Apolo que está nas praias de Troia sofre un asalto por parte dos mirmidóns de Aquiles. Esta escena ten un curioso parecido coa morte do fillo predilecto de Príamo que debía morrer para que puidese ser vencida Troia.
 Como se chamaba este fillo de Príamo que non sae no filme, que ten que ver co Apolo e como morreu?

AS BATALLAS NA ILÍADA.
Os relatos das batallas de Homero son realmente vivos e descarnados, o cinema actual tamén é moi violento.   A descrición das armas, o enfrontamento entre heroes como Aiax e Héctor, a desputa polas armas, a retirada dos mortos ao rematar a xornada, etc...
Localiza na Ilíada unha descrición dunha batalla para podela comparar coas imaxes do filme.


O COMBATE DE HÉCTOR E AQUILES
A Ilíada remata tras este combate e a escena de Príamo, rei de Troia, na tenda de Aquiles. Pero na Ilíada aparecen unha morea de personaxes femeninas importantes que non están na película.
Quen eran Hécuba e Casandra? 


O CABALO DE TROIA
Quen tivo a brillante idea do cabalo?

Na Ilíada non conta este asunto do cabalo, cales son as fontes máis antigas onde se narra a derrota dos troianos? 


AGAMENÓN MORRE EN TROIA?
Esta claro que na Ilíada non fala do final da guerra como ocorre no filme, pero a través da Odisea de Homero podemos aclarar esta cuestión, Agamenón morreu na guerra de Troia? 


 A MORTE DE AQUILES para saber máis sobre o final da película e a diferenza entre o filme e a Ilíada e outras fontes mitolóxicas podes consultar da épica de Homero ao cinema.